Presentación 8º Concurso de Tapas Vigovello

 8º Concurso Tapas no Casco Vello!!!
Con 25 locais participantes, suculentas tapas a 1.50€, dende hoxe mesmo ata o 27 de outubro.
Hoxe tivo lugar a súa presentación. Contamos coa presencia de D. Abel Caballero Álvarez, Dna. Carmela Silva e D. Ángel Rivas.

Estas son as bases do Concurso:
 descarga
Os locais participantes ofertarán as tapas durante toda a semana no seu horario habitual do día 4 ao 27 de Outubro de 2013. Cada vez que acudas a un dos establecementos participantes no concurso, solicita que te selen o recadro correspondente ó local. Cando xuntes nun mesmo folleto a metade mais un dos selos de establecementos diferentes, cubre cos teus datos persoais xunto co nome da tapa que desexas votar (de maneira lexible) e deposita o folleto en calquera das urnas que estarán dispoñibles nos locais participantes ata o día do remate do concurso. A elección da mellor tapa levarase a cabo por un xurado popular, a través dos votos que emitirán todas as persoas participantes. Entre todos os votos, sortearase unha noite de aloxamento co almorzo incluído para dúas persoas nunha casa rural, 9 cheques-compra por valor de mais de 300€ para gastar nos establecementos asociados a Vigovello e 14 agasallos diversos. O reconto de votos e o sorteo de agasallos celebrarase publicamente o 30/10/13 ás 12h. e a entrega dos premios o día 31/10/13 ás 12h, ambos no local da Asociación Vigovello, r/ Oliva 14, Bº. Os vales terán validez de 1 mes e recolleranse o día da entrega de premios ou ben, na oficina da asociación, na r/ Oliva 12, 2º.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: