Pladesemapesga ante o fracasado acordo para Galicia de Mauritania, pide se activen axudas e menos lamentos oficiais

Rosa Quintana como única resposta ao acordo de Mauritania para a flota pesqueira de Galicia e a súa fracasada xestión en favor da flota galega ante a UE para Mauritania, ofrece LAMENTOS.

 

A partir de hoxe a flota galega que faenaba en Mauritania terá que apañarse cos lamentos de Rosa Quintana, como única solución a nefasta xestión na súa defensa dende o Goberno galego é o de Arias Cañete.

 

Asi, ante o fracasado acordo en favor de Galicia, a Consellería de Medio Rural e do Mar, ofrece un comunicado de prensa “lamentándose”, e afirma que dende que se tivo coñecemento dos termos deste acordo, a Consellería que representa sempre traballou na procura de que non fose ratificado.

 

Mentres o goberno socialista de Andalucía aplaude a ratificación do acordo UE-Mauritania que garante a actividade da flota marisquera andaluza ante as mesmas narices de Cañete e Rosa Quintana.

 

Doce embarcacións da Asociación Nacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Marisco solicitaron xa a súa licenza para volver a pescar en augas mauritanas a partir do 1 de novembro.

 

A conselleira de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural, Elena Víboras, celebrou a ratificación por parte do Parlamento Europeo do acordo de pesca entre a Unión Europea (UE) e Mauritania, xa que “garante a actividade da flota marisquera andaluza nunhas condicións rendibles”.

 

Para a conselleira, trátase dunha “moi boa noticia”, que permitirá aos barcos andaluces retomar a súa actividade nese caladero a partir do 1 de novembro. Ata o momento, da veintena de embarcacións da Asociación Nacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Marisco (Anamar) aos que afecta este protocolo, doce xa solicitaron licenza para volver a faenar alí.

 

Para Elena Víboras, é un “tratado do que nos beneficiamos todos, estratéxico non só para o presente e futuro da flota marisquera andaluza e as familias que viven desa actividade, senón tamén para todas as empresas auxiliares”, que dependen dela. “Grazas á súa aprobación, tras máis dun ano cos seus barcos amarrados a porto, os nosos pescadores poderán volver a faenar, que é o que realmente queren, tendo en conta que é unha flota que se está vendo prexudicada tamén pola imposibilidad de faenar en augas de Guinea Bissau”.

 

Areiterada falla de capacidade da actual consellería para xestionar adecuadamente a defensa dos nosos barcos nos caladoiros en terceiros paises logra deixar fora de Mauritania a flota galega.

 

Como única defensa que facer ver que o anterior goberno socialista e o culpable da súa mala xestión, a estas alturas e tras 5 anos de goberno non é de recibo esta resposta, de feito a flota andaluza xestionada por un goberno socialista logra verdadeiros beneficios e barcos no caladoiro de referencia.

 

Eso sí, esta fracasada xestión de Rosa Quintana sirviu para darse unhas volteretas pola xeografía nacional e europea para afirmar que xunta a Conselleira o secretario general de Pesca, Carlos Domínguez, reuníronse cos representantes do sector de todas as modalidades pesqueiras e das comunidades autónomas, para fixar uns obxectivos comúns e beneficiar así a toda a frota española.

 

Por todo elo, a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia insta a Conselleira de Medio Rural e do Mar, a publicar de forma urgente unha partida de axudas destinbadas a aminorar a total paralización da nosa flota deste caladoiro, mentres non se logran outros acordos que poidan dar saida a nefasta xestión ante a UE da Xunta de Galicia gobernada polo PP.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: