aqualia en las “Xornadas Técnicas Enerxías Renovables”

 

descarga  aqualia investiga para alcanzar a autosuficiencia
enerxética nas plantas depuradoras

O aproveitamento de biogás nas E.D.A.R. centrou o relatorio de aqualia nas
Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables

A compañía desenvolve diversos proxectos de investigación neste campo

Vigo, 19 de setembro de 2013

O Departamento de Innovación e Tecnoloxía de aqualia enfoca os seus esforzos en
alcanzar a autosuficiencia enerxética nas plantas depuradoras a través de diferentes
proxectos de investigación que maximizan o aproveitamento enerxético das augas
residuais e nos que a xeración de biogás xoga un papel fundamental.

Baixo o título Aproveitamento de biogás de E.D.A.R.es en co-xeración, José Ramón
Vázquez Padín, investigador de aqualia, desenvolveu o seu relatorio no marco das
Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables que se están celebrando na
cidade de Vigo. Unha iniciativa do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de
Galicia (ICOIIG) en colaboración co Concello de Vigo e a Fundación Axencia
Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI) que contou coa participación de aqualia.

Vázquez Padín explicou o funcionamento dunha fonte de enerxía renovable pouco
coñecida e estendida en España: o biogás. Fonte que apenas representa o 0,3% da
enerxía producida no noso país. “A tecnoloxía necesaria para a explotación deste
recurso é moi accesible, trátase da dixestión anaerobia ou, o que é o mesmo, a
transformación por medio de microorganismos de residuos orgánicos (líquidos ou
sólidos) en metano, unha fonte de enerxía limpa e segura”, asegura Vázquez Padín.

aqualia desenvolve nas plantas de Vigo e Guillarei varios proxectos de I+D
relacionados co postratamento do efluente líquido da dixestión anaerobia (biogás).

aqualia é a sociedade cabeceira para a actividade auga de FCC, un dos primeiros
grupos europeos de servizos cidadáns. aqualia, como terceira empresa de xestión de
auga do mundo, traballa en máis de 1.100 municipios, en 16 países: España, Italia,
Portugal, República Checa, Polonia, Romanía, Montenegro, Bosnia, México, Perú,
Chile, Alxeria, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, China.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: