Comunicado CIG

Diante da información emitida pola dirección do Grupo Copo (Ceteg, Copo Ibérica, Componentes e Copo Galicia) e publicada polos medios de comunicación, os delegados/as de persoal da CIG no grupo manifestamos:

-A nosa sorpresa e estupor polo calado que dita noticia ten no futuro das empresas do grupo.

-A nosa indignación por ter coñecido esta importante información pola prensa.

-Criticamos o incrible cinismo da dirección do grupo, que non dubida en aplicar as medidas máis duras para os empregados/as e nin sequera é capaz de agradecer o seu esforzo e sacrificio.

-Lembramos que o cadro de persoal acaba de sufrir despidos, rebaixas salariais, ERE, ademais da merma das súas condicións de traballo coa ilusión e a esperanza de que detrás destes sacrificios e no horizonte do 2014 se normalice a situación laboral.

-Parécenos unha estupenda noticia que as fábricas do Grupo Copo en Zaragoza e Portugal teñan traballo garantido para sete e dez anos.

-Esiximos que se clarifique o futuro das plantas de Mos-Porriño.

Diante disto, solicitamos unha reunión urxente coa dirección de Copo para que se nos dean as explicacións debidas e se aclare en que consiste e que supón para os traballadores/as ese plan estratéxico para as empresas do grupo en Mos que segundo as informacións recollidas polos medios se puxo en marcha a comezos de ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: