As Xuventudes Socialistas conmemoran o Día para a Preservación da Capa de Ozono

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, e a Secretaria de Medio Ambiente, Sofía Vázquez, presentaron a campaña do Día para a Preservación da Capa de Ozono

A campaña consistirá en accións de rúa e repartimento de información sobre a capa de ozono, o seu burato, as substancias que esgotan a capa e o Protocolo de Montreal como exemplo de éxito na cooperación internacional

 

 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) conmemoran o día para a preservación da capa de ozono, un día que pasa normalmente inadvertido entre a cidadanía, pero que dende as Xuventudes queren reivindicar pola importancia da capa de ozono para a nosa supervivencia, xa que é o escudo que nos protexe dos raios daniños do sol.

O Secretario Xeral das XSG indicou que “se realizarán accións de rúa, co obxectivo de concienciar sobre as repercusións das accións humanas e, neste caso concreto, da emisión de gases artificiais á atmosfera, que afectan ao equilibrio do planeta e, neste caso, dada a súa estabilidade actúan na estratosfera eliminado moléculas de ozono, que forman a devandita capa”.

A Secretaria de Medio Ambiente, Sofía Vázquez, lembrou “o papel que xoga a ciencia e as inversións en investigación e desenvolvemento”. “Neste senso, entenden a necesidade dunha ciencia ética, que informa á cidadanía é axuda na toma de decisións políticas”.

Os mozos e mozas socialistas queren destacar a necesidade de chegar a consensos internacionais en moitas materias. Por elo, entenden que “o Protocolo de Montreal é un fito, un exemplo de cooperación internacional, que esperamos que 26 anos despois deste acordo mundial para a preservación da capa de ozono sirva de exemplo e nos lembre que  os acordos e o consenso mundial é posible, tan so é necesario a vontade política para elo”. “Reivindicamos con esta conmemoración a política e os acordos internacionais.” “É posible cambiar o mundo, e a política é a ferramenta para elo.”

Dende as XSG quixeron facer súas as verbas do SX da ONU, na conmemoración do día de Preservación da Capa de Ozono do ano 2012, polo que “instan aos gobernos e a todos as Partes que afronten co mesmo espírito os grandes problemas ambientais e de desenvolvemento do noso tempo. Xuntos podemos lograr que o futuro que queremos se converta en realidade.”

Os mozos e mozas socialistas entenden que o devandito tratado é seguramente o acordo ambiental máis exitoso xamais logrado, que xera ciencia e utiliza fondos para axudar aos países en desenvolvemento a eliminar substancias químicas que danan o ozono, como os clorofluorocarbonos (CFCs) e halones.

Bouza lembrou que “ata o de agora o Protocolo de Montreal diminuíu as sustancias que esgotan o ozono en máis dun 95%, protexendo desa maneira a capa de ozono para as xeracións presentes e futuras”. “As diminucións logradas tamén deron por resultado importantes diminucións dos gases que contribúen ao quentamento mundial, contribuíndo en gran medida desa forma á protección do sistema climático mundial”.

Vázquez concluíu alertando de que “aínda quedan problemas por superar, xa que os gobernos deben manter o seu compromiso de completar o traballo empezado e evitar problemas adicionais”. “Por exemplo, en substitución das sustancias químicas que esgotan o ozono, está  a crecer rapidamente o uso de hidrofluorocarburos, produtos inocuos para a capa de ozono pero que son poderosos gases de efecto invernadoiro”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: