Archive | octubre 7, 2013

A ESCOLA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN ABRE HOXE O CURSO EN VIGO, CON MÁIS DE 700 ALUMNOS MATRICULADOS NAS SÚAS CINCO SECCIÓNS

Conta con alumnos desde os 6 anos ata máis de 70.

•       A deputada Marta iglesias salienta que se trata que dunha aposta da Deputación por manter viva a cultura e a tradición galega.

•       A Final de Bandas de Gaitas reunirá a máis de 30 agrupacións procedentes de diferentes puntos de Galicia, resto de España e Portugal.

 

7 de octubre. A Escola de Gaitas e Percusión da Deputación inaugura esta tarde o curso na súa sección de Vigo, nun acto que se desenvolverá no auditorio do Ifevi.

O director da Escola e presidente da Federación Galega de Gaitas, Hipólito Cabezas, salientou esta mañá que se trata dunha escola que, lonxe de perder alumnos, está a ver incrementado o seu alumnado, acadando xa os máis de 700 matriculados nas cinco seccións que compoñen a escola (Salnés, Morrazo, Deza, Vigo e Pontevedra).

No caso de Vigo, hai 220 matriculados nestes momentos e aínda está aberto o prazo para a inscrición. As clases neste centro son totalmente gratuítas e só é preciso aboar 25 euros en concepto de matrícula.

 

Canteira de gaiteiros

O obxectivo desta escola, tal e como salientou a deputada provincial Marta Iglesias, é contribuír a “manter viva a nosa cultura, a nosa tradición e os nosos costumes”, desde unha “perspectiva aberta, e tratando de que esta tradición vaia máis alá das nosas fronteiras”.

De feito, son moitos os músicos que se forman neste centro e que posteriormente continúan a súa carreira tanto nas bandas que ten a propia escola como, sobre todo, noutras agrupacións locais que levan a música tradicional galega a moitas partes de Galicia e de fóra de Galicia.

Nesta liña, o director da Escola fixo fincapé en que, moi ao contrario do que algunhas agrupacións crían cando botou a andar a Escola de Gaitas da Deputación, lonxe de restarlle músicos a outras bandas, a Escola está a nutrir a numerosas bandas e asociacións folclóricas de toda a provincia.

 

Perfil do alumnado

En canto ao perfil dos alumnos desta escola, é moi variado e vai desde nenos e nenas de 6 anos ata persoas que superan os 70 anos. De feito, e segundo indicou Hipólito Cabezas, hai un elevado porcentaxe de persoas prexubiladas que acoden á escola para adquirir un dominio básico da gaita, o redobrante ou a pandeireta que non tiveron ocasión de aprender na súa xuventude.

En canto ao sexo, a porcentaxe entre mulleres e homes é moi equilibrado, situándose practicamente ao 50% no caso da gaita, pero non así no de pandeireta, onde o 90% son mulleres, malia que nos últimos anos son cada vez máis os homes que se matriculan neste instrumento.

Final da Liga de Bandas

Moitos dos que se formaron nestas escolas de Deputación participarán o vindeiro 27 de outubro, xunto con máis de mil gaiteiros e percusionistas dunhas 30 agrupacións musicais de Galicia, resto de España e Portugal, na Final da XXIII Liga de Gaitas que terá lugar na Avenida Montero Ríos, en Pontevedra.

Este evento estaba previsto para o pasado mes de xullo, pero foi aprazado en solidariedade coas vítimas do accidente de Angrois, entre os que, segundo asegurou Hipólito Cabezas, tamén había persoas vinculadas ás distintas bandas que participan neste certame.

A final dará comezo ás 10,00 horas do domingo e contará coa participación dunha trintena de agrupacións, entre as que se atopan as agrupacións da sección do Deza (4º grado) e de Lalín (3º grado) da Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra.

O certame comezará coa actuación das bandas que compiten no 4º grado, e irá cobrando maior espectacularidade ao longo da tarde, a medida que lle vaia sendo a quenda de participación das agrupacións cunha maior traxectoria e, en consecuencia, maior calidade tanto musical como de interpretación e estética, culminando coa actuación das que compiten no 1º grado, que son as de maior traxectoria e espectacularidade.

As bandas farán a  súa actuación ao aire libre, desfilando e formando círculos, ao tempo que interpretan as pezas que seleccionasen para esta ocasión.

Os xuíces terán que puntuar a cada banda en función de 5 apartados: Gaita, Percusión, Estética, Afinación e Conxunto.

NCG Banco evita o desafiuzamento de 9.000 familias, flexibilizando hipotecas

A entidade renegociou préstamos por importe de 1.200 millóns en 20 meses

  • ·         Un total de 324 clientes acordaron e asinaron dacións en pago
  • ·         O banco adhírese ao Sistema de Intermediación Hipotecaria da Xunta

07.10.2013 NCG Banco renegociou nos últimos vinte meses as condicións das hipotecas de 9.000 familias en dificultades económicas para axustalas á súa capacidade actual de pago, evitando este tipo de execucións hipotecarias e desafiuzamentos en primeiras vivendas. O banco con sé en Galicia acordou coas familias en dificultades económicas unhas novas condicións máis flexibles que lles permiten facer fronte aos seus compromisos de pago evitando o risco de desafiuzamento. A entidade adheriuse hoxe ao Protocolo de Colaboración para o Establecemento dun Sistema de Intermediación en Materia Hipotecaria da Xunta de Galicia.

El Banco de Alimentos de Vigo organiza una campaña especial para el Festival Solidario del 11 de octubre

bancoalimentos (2)

Vigo, 07/10/13.- El Banco de Alimento de Vigo organiza una campaña especial de venta de entradas para el Festival Solidario, organizado por Conecta Events, que se celebrará el 11 de octubre en IFEVI. El evento contará con las actuaciones de los grupos Herdeiros da Crus, Efecto Pasillo, Funambulista y Moon Cresta.

 

O colectivo ‘Pallasos en Rebeldía’ regresa ao FiSahara liderado por Iván Prado

  • Unha delegación do colectivo encabezada por Iván Prado desprázase mañá ao deserto para participar no FiSahara
  • Realizarán pasa-areas, actuacións e presentarán o Concierto das Dunas
  • O Sáhara, xunto con Palestina e México é na actualidade un dos principais puntos de intervención de Pallasos en Rebeldía

O clown galego Iván Prado encabeza unha delegación de Pallasos en Rebeldía que parte mañá ao continente africano para participar na décima edición do Festival Internacional de Cine do Sáhara (FiSahara) que se desenvolverá do 8 ao 13 de outubro. É a segunda vez que o colectivo colabora con este encontro, onde xa interveu o pasado ano cunha gran acollida.
Nesta ocasión, ademais de Prado, tamén viaxan os artistas David Cebrián, Abraham Pavón, Rossina Castelli, Ernest Vila e Pinanxara. Os delegados de Pallasos en Rebeldía realizarán pasa-areas (pasarrúas polo deserto), actuacións e presentarán o Concerto das Dunas previsto na programación do FiSahara e que este ano está dedicada ás mulleres saharauis.
O Sáhara, xunto a Palestina e México, constitúe un dos principais puntos de intervención de Pallasos en Rebeldía, onde desenvolven unha intensa actividade creando espazos de solidariedade internacional e fraternidade entre os pobos a través da risa e a arte.
En 2011, Prado dirixiu o Festiclown Palestina, un dos maiores logros ata a data de Pallasos en Rebeldía. Durante a primeira quincena de setembro, as cidades de Jerusalén, Ramala e Nablús acolleron o primeiro Festival Internacional do mundo árabe, un evento no que se deron cita unha veintena de compañías internacionais e locais. As cifras dan conta do éxito do Festiclown Palestina: seis galas, un centenar de actuacións e uns quince mil espectadores.
Mentres continúan coas actividades encamiñadas a recaudar fondos para a celebración do próximo Festiclown Palestina, a organización que dirixe Iván Prado prosegue con caravanas solidarias en México, onde acoden regularmente desde 2002, e Sáhara, onde desembarcaron por primeira vez o pasado ano durante o FiSahara 2012. A intensidade da experiencia en terras saharauis materializouse nun compromiso estable de Pallasos en Rebeldía co país. Boa proba diso é esta nova viaxe foi posible grazas á recaudación obtida nas galas do Festiclown 2.0 Multisede.

Proxectos inmediatos

Á volta do Sáhara, Iván Prado retomará as actividades vinculadas ao proxecto máis inmediato de Pallasos en Rebeldía e que é o Foro Internacional de Circo Social que se celebrará do 24 ao 27 de outubro en Rivas Vaciamadrid. Durante catro días, Rivas será o lugar de encontro de artistas e escolas de circo social de países como Palestina, Colombia, Bolivia, Brasil ou de enclaves máis próximos como Nou Barris ou Madrid. Haberá mesas redondas, relatorios e talleres con entrada libre e gratuita, así como galas de circo solidario que servirán para soster as caravanas de Pallasos en Rebeldía.

 

Traballo Benestar da Xunta de Galicia

BENESTAR ORGANIZA O CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE EN RIBEIRA OS PRÓXIMOS 25 E 26 DE OUTUBRO

  • A temática incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorezan as posibilidades de empregabilidade
  • Busca ser un lugar de encontro no que os mozos e mozas sexan os verdadeiros protagonistas
  • O prazo de inscrición xa está aberto e prolongarase ata o 18 de outubro
  • Está aberto a membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas que participaron nalgún programa de Xuventude; emprendedores, concelleiros e técnicos; animadores socioculturais; educadores; mediadores xuvenís; e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas nesta materia.
  • O IES PRAIA BARRAÑA DE BOIRO GAÑA O CONCURSO EUROSCOLA QUE PERMITIRÁ AOS MOZOS CONVERTERSE EN EURODIPUTADOS POR UN DÍA
    • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na entrega dos diplomas aos gañadores do certame co que colabora a área autonómica
    • O concurso consiste nun xogo ‘on line’ de habilidades, destrezas e coñecementos vinculado a temas europeos, sendo o elixido nesta edición o Ano Europeo dos Cidadáns 2013
    • Os obxectivos principais desta iniciativa son fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramentas educativas e acercar a Unión Europea á mocidade.
    • A XUNTA ASINA UN PROTOCOLO CON 7 ENTIDADES FINANCEIRAS PARA A PREVENCIÓN DE DESAFIUZAMENTOS NO MARCO DO PROGRAMA RECONDUCE

          

      • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a de Facenda, Elena Muñoz, asinaron hoxe este acordo
      • O obxectivo do Reconduce é evitar que se produzan procesos de execución hipotecaria, a través principalmente do asesoramento xurídico e económico-financeiro
      • Traballarase coas familias e as entidades financeiras na procura de acordos de reestruturación da débeda, e manterase un proceso de comunicación e seguimento continuo destes casos

Empresários brasileiros participam da Expoalimentaria em Lima

Escritório Pantigoso & Advogados, especializado em assessorar empresas brasileiras em Lima, estará apoiando um grupo de empresários brasileiros que buscam novas oportunidades e investimentos.

capa33

A edição 2013 da feira internacional de alimentos, bebidas, máquinas, equipamentos, insumos, embalagens, serviços, restaurantes e gastronomia, Expoalimentaria, ocorre nos dias 15, 16 e 17 de outubro, no Centro de Exposições Jockey, em Lima (Peru).

 

O evento organizado pela Associação de Exportadores (Adex) acontece das 9h às 20h, esse horário será destinado aos expositores; das 10h às 19h será aberto aos visitantes.

 

A Expoalimentaria tem como objetivo reunir exportadores e compradores de cinco continentes. A cada edição, cresce o número de produtores, fabricantes de alimentos, equipamentos para a indústria alimentar, importadores, exportadores e prestadores de serviços.

 

O escritório Pantigoso & Advogados, especializado em assessorar empresas brasileiras em Lima (Peru), estará apoiando um grupo de empresários da cidade de Rondônia (Brasil), com o agendamento de visitas técnicas a indústrias de alimentos e embalagens. No dia 14 de outubro, o sócio fundador do escritório Pantigoso Abogados, Francisco Pantigoso, estará ministrando aos empresários brasileiros uma palestra sobre economia, tributação e incentivos fiscais no Peru.

 

“A cada ano cresce a participação de empresários brasileiros em feiras promovidas no Peru, isso ocorre por vários motivos, entre eles estão: as novas oportunidades de negócios com a abertura da Interoceânica Sul, a vigência do ACE 58 e a celebração da Aliança Estratégica Brasil/Peru, que este ano comemora uma década com um grande volume de negócios”, destaca o advogado tributarista internacional Francisco Pantigoso.

 

O grupo reune também empresários da cidade do Amazonas (Manaus), com interesse em importar produtos e máquinários. Participam também cinco representantes de instituições  que integram a Rede Brasileira de Centros Internacionais de Negócios.

 

Em 2012, 600 empresas de 20 países e outros 2 mil compradores fecharam U$ 500 milhões em negócios. Atualmente, o Perú possui mais de 20 acordos com as principais economias do mundo, o que lhe confere o posto de fornecedor estratégico mundial. Mais informações acesse: www.expoalimentariaperu.com.

 

Miguel Poveda visita Galicia co seu espectáculo Íntimo

O Palacio da Ópera da Coruña e o Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerán nas súas cidades, os días 25 e 26 respectivamente, o espectáculo de Miguel Poveda Íntimo, unha viaxe a través do flamenco, a poesía e a copla. As actuacións, que terán lugar en ambos casos ás 21.00 h, comercializan as súas entradas a través de Servinova, o servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, que pon a disposición do espectador a súa web, www.servinova.com , e a súa billeteira telefónica no 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h. Ademais as entradas poden ser adquiridas no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña, Cantón Grande s/n, no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, rúa do Vilar, 19, no Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Ourense, Praza Maior, 4, e na Central de Espectáculos Fundación Novacaixagalicia de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 26.

 

Nena Daconte en la Sala Capitol de Santiago de Compostela el jueves 24 de octubre

Nena Daconte en la Sala Capitol de Santiago de Compostela el jueves 24 de octubre

noname

Premio Ondas 2006 como artista revelación, Premio Principales como Grupo Revelación 2006, Premio de la música 2007 como autora revelación, Premio de la música 2007 mejor canción por “En qué estrella estará”, Premio los números 1 de cadena 100 por “En qué estrella estará”, Premio de la música 2009 por mejor Videoclip de la canción “Tenía tanto que darte” y numerosas nominaciones han llevado a Nena Daconte a ser un referente destacado en el ámbito nacional. Un referente que se mueve con clase y sutileza entre lo comercial y lo alternativo.

Solo muerdo por ti” es el cuarto álbum de Nena Daconte, segundo desde que la madrileña Mai Meneses continuara con el proyecto en solitario. La experiencia de más de 400 conciertos por toda España, con paradas en BerlínParísLondres y Buenos Aires, han llevado a Nena Daconte a desarrollar a lo largo de estos años un sonido de banda con sutiles apuntes electrónicos. Directo versátil, apto tanto para teatros como para espacios abiertos. Muy energético musicalmente e intimista en cuanto a la calidez y calidad de las letras y en cuanto a la voz de Mai, siempre dulce, pero con un grado de madurez en este cuarto álbum, que la aleja de los parámetros más naif. Como ocurriera ya desde el primer disco, Mai es autora de la música y la letra de los temas que conforman este álbum.

Compuesto a piano y guitarra casi al cincuenta por ciento, es un disco más maduro, más claro y más directo.

El álbum se abre con los primeros compases de “Linda tristeza”, en los que nos transportan directamente a esta nueva atmósfera de Nena Daconte, en la que la melancolía, la soledad, el paso del tiempo y el desamor se perfilan como temas principales, pero abordados con una energía arrolladora. Destaca, no obstante, el tema “Causas perdidas” de corte social y “Disparé”, la canción que en clave Quentin Tarantino habla metafóricamente de la huida y que por su sabor ácido, nos recuerda aquél “Engáñame a mí también” del primer disco, o “El aleph” del segundo. En cuanto al sonido “Solo muerdo por ti”, es una vuelta a los orígenes de Nena Daconte, pero revisados y evolucionados, añadiéndoles una nota de modernidad. El sonido se “agranda” y se “oscurece”. Músicos profesionales conviven con músicos callejeros para esta producción que de forma tan artesanal han dirigido los experimentados productores Manuel Colmenero y Javibu Carretero.

Por su estudio, “Sonobox”, en pleno centro madrileño, han pasado vetusta morla y Eladio y los seres queridos entre otros. Baterías de gran colorido, por momentos tribalistas, a lo White Stripes; arpas, que nos recuerdan a Lana del Rey en varios temas, entre los que destaca la colaboración con las cuatro arpistas gallegas “Lulavai” en la maravillosa nana “Sólo muerdo por ti”, que además da título al álbum; mariachis, los de la Puerta del Sol, en un medio tiempo, “Causas perdidas”, que musicalmente bien podría haber servido de base a las quejas de un viejo Johnny Cash; glass armonic o copas de agua; sutiles metales y juegos electrónicos y unas guitarras poderosas que nos devuelven a una Nena Daconte que bebe de Tom Petty, Elvis Costello o Wilco y que nos acompañan por un viaje emocional y emocionante de ricos paisajes sonoros, de eléctricas canciones y grandes baladas. En exclusiva para online dos delicados regalos: “Estar contigo es” y “Hey, tú”.

Después de haber sido madre, Mai compone canciones más positivas y directas, donde se aprecia una evolución mental y emocional hacia caminos más interesantes y donde la voz parece haber tomado un lugar nuevo en su discurso. En este 2013, de nuevo vuelve a sonar Nena Daconte

Apertura de puertas: 21.30 h. – Inicio conciertos: 22.00 h.
Precio anticipada: 12 € + gastos de distribución – Precio taquilla: 15 €
Entradas ya a la venta en A Reixa Tenda y SalaCapitol.com

PP de Vigo

O GRUPO POPULAR CONDENA O ATAQUE CONTRA A CASA CONSISTORIAL DE BEADE E AMOSA A SOLIDARIEDADE COS VECIÑOS DESTA LOCALIDADE

 O portavoz Pedro Puy lamentou que se trata dun “atentado máis contra unha sede democrática, logo de que no pasado xa vimos accións semellantes contra sedes de partidos políticos”

Santiago, 7 de outubro de 2013.- O Grupo Popular, a través do seu portavoz, Pedro Puy, condenou o ataque perpetrado esta madrugada contra a Casa Consistorial de Beade e amosou a solidariedade con todos os veciños desta localidade ourensá.

Pedro Puy congratulouse de que “afortunadamente o ataque non produciu ningún dano persoal, pero si importantes danos materiais”. Neste sentido, lamentou que se trata dun “atentado máis contra unha sede democrática, logo de que no pasado xa vimos accións semellantes contra sedes de partidos políticos e agora contra a institución que representa aos veciños de Beade”.

CALQUERA FORMA DE VIOLENCIA É CONDENABLE

“Queremos manifestarlle a nosa solidariedade a todos os veciños de Beade e, por suposto, condenamos este tipo de accións que utilizan a violencia para atentar contra institucións que representan ao conxunto da cidadanía”, anotou.

O portavoz popular afirmou que “nun sistema democrático calquera forma de violencia é condenable per se”. “Non ten cabida nun sistema democrático ningunha forma de violencia, e máxime contra institucións democráticas que representan ao conxunto da cidadanía”, apuntou.

 

Figueroa: “El Partido Popular le ha entregado al alcalde el estudio de futuro para Peinador con un espíritu constructivo, espero que ahora no se dedique a enredar”

 

·        “El documento, además de las propuestas de rutas para negocios y turismo en las que coincidimos, contiene otras quince medidas para potenciar la terminal viguesa en las que sí tiene competencias el Concello”, explica el portavoz del Grupo Popular.

·        “El PP mantiene que  las subvenciones a las aerolíneas no son la mejor alternativa, aunque si hay alguna propuesta concreta sobre la mesa, la estudiaremos. Hasta ahora no se ha planteado nada cerrado”, remarca José Manuel Figueroa.

·        “El alcalde exigía que la Xunta no subvencionase vuelos y ahora que el Gobierno gallego ha dicho que no dará más ayudas, el regidor habla de retroactividad; creo que se equivoca de nuevo”, argumenta el portavoz del PP.

·        Figueroa recalca que “Peinador tiene el mayor potencial de Galicia en cuanto a población y posibles usuarios, y además hay que aprovechar el tirón del destino turístico de las Rías Baixas”.

 

Concello do Porriño

PORRIÑO  COLABORA CON LA ASOCIACIÓN
DE JUGADORES DE AZAR REHABILITADOS

descarga  AGAJA organizará charlas e informará en la localidad sobre los problemas del juego, compras e internet.

O Porriño, 07 de octubre de 2013.- El concello de Porriño colaborará con la Asociación Gallega de Jugadores de Azar Rehabilitados (Agaja) para que lleven a cabo en la localidad distintas iniciativas para informar sobre los problemas derivados del juego, las compras e internet.