 ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA CUN TOTAL DE 80.000 EUROS O LABOR DE CATRO FEDERACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DE VIGO E ÁREA

  • Fecovi, Mercacevi e as asociacións de empresarios e comerciantes do Val Miñor e industriais do Morrazo reciben axudas co obxectivo de desenvolver actuacións de dinamización e de incentivación da  demanda comercial.
  • Os apoios supoñen un 70% do investimento a realizar nas diferentes iniciativas.
  • Este ano se levan destinado preto de 3,5 millóns de euros ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia de apoio ao sector.

 

Vigo, 8 de outubro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria vén de conceder axudas por preto de 80.000 euros a un total de 4 federacións de comerciantes e asociacións de ámbito superior ao municipal da cidade de Vigo e a súa área territorial para a posta en marcha dun total de 20 actuacións de dinamización da demanda comercial e iniciativas encamiñadas á promoción das vendas.

 

Concretamente, outorgáronselle subvencións á Federación de Comercio de Vigo (Fecovi) por un total de case 14.000 euros; á Federación de Mercados Centrais da Comarca de Vigo (Mercacevi), cunha subvención de 20.000 euros mentres que, no caso da área territorial, concedeuse á Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor un total de 4.700 euros e para a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo déronlle 42.000 euros co obxectivo de levar a cabo accións de dinamización e incentivación da demanda comercial. A través destas axudas concédense apoios que supoñen un 70% do investimento a realizar.

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a resolución deste programa en rolda de prensa, onde remarcou o importante labor que desenvolven as asociacións de comerciantes no fortalecemento do sector. Neste sentido, salientou que con este programa que vén de resolverse a Consellería de Economía e Industria suma preto de 3,5 millóns de euros destinados no que levamos de ano ao impulso do asociacionismo comercial como un dos eixos da estratexia integral de apoio ao comercio de proximidade.

 

A maiores das federacións de Vigo e a súa área, tamén recibiron axudas catro entidades de ámbito autonómico: a Federación Galega de Comercio, a Federación de Prazas de Abastos de Galicia, a Federación de Libreiros de Galicia e a Federación de Autónomos de Galicia, que recibirán en total preto de 290.000 euros.

 

Ademais destas axudas para federacións e asociacións supramunicipais, no eido do asociacionismo comercial a Consellería de Economía e Industria tamén destinou preto de 2.000.000 de euros ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos, das cales se están a beneficiar 48 CCAs e 23 asociacións de mercados galegos. Tamén está en marcha un acordo de colaboración coa Federación Galega de Comercio co que se promoven diferentes actuacións para o impulso ás vendas e o emprendemento no sector.

 

Xunto co asociacionismo comercial, o fomento da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación ou o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais son outros dos piares da estratexia de apoio ao comercio de proximidade da Xunta de Galicia, dentro da cal se levan activado ao longo deste ano programas de axudas por un total de máis de 8,5 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: