MAÑÁ, PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DE “ÉVAME” DE CARLOS OROZA EN VIGO

 

MAÑÁ, PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DE “ÉVAME”
DE CARLOS OROZA EN VIGO

o O poeta ofrecerá un recital no salón de actos do Marco, nun acto
aberto a todo o público.
Vigo, 4 de outubro de 2013. Mañá sábado 5 de outubro (20:00 horas, salón de actos do
Museo de Arte Contemporánea de Vigo) celebrarase a presentación da nova edición do
libro “Évame” de Carlos Oroza. No devandito acto contaremos coa presenza do poeta
galego, que recitará varios poemas, así coma unha sorpresa musical, na que se amosará
o interese de Carlos Oroza por estar en contacto coa xente máis nova. Entrada
gratuíta ata encher o aforo do recinto.

No acto de presentación participarán o responsable da editorial Elvira, Javier Romero;
o o escritor e fotógrafo Julio Alonso; o grupo musical Jay e o propio Carlos Oroza, que
será o verdadeiro protagonista. O poeta galego recitará varios poemas nunha
oportunidade única para ver en directo a un poeta que aposta pola oralidade e que
sempre destacou polos seus recitais.

O acto finalizará coa actuación do grupo vigués Jay, que realizou a musicalización do
poema “Évame” de Carlos Oroza. Esta inmersión na música ten xa un antecedente, xa
que no ano 1975 o grupo Eclipse realizou unha musicalización do poema máis
internacional de Oroza, Malú.

Este evento será organizado pola Editorial Elvira en colaboración co Museo de Arte
Contemporánea de Vigo e a cafetería Detrás do Marco. Ao remate da presentación, na
cafetería ofrecerase un pequeno catering para os asistentes ao recital.

O libro. Esta edición de “Évame” reúne a obra de Carlos Oroza, nun formato sinxelo e
cómodo para a súa lectura, onde os únicos protagonistas son os versos do gran poeta
galego. Ademais, nesta edición inclúense algúns versos inéditos, polo que se presenta
como a obra máis completa de Oroza.

Nesta oportunidade, a editorial Elvira e o propio Carlos decidiron apostar por un
formato máis alcanzable, co obxectivo de chegar a todo o público. A poesía de Carlos
nace na rúa e quere chegar á rúa, a todos e todas, e de forma moi especial á xente máis
nova, coa que Oroza sinte unha especial conexión.

Esta edición terá unha tirade de 1.000 exemplares, que se venderá ao prezo de 19.50
euros e estará a venda a partir da súa presentación a través da páxina web da editorial
(http://www.editorialelvira.es) e en todas as librerías. Durante a presentación, todas
as persoas interesadas poderán mercar o lo libro no museo ou na cafetería Detrás do
Marco, e coa posibilidade de que o autor asine os exemplares.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: