A DEPUTACIÓN ABRIRÁ 6 OFICIÑAS DE ASESORAMENTO EMPRESARIAL E DE COMERCIO VIRTUAL EN PONTEVEDRA, CAMBADOS, LALÍN, PONTEAREAS, VIGO E PORRIÑO QUE BENEFICIARÁN A 64.682 AUTÓNOMOS E PEMES

Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra para esta lexislatura son a xeneración de Emprego e a colaboración para estimular a creación de riqueza, según explicou hoxe o seu presidente, Rafael Louzán.

Según él, tendo en conta que os 64.682 Autónomos e Pemes da provincia (o 91,6% do total de empresas) pasan por dificultades e que a súa mellora competitiva pasa pola Innovación nos procesos produtivos e nos produtos e servizos que prestan, a Deputación de Pontevedra quere potenciar o desenvolvemento económico delas a través das Novas Tecnoloxías; aumentar a súa produtividade e competitividade; e implantar unha Plataforma de Comercio Virtual e  Electrónico para  Pemes e os autónomos da provincia.

Con ese fin, a Deputación abrirá de inmediato 6 Oficiñas de Asesoramento Empresarial 2.0 e dun Centro de Comercio Electrónico e Virtual nas vilas de Pontevedra, Cambados, Lalín, Ponteareas, Vigo e Porriño cunha inversión de 1,5 millóns € procedentes de dous proxectos europeos que desenvolve, DepoTic e DepoDeza.

Cada oficiña terá medios (despacho, aula actividades, ordeadores, sala espera, aseos, etc) e personal técnico e cualificado que atenderá e asesorará nun horario de 50 horas de luns a sábado. Cada oficiña estará en contacto e colaboración con Cámaras de Comercio, asociacións de empresarios, concellos, etc.. E ubicaránse en Pontevedra (na Deputación), Cambados (edificio de ExpoSalnés), no Concello de Lalín, no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, na sede da Deputación en Vigo e no Centro Multiusos de Torneiros en Porriño.

Na Oficiña de Asesoramento Empresarial 2.0 participarán entre 50 e 750 empresas. E ofrecerá asesoría personalizada de Tecnoloxías da Información e do Coñecemento na empresa para aminorar costes, aforrar en comunicacións; mellorar presenza en Internet e Redes Socais; definir os equipos informáticos máis axeitados; captar  subvencións ou mercados; traballar mediante banca on line; emitir factura electrónica; e outros aspectos de interés particular e concreto para cada firma empresarial.

Na mesma oficiña, crearáse unha Plataforma de Comercio Electrónico e un Centro de Comercio Virtual. Nela tomarán parte entre  150 e 250 empresas que ofrecerán entre 500 e 2.500 produtos. O obxectivo desta Plataforma é crear unha Nova Canle de Venta On Line de servizos e produtos como embutidos, cerámica, queixo, conserva, viño, textil, etc. cun apartado específico para Deza.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: