A ORDE DE INCLUSIÓN DE BENESTAR CHEGARÁ A 105 ENTIDADES GRAZAS UN ORZAMENTO DE 3,25 MILLÓNS DE EUROS, UN 13% MÁIS QUE EN 2012

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe coa directiva de Cáritas Santiago, onde lles informou da resolución desta convocatoria
  • A orde reforzouse este ano ao unificar as tres convocatorias que existían anteriormente nunha soa, entre outras modificacións
  • No que se refire á sección de albergues, comedores e centros de acollida, cubriranse todas as solicitudes realizadas polas organizacións que xestionan estas instalacións, tal e como se comprometera desde o departamento que dirixe Mato

Santiago, 16 de setembro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de resolver a súa renovada orde de inclusión, que este ano chegará a un total de 105 entidades de iniciativa social de Galicia. Esta convocatoria ampliou o seu orzamento en 370.000 euros, ata chegar aos 3,25 millóns de euros, o que supón un 13 por cento máis do que se destinaba a este fin en 2012

Así o explicou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, durante unha visita a Cáritas Santiago, onde se reuniu coa súa directiva. Esta orde ten como obxectivo financiar e apoiar o desenvolvemento de programas e servizos por parte das entidades “que traballan coas persoas que máis o necesitan”. A convocatoria deste ano foi distinta da de anos anteriores ao reforzarse e incluír novidades importantes.

 

Unha das modificacións máis salientables foi a unificación das tres ordes que existían anteriormente (de comedores e albergues; de programas de inclusión para entidades; e de programas dirixidos ás persoas inmigrantes) nunha soa, dado que as entidades que optaban a estas tres convocatorias adoitaban ser as mesmas. Grazas a isto, facilítase o proceso de solicitude e permite que as organizacións centren os seus esforzos na atención ás persoas.

 

Ademais, incluíuse como requisito que a contía das axudas estivera directamente vinculada á cantidade de persoas que atende cada entidade. “A máis persoas, maior será a axuda pública”, sinalou Mato.

 

Albergues e comedores

A conselleira fixo fincapé na sección da orde que se destina ao financiamento de albergues, comedores e centros de acollida, e que conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros, incluídos dentro dos máis de 3,25 dos que dispón a convocatoria en total.

 

Con este investimento, resultaron beneficiarias 30 entidades, un 11 por cento máis que o ano pasado. Deste xeito, estanse a cubrir o total de solicitudes que chegaron por parte das organizacións que xestionan este tipo de instalacións, tal e como se comprometera desde este departamento autonómico.

 

“Estas axudas resultan de especial relevancia, xa que están dirixidas á cobertura das necesidades básicas, como o aloxamento ou a manuntención”, explicou Mato, quen precisou que estes centros constitúen en moitos casos “o primeiro nivel de atención e a porta de acceso a outros dos recursos no eido da inclusión”.

 

Xa para rematar, a responsable autonómica insistiu en que o Goberno galego traballa “por e para as persoas e, por riba de todo, para as máis vulnerables e para as que máis están a sufrir a crise”. Por iso, o fomento da inclusión é unha das liñas na que se está a poñer un maior esforzo.

 

Así, ao reforzo desta orde, hai que sumarlle os 35,3 millóns que se van destinar este ano á Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), un 50 por cento máis que o orzamento inicial de 2012. Trátase dun crédito ampliable, co fin de dar resposta a quen o precise. Lembrou tamén que o investimento en axudas de emerxencia social aumentou nun 50 por cento, ao pasar dos 3 aos 4,5 millóns de euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: