GALICIA PECHOU O MES DE SETEMBRO CUN TOTAL DE 260.733 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que se trata dun dato que “non é positivo” ao rexistrarse un aumento do desemprego, un comportamento habitual nos meses de setembro
  • Con todo, precisou que se trata da mellor evolución de ano a ano desde 2007 e que este é o segundo mes consecutivo no que a evolución interanual é practicamente de cero
  • No que vai de ano, o desemprego acumula un descenso de 18.054 persoas
  • O sector servizos concentra todo o incremento deste mes, xa que no resto de sectores o paro baixa

Santiago, 2 de outubro de 2013.- Galicia pechou o mes de outubro cun total de 260.733 persoas desempregadas. En termos absolutos, esta cifra reflicte un aumento de 3.209 parados máis que no mes anterior, un 1,25 por cento en termos relativos.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que se trata dun dato que “non é positivo” ao rexistrase un aumento do desemprego, un comportamento habitual nos meses de setembro. Con todo, precisou que o incremento deste ano, xunto co de 2012, son os máis baixos desde 2008.

 

A responsable autonómica fixo fincapé no dato interanual, que é o mellor desde 2007. A cifra de incremento do desemprego, desde setembro de 2012 a este ano, é do 0,52 por cento (+1.360 persoas). Trátase do segundo mes consecutivo no que a interanual é practicamente de cero.

 

Ademais, destacou que no que vai de ano o desemprego en Galicia acumula un descenso de 18.054 persoas.

 

No que se refire ao Estado, o paro aumenta nun 0,54 por cento, o que se traduce en 25.572 persoas ata situarse nos 4.724.355 parados.

 

Se se analiza o desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que a subida do paro débese totalmente ao comportamento do sector servizos (+4.946), dado que no resto de sectores baixa. A principal baixada rexístrase na construción (-975); seguida pola agricultura e a pesca (-385); a industria (-327); e o colectivo en sen emprego anterior (-50).

 

Por provincias, o paro incrementouse neste mes en todas elas. Onde máis medrou o desemprego foi en Pontevedra (+1.277), seguida por Coruña (+1.189), Lugo (+569) e, por último, Ourense (+174).

 

No mes de setembro rexistráronse en Galicia un total de 69.101 contratos, 4.428 contratos máis que no mes anterior; deste total, 4.905 foron indefinidos e 64.196 temporais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: