Ayuntamiento de Vigo

 


O goberno local licitará a escaleira mecánica de Porta do Sol antes de fin de ano se as catas arqueolóxicas o permiten

O alcalde anunciou a licitación para antes de fin de ano das obras da escaleira mecánica que unirá Porta do Sol con Abeleira Menéndez. Durante unha visita as catas arqueolóxicas que se están a realizar na zona, indicou que nunha semana os técnicos entragarán o informe e, senón aparecen restos, levantarse a cautela arqueolóxica no entorno.

 


O Concello adxudica cinco vivendas en Navia con aluguer de balde para familias desafiuzadas

O alcalde informou da aprobación da listaxe definitiva de admitidos ao concurso público municipal para optar as vivendas do Concello en Navia para familias desafiuzadas. Os cinco candidatos que cumpriron as bases terán dous anos de aluguer de balde, con posibilidade de amplialo por outros seis meses.

 

O Concello adxudica o servizo sanitario asistencial a drogodependentes por 1,3 millóns

Así o anunciou hoxe venres Abel Caballero, quen se referiu a este servizo que se presta no Centro de Drogodependencias (CEDRO) e recordou que o Concello de Vigo ven incrementando anualmente os recursos ao mesmo para paliar os «recortes permanentes» da Xunta de Galicia.

 

O goberno de Vigo adica 588.000 euros a reformar 12 viais nas parroquias

Estes proxectos foron aprobados hoxe venres polo goberno local e inclúen actuacións en Sárdoma, Candeán, Cabral, Sampaio, Valladares, Castrelos, Lavadores, Beade, Saiáns, Oia e San Andrés de Comesaña. O Concello tamén licitou o asfaltado de 13 viais no casco urbano, cun orzamento de 381.000 euros

 


Caballero felicita ás campionas de España e bronce no Campionato de Europa de taekwondo

O alcalde recibiu este venres a Nerea Alamancos, Isabel Simón e Alba Castro, campionas de Galicia e de España, categoría Trio 1 feminino, na modalidade Poomsaes, ademáis de terceiras no Europeo. As deportistas asistirán ao Campionato do Mundo que se celebra en novembro en Indonesia.

 


A Casa das Artes expón as 132 obras presentadas ao XVIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo

No acto de inaguración, presidido na tarde de onte xoves polo alcalde de Vigo, déronse a coñecer os tres gañadores e os catro accésits concedidos. A exposición, aberta ata o 13 de outubro, recolle todas as fotografías presentadas baixo os temas «Estrela», «Negra Sombra», «Baleiro» e «Salto»

 


Programación de outono na Bibliteca Municipal Neira Vilas

A Biblioteca Municipal «Xosé Neira Vilas», sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de outono, para o período outubro-decembro, que inclúe actividades, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as mostras bibliográficas: «SUPERHEROES», do 7 de outubro ao 2 de novembro; «SAMAÍN», do 28 de outubro ao 2 de novembro; «O BO SE BREVE…», do 4 ao 30 de novembro; «DO INCUNABLE AO EBOOK», do 2 ao 30 de decembro; e «NADAL», do 16 de decembro ao 7 de xaneiro.

 


Clausura do Festival Chámalle X no MARCO

O Festival Chámalle X chega á súa décima edición, cunha selección dos artistas galegos que pasaron polo Festival nestes dez años de traxectoria ininterrompida. A xornada de clausura terá lugar o venres 27 ás 20.30 h no salón de actos do MARCO, coa performance titulada ‘EL GUARDIÁN’, de Félix Fernández.

 

Pleno da Corporación

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: