RAFAEL LOUZÁN PRESENTA O PROGRAMA SURF RÍAS BAIXAS PRO A LANZADA E SE MERGULLE NO “BAUTISMO DE MAR” CONVIDANDO A TÓDOLOS ASISTENTES

  • As escolas de Prado, Mission e Tartaruga impartirán cursos de surf gratuítos para a ocasión
  • Están programadas exhibicións e charlas para iniciarse neste deporte para os interesados

A praia de A Lanzada acollerá do 19 ao 22 de setembro o Campionato Junior de surf nas categorías feminina e masculina.  É o primeiro dos froitos da colaboración entre a Deputación Provincial e os clubs de surf da provincia, co obxectivo de situar a Pontevedra como un referente para o turismo de surf, así o destacou o presidente da Deputación Rafael Louzán, que hoxe visitou a praia da Lanzada con motivo do “bautismo de mar”, acompañado da deputada provincial, Begoña Estévez; e o alcalde de O Grove, Miguel Pérez.

Despois da visita das instalacións dispostas para o evento, Rafael Louzán e os demais asistentes recibiron as pertinentes explicacións técnicas a cargo de Marcos Rodríguez, director da organización do Campionato Internacional de Surf, e trasladáronse á Escola de Surf Prado para equiparse con neopreno e táboa para surfear ao compás das olas da Lanzada.

A través dos diversos instrutores, tanto o presidente con Begoña Estévez e Miguel Pérez aprenderon a posicionarse, erguerse e realizar pequenas manobras de principiante neste deporte, e pasaron á posterior toma de contacto na que amosaron que a lección estaba aprendida conseguindo poñerse por si solos enriba da táboa e surfear as olas.

Programa Surf Rías Baixas Pro

Por outra banda presentouse o programa Surf Rías Baixas Pro Lanzada, cunha programación de xoves 19 a domingo 22: o xoves se procederá á exhibición e bautismo Rugby Praia. A partir deste día está organizada unha charla co Shaper de Zorlak Surfboards, unha iniciativa para tódalas tardes antes de que os asistentes realicen os bautismos de surf. A empresa de Sanxenxo Zorlak da man do seu shaper, Walter, dará estas charlas didácticas sobre a construción e funcionamento das táboas de surf que uns minutos  despois empregarán para iniciarse no deporte.

Doutra banda o Mareantes Rugby Clube prepara tamén unhas xornadas de exhibición e práctica de rugby, fomentando o seu coñecemento, ademais de mostras de Rugby Praia para todos os asistentes e posteriormente dar paso a cursos de iniciación.

As actividades, dispoñibles na páxina Web, son gratuítas previa inscrición. Tamén, o Grupo Nove deleitará con pinchos a prezo de  un euro para os que se acheguen ata o Grove que actualmente está a celebrar o 50 aniversario da súa Festa do marisco, e todo apunta a que as condicións climatolóxicas e de oleaxe favorecerán aos deportistas.

Participantes

O evento, que forma parte do Circuíto do Mundo Junior da ASP, (Asociación de Surfistas Profesionales), proclamará ao campión de Europa Junior que asistirá á final mundial que terá lugar en Brasil. Se achegarán as melloras promesas do surf a nivel internacional, con 125 surfistas menores de 21 anos, chegados de todos os puntos da xeografía  para participar nel.  Os resultados do campionato determinará aos catro participantes na categoría masculina e a dúas na categoría feminina que se despracen en novembro ao Campionato de Brasil.

Nesta liña, agárdase a presenza dos mellores surfistas noveles de  todo o mundo, desde España ata Australia, pasando por Gran Bretaña, Portugal, Francia, Illa Reunión, ou Israel. Entre os participantes, na categoría masculina Vasco Ribeiro, Portugal, o surfista de Red Bull de 19 anos subcampión do Mundo no Campionato do Mundo Júnior ISA 2011; Luke Dillon Gran Bretaña, Mihimana Braye, Tahití, Roberto D’Amico, Italia competirán contra os mellores nacionais, Imanol Yeregui, Ethan Eguiguren, campión e subcampión respectivamente do Garnier Junior Series ou Natxo González.

Entre os galegos, Ignacio Guisasola, de Pontevedra, local de A Lanzada, Diego Álvarez Erika Franco e Yolanda Rodríguez Aneiros, de Ferrolterra, entre outros moitos que desafiarán o océano ao máis alto nivel.

Para rematar, o presidente da Deputación aproveitou para convidar a todos os veciños, e turistas que se acheguen a un dos paraxes máis característicos das Rías Baixas como é a Lanzada, e todo o entorno do Grove, onde gozar “cunha paisaxe, gastronomía e sobre todo ocio a través deste deporte que amosa o Espírito de toda a comarca e de toda a provincia, como ben queda patente a través desta actividade a nivel internacional e como ben se fixo coa Volta Ciclista España 2013”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: