Premio R. Piñeiro

editorialgalxia Bases do XIII Premio
Ramón Piñeiro de Ensaio que convocan a Secretaría Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas
Natural Fenosa.

Premio Piñeiro 2013_diptico VI 02/10/13 09:26 Página 1
Temos que estar abertos á realidade universal,
mais ocupando un lugar activo no mundo.
Galicia ten que ser algo máis que simple camiño
de tránsito das ideas e correntes alleas.
Ramón Piñeiro XIII
Premio de Ensaio
Ramón Piñeiro  dipticoXIII Premio Piñeiro 2013_diptico VI 02/10/13 09:26 Página 2
A BASES
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a In –
vestigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa, co laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XIII Premiode Ensaio Ramón Piñeiro.

E ste premio nace en memoria do escritor e filósofo Ramón
Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero
de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria
intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creacióne expresión do pensamento
libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do
noso tempo.
1 Poderán participar todas as persoas que o de sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en
lingua galega.
2  A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

3 O tema dos ensaios será libre, mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación
especializada ou un excesivo carácter académico.
4 Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica,
a: Editorial Galaxia, avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicar no sobre XIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
5  O prazo para a recepción de orixinais rematará o 15 de novembro do ano 2013 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. Existe un pensamento desde o momento en que existe unha lingua, unha cultura,  un xeito de vivir e de contemplar o mundo. Ramón Piñeiro
6 . Establécese un único premio de 3.000 euros que será outorgado ao ensaio que, en opinión do  xurado, posúa maior
fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.

7 . Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
8 A contía do premio inclúe os dereitos de autor
da primeira edición do texto gañador. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o 10 por cento de dereitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.

9 A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio”, e na cuberta salientará, ao par da editorial, o logotipo do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, e na contracuberta os logotipos das entidades colaboradoras: a Xunta de Galicia e de Gas Natural Fenosa.
10 . As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
11  A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes. 12 . A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes. En Santiago de Compostela, 2013 Ilustración da cuberta Retrato de Ramón Piñeiro realizado por R. Bastid, no cárcere de Yeserías, en 1947

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: