PREINSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE FORMACIÓN IGAPE-EOI 2013-2014

PREINSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE FORMACIÓN IGAPE-EOI 2013-2014
 
Froito da colaboración entre IGAPE e EOI (Fundación Escola de Organización Industrial) cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, vaise desenvolver nos próximos meses un amplio programa formativo cos obxectivos de:
  • Crear oportunidades de intercambios no ámbito internacional, fomentar a emerxencia de novos empresarios/ás que aposten pola internacionalización dos seus negocios, dar valor internacional aos mesmos, crear valor para a economía de empresa e promover, así, o seu proceso de internacionalización.
  • Estimular a creación de novas empresas no ámbito da internacionalización, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial.
  • Formar a emprendedores/ás en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.

O programa inclúe a celebración dos seguintes tipos de cursos:

  • Xestión internacional da empresa
  • Licitacións internacionais e organismos multilaterais
  • Emprendex (emprende a túa empresa internacional ou auxiliar de internacionalización)
  • Creación de empresas
Todos os cursos, completamente gratuitos para os alumnos, serán impartidos en formato mixto que combina formación presencial, formación on-line e titorias e asesoramento persoal na elaboración dun plan estratéxico.
 
Se está interesado pode preinscribirse a efectos de recibir máis información en www.xornadas.igape.es
 
O prazo de preinscrición remata o próximo 23 de setembro.

 

www.igape.es

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: