A XUNTA APOSTA POR REFORZAR A COMPETITIVIDADE DOS AEROPORTOS GALEGOS CUNHA CENTRAL DE COMPRAS ÚNICA PARA NEGOCIAR COAS COMPAÑÍAS AÉREAS OS DESTINOS DE XEITO EQUILIBRADO

Traslada a súa dispoñibilidade para destinar o vindeiro ano un orzamento de 4 millóns de euros para a promoción turística en orixe

 O conselleiro de Medio Ambiente asina unha carta na que o Goberno galego propón aos alcaldes de Santiago, Vigo e A Coruña a súa incorporación á unha central de compras

  • Aposta pola unión das distintas sensibilidades nunha única voz que reforce a capacidade negociadora das administracións con intereses no desenvolvemento do sector aéreo
  • O Executivo Galego asume as conclusións do Plan de coordinación para o impulso do tráfico aéreo, redactado por AENA

Santiago, 30 de setembro de 2013.- A Xunta de Galicia considera que para acadar maior, eficiencia e rendibilidade nos orzamentos que todas as institucións dedican á promoción aérea, estes presupostos deben estar xestionados por un único xestor, que cumpra e se axuste ao plan elaborado por AENA e que foi dado a coñecer o 5 de setembro.

Nunha carta enviada hoxe aos alcaldes da Coruña, Vigo e Santiago, asinada polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, a Xunta aposta polo desenvolvemento dun novo modelo organizativo baseado nunha central de compras única e cun único xestor.

O Executivo Galego asume as conclusións do Plan de coordinación para o Impulso do tráfico aéreo, redactado por Aena, que foi presentado tanto á administración autonómica como aos alcaldes o 5 de setembro. E, para poder reforzar a competitividade de Galicia como destino único e evitar a competencia entre as propias terminais, aposta pola unión das distintas sensibilidades nunha única voz que reforce a propia capacidade negociadora das administracións con intereses no desenvolvemento do sector aéreo.

O Goberno galego traslada, así mesmo, a súa dispoñibilidade para asumir, con carácter xeral e con repercusión nas tres terminais, a función de promoción turística en orixe, explicando que ese labor promocional contará o vindeiro ano 2014 cun orzamento de catro millóns de euros. A Xunta de Galicia comprométese a que esa labor de promoción turística estaría plenamente integrada nesta estratexia conxunta e coordinada.

Na carta enviada aos alcaldes, o Executivo galego lembra a súa vontade de impulsar unha xestión aeroportuaria coordinada e eficaz, unha disposición que segue plenamente vixente par apoiar propostas rendibles compatibles entre si.

 

No caso de que esta proposta de coordinación non se formalice, a Xunta se centrará coa máxima intensidade no exercicio das súas competencias directas neste ámbito, que é a promoción turística en orixe.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: