Archive | octubre 9, 2013

Concello de Vigo

 


O goberno local compensará a subida do recibo da auga que prevé aplicar a Xunta

A edil de Economía e Facenda, Raquel Díaz, anunciou que o Concello baixará o recibo da auga na mesma medida que a Xunta suba o seu tramo. Así o explicou nunha rolda de prensa na apuntou que o obxectivo é que a taxa non se modifique “nin un céntimo”, unha vez que fora conxelada, xunto co resto de impostos e prezos públicos.

 


O Auditorio municipal programará 16 actividades durante os meses de novembro e decembro

Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro. Carlos López Font presentou hoxe martes unha programación á que o Concello aporta 55.000 euros.

 


O Concello coopera coa III Escola Feminista de Implicadas no Desenvolvemento

O próximo sábado 12 de outubro organízase en Vigo a III Escola Feminista de Implicadas no desenvolvemento, baixo o título de: feminismos e movementos sociais. As xornadas comezarán ás 10,15 horas no local deste colectivo, situado na rúa Barcelona, 86

 


Festival 10º aniversario Igual Arte

A Fundación Igual Arte inaugura o Festival artístico 10º Aniversario que se celebrará o martes 8 de outubro ás 19.30h no Auditorio do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo coa a estrea da película “65-80%”.A entrada a este acto é gratuita. O Festival continuará os días 9, 10 e 11 de no AUDITORIO MUNICIPAL CONCELLO DE VIGO coa representación das obras gañadoras do Certame artístico Igual Arte nas categorías de teatro, danza, audiovisual, música e plástica.

AXENDA FESTIVAL SINSAL // VOLVE O FESTIVAL SINSAL OUTONO EN VIGO E SANTIAGO

Presentada a programación do Festival Sinsal Outono que terá lugar en dúas cidades galegas, Vigo e Santiago, facendo honra ao seu carácter flexible e multisede. Folk, electrónica, experimental e ritmos híbridos para pechar con boas sensacións un ano complexo para a música. O Festival Sinsal volve apostar polo eclecticismo que o caracteriza para programar en espazos tan diferentes como os museos MARCO e CGAC, a Sala Capitol, o Auditorio do Concello de Vigo ou a impresionante biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde se abrirá a estación con Steve Gunn.

 

VIGO

 

Grazas ao apoio do Concello de Vigo un ano máis o Festival Sinsal desprega a súa programación en diferentes lugares da cidade para achegar ao seus seguidores o mellor dos ritmos contemporáneos, unha coidada selección de artistas e de actividades para poñer en valor a Vigo como receptora e xeneradora de iniciativas culturais. Concertos, roteiros e homenaxes forman dunha programación única que Sinsal adica á que é a súa cidade desde hai máis dunha década.

 

Steve Gunn

Imágenes integradas 3

EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios.

15 de outubro, 20.00h apertura portas

 

6€ na billeteira.

Sam Amidon

Imágenes integradas 4

Auditorio do Concello de Vigo

9 de novembro, 20.30h apertura portas

Anticipada: 10€+gastos de xestión/13€ billeteira, Servinova

Memoria musical de Vigo

Especial Memoria Musical de Vigo (1): entrevistas e convidados na librería Versus falando das mulleres no mundo da música local. Data 15 de Novembro. 20:30 horas

Especial Memoria Musical de Vigo (2): programa de radio en directo con convidados na tenda de discos Elepé. Data 16 de Novembro. 20:30 horas

Especial Memoria Musical de Vigo (3): paseo sonoro polos edificios que albergaron os salóns de Vigo burgueses a principios do século XX. Data 17 de Novembro. 12:00 AM

 

Amatorski

Imágenes integradas 5

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

29 de novembro, 20.30h apertura portas

8€ na billeteira.

Anna Calvi

Imágenes integradas 6

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

14 de decembro, 21.00h apertura portas

Anticipada 18€+gastos de xestión/22€ billeteira, Servinova

SANTIAGO

Grazas ao apoio do Concello de Santiago de Compostela o Festival Sinsal levará á Sala Capitol e ao CGAC unha coidada selección de artistas que achegarán á capital un anaco da produción sonora máis arriscada deste ano a nivel global. A relación do Festival Sinsal con Santiago é longa e exitosa, en máis de cinco anos de relación son xa decenas os concertos e intervencións levado a cabo. Despois do concerto de Efterklang no Teatro Principal que abriu o Festival Sinsal 11, volvemos para afianzar a nosa aposta pola cidade e o seu público, sempre participante e atento á nosa programación. Santiago é para Sinsal outra casa xa imprescindible.
 
 

Youth Lagoon+Absolutely Free

Imágenes integradas 7

Sala Capitol

10 de novembro, 20.00h apertura portas

Anticipada 15€+gastos de xestión. A Reixa Tenda, www.salacapitol.comwww.entradas.novagaliciabanco.es

Billeteira: 18€

Amatorski

Imágenes integradas 5

CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea

30 de novembro, 20.30h apertura portas

Anticipada 8€. Teatro Principal, A Reixa Tenda

Billeteira: 8€ CGAC

 

//DESCARGA DE PROGRAMA, CARTEIS E IMAXES//

 

…néboa, chuvia, música…

 

 Sinsal Outono xa está aquí.

Traballo de Benestar da Xunta de Galicia

O ISSGA E RACE COLABORAN NUNHA PLATAFORMA DE MOBILIDADE PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO TRÁFICo

  • A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, e o coordinador de mobilidade do Real Club Automóbil de España (RACE), Jorge Castellano, presentaron hoxe esta iniciativa
  • Na plataforma poderase rexistrar o responsable da empresa e establecer un Plan de mobilidade e seguridade viaria para os empregados e deberá definir os grupos prioritarios, así como as accións concretas que estima pode desenvolver
  • Así mesmo, o plan inclúe un seguimento anual do grao de cumprimento dos obxectivos de redución de accidentes de tráfico na empresa, co obxecto de comprobar a súa efectividade.
  • TRABALLO COLABORA COA ASOCIACIÓN GALEGA DE SERVIZOS DE ESPECTÁCULOS NA CREACIÓN DUNHA GUÍA PARA PREVIR RISCOS LABORAIS

               

    • O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, participou hoxe na presentación desta guía e indicou que “a existencia de empresarios concienciados neste sentido é unha garantía para que sigamos avanzando cara a unha auténtica cultura da prevención de riscos”
    • Martiñá lembrou que en Galicia estase a desenvolver por terceiro ano o ‘Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014’, deseñado, consensuado e acordado por todos os axentes implicados no marco do diálogo social
    • O director xeral apuntou que desde a Xunta, a través do ISSGA, préstase todo o asesoramento técnico, formación e información respecto ás novidades normativas e técnicas de especial interese no eido da prevención

Iván Prado fala desde o Sáhara

descarga  Crónica cero
Dez anos de cine, dez anos risas rebeldes

Hoxe despega a décima edición do Fisahara, sen dúbida o mellor festival de cine do mundo. Polo menos, o festival cinematográfico con máis corazón e rebeldía que coñezo.
Pallasos en Rebeldía chega por segunda vez aos campamentos de refuxiados do Sáhara para acompañar a este pobo cheo de dignidade que non pode volver á súa terra porque Marrocos a mantén baixo unha férrea ocupación militar.

Logo dunha entrada engorrosa no aeroporto militar de Tinduf (Argelia) chegamos logo de 4 horas de estrada a Dajla, o centro neurálxico do Fisahara, onde actuarmos varios días para os colexios desta wilaya e apoiaremos á organización en todo o que necesite.

Chegamos de noite e cansos pero no mesmo lugar que o ano pasado, un patio cheo de area, recíbennos decenas de mulleres que veñen buscarnos para levarnos á súa haima e acollernos na súa familia, que sentadas no chan falan animadamente nunha especie de ritual festivo.
A nosa nova nai chámase Lala e pese á súa avanzada idade móvese con moitísimo poderío. Nos campamentos, as mulleres, que gobernaron a vida comunitaria durante os duros anos de conflito bélico da Fronte Polisaria contra Mauritania e Marrocos, teñen unha presenza única, chea de dignidade e forza.

É emocionante volver a este Sáhara no exilio, a este non lugar, a este barco de pedra varado nas dunas do esquecemento e ver que, 40 anos máis tarde, os e as saharauis sosteñen unha forma de vida baseada na procura da xustiza e a esperanza de ser algún día un pobo libre e soberano fronte ás costas que viron nacer os seus maiores.

De novo sacaremos a pasear a Lokonuk entre números de malabares e acrobacias aéreas pero, sobre todo, faremos brillar a carpa imaxinaria do circo solidario que desde fai 10 anos Pallasos en Rebeldía leva paseando polas xeografías dolorosas dese planeta chamado Humanidade.

MEDIO AMBIENTE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA A DECLARACIÓN DE ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL DO ECOSISTEMA DUNAR DE PRAIA AMÉRICA – PANXÓN NO CONCELLO DE NIGRÁN

  • clip_image002  A Consellería de Medio Ambiente propón declarar este espazo como ENIL xa que as singularidades do lugar faino merecedor de protección para os seus valores naturais
  • Nesta zona están presentes diversos taxóns de fauna, así coma hábitats de interese comunitario
  • Os interesados na tramitación da declaración definitiva contarán cun prazo de 20 días para presentar as alegacións 

 

Santiago, 9 de outubro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución polo que se somete a información pública a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do paraxe “Ecosistema dunar de Praia América – Panxón”, dentro do termo municipal de Nigrán.

 

As singulares características e beleza desta formación dunar, xunto ás especiais condicións das praias de Panxón e  América, mais as zonas dos bosque lindante; a converten nunha das zonas de maior interese recreativo do litoral. Ademais é un dos espazos naturais de maior afluencia de público na época estival, ao cal tamén contribúe a súa proximidade ao núcleo urbano de Vigo e as boas comunicacións con outras provincias da comunidade e españolas.

 

Valores naturais

O ecosistema dunar de Praia América – Panxón ten sido obxecto de diversos traballos de restauración nos últimos anos e garda un interese para a súa conservación, non só polos seus valores naturais, senón tamén divulgativos, xa que permite a sensibilización da poboación sobre os seus valores e importancia cara a conservación da biodiversidade.

 

No espazo están presentes diversos taxóns de fauna, así coma hábitats de interese comunitario entre os que podemos destacar especies vulnerables coma a píllara das dunas ou a píntega, entre outros.

 

Por outra banda, o espazo conta con representacións de  hábitats do tipo dunas marítimas das costas atlánticas e do mar do Norte e do Báltico, dunas móbiles embrionarias, dunas brancas e dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises).

 

Regulación legal

A Lei de Conservación da Natureza (Lei 9/2001, de 21 de agosto) define os espazos naturais protexidos como aqueles que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales.

 

O ENIL é unha das categorías nas que se clasifican estes espazos naturais protexidos. A súa declaración é competencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mentres que a responsabilidade e competencia da súa xestión será municipal.

 

Coa publicación no DOG desta resolución a consellería dirixida por Agustín Hernández inicia o procedemento de información pública e audiencia para a declaración provisional deste espazo polo prazo de dous anos. Neste período o concello de Nigrán deberá presentar un plan de conservación do lugar e unha vez aprobado este ENIL “Ecosistema dunar Praia América – Panxón ” sería declarado de xeito definitivo.

 

Os interesados na tramitación contarán cun período de 20 días para a formulación das alegacións, que comezará a partir de mañá día 10 de outubro.

DOA AMOSA NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO A SÚA EXPOSICIÓN DE PRODUTOS DE ARTESANÍA POLO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

  • descargaA delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, coñeceu estar mañá a mesa informativa e exposición de produtos de artesanía elaborados polos usuarios e usuarias dos obradoiros ocupacionais.
  • A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental (DOA) conmemora este ano o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Alternativas fronte a crise. O valor dos nosos dereitos”, escollido polas asociación de persoas con enfermidade e familiares reunidas en FEAFES.

 

Vigo, 09 de outubro de 2013.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo colabora coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA nos actos conmemorativos polo Día Mundial da Saúde Mental que se celebra mañá día 10 de outubro. Durante estes días, a planta baixa do edificio administrativo contará cunha mesa informativa e a exposición colectiva de pintura e produtos de artesanía elaborados polos propios usuarios e usuarias nos obradoiros ocupacionais da Asociación DOA.

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, achegouse ata a exposición, acompañada polo presidente e xerente do colectivo, Leopoldo Robla e Juan Manual Adá, respectivamente, para coñecer de primeira man os produtos que realizan os usuarios e usuarias. Este ano, a conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental celébrase baixo o lema “Alternativas fronte a crise. O valor dos nosos dereitos”, escollido polas asociación de persoas con enfermidade e familiares reunidas en FEAFES.

 

Bravo Bosch amosou así o seu recoñecemento ao traballo que esta entidade realiza diariamente cos usuarios e usuarias do centro co fin de prestar atención, axudar e contribuír á integración sociolaboral do enfermo mental. A responsable do Goberno galego na cidade loubou a “inxente labor” que realizan cos usuarios e usuarias e tamén de cara á cidadanía co obxectivo de sensibilizar á poboación para mellorar a calidade de vida destas persoas.

 

Asociación DOA

A Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA constitúese no ano 1987 por iniciativa de familiares de persoas con enfermidade mental crónica. O seu nacemento fundaméntase pola carencia de recursos sociais axeitados para o tratamento dos seus familiares con motivo da reforma psiquiátrica.

 

Na actualidade é a única entidade privada que presta atención a este colectivo, xestionando diversos servizos, algúns deles en colaboración co Sergas. Neste senso, conta con 64 prazas concertadas para o seu Centro de Rehabilitación de Vigo así coma outras 25 máis no centro que teñen en Cangas. Ademais, e tamén en colaboración co equipo de rehabilitación de Saúde Mental do Sergas, executa o programa de Pisos Protexidos, repartidos en 7 pisos -catro dos cales en Vigo-, cun total de 34 persoas. DOA ofrece tamén un servizo de atención a domicilio e a familias ademais dun servizo para programación de ocio.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ‘VIGO NA FUNDACIÓN PENZOL’

image001 (1)   O vindeiro xoves día 10, ás 12 da mañá, inaugúrase na Sala de Exposicións da Casa Galega da Cultura de Vigo a mostra VIGO NA FUNDACIÓN PENZOL,no marco das actividades que están tendo lugar ao longo do ano co gallo da conmemoración do seu Cincuentenario. No acto intervirán o presidente da mesma, Alfonso Zulueta de Haz, o seu director, Francisco Domínguez e mais o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Colaboran a Editorial Galaxia e o concello olívico.

Comisariada por Francisco Domínguez e María Ángeles Vidal, directora técnica da biblioteca, a exposición pretende, por unha banda, poñer en valor os seus ricos fondos locais, amosando unha interesante e variada selección bibliográfica e documental dos mesmos, máis de un cento, que se presentan agrupados en diveras seccións (manuscritos, mundo editorial, prensa, materiais especiais, etc.) E, pola outra, tenta tamén render tributo e homenaxe á cidade olívica pola súa cálida e amigable acollida dende o 1963, ano da súa apertura, e outrosí ao seu concellopolo xeneroso e constante apoio recibido.

Francisco Fernández del Riego, responsable e director vitalicio da Biblioteca Penzol ata o ano 2010, gustaba dicir da mesma que “durante corenta anos consecutivos foi para min fogar de cultura”.

Mañá xoves, inauguración O BOSQUEXO DO MUNDO en Santiago

Mañá xoves 10 de outubro

Inauguración da exposición O BOSQUEXO DO MUNDO

no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

image001

 

Maña xoves 10 de outubro inaugúrase na sala ‘Isaac Díaz Pardo’ do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) a exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’, coproducida polo MARCO, o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane (A Coruña), e comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

 

Hoxe mércores tivo lugar no Concello de Santiago a conferencia de prensa de presentación, na que participaron o alcalde de Santiago, Ángel Currás, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, a directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, e os comisarios da exposición,Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

 

‘O BOSQUEXO DO MUNDO’, que se exhibiu nas salas da planta baixa do MARCO entre os meses de abril e setembro,está concibida como unha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e reúne un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións.

 

O título da exposición sérvese da ambigüidade e riqueza do termo ‘bosquexo’, como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados

 

 

ARTISTAS

Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miguel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trastoy

 

 

Depedro y su increíble historia de un hombre bueno en Santiago DC el 30 de enero de 2014

Depedro llega con “La increíble historia de un hombre bueno” al Teatro Principal de Santiago el 30 de enero de 2014

noname

Jairo Zavala edita su tercer disco, álbum producto de sus viajes por todo el planeta con temáticas centradas en problemáticas locales.

En el disco colaboran excelencias de 3 continentes distintos : Tony Allen (Fela Kuti), Joey Burns y John Convertino (Calexico), Nick Urata (Devotchka), Bernard Fanning (Powderfinger)

Perm, Montes Urales, Rusia. Jairo Zavala está a punto de salir a tocar sus canciones en un festival donde comparte cartel con Living Colour. Recuerda los tiempos en los que su recorrido musical llegaba como muy lejos a lo máximo que daba un depósito de Gasolina. Esta situación se ha repetido en Italia, en Suiza, Reino Unido, Grecia, Bélgica, Guatemala, México, El Salvador, Estados Unidos y hasta Israel, donde incluso ha llegado a tener un hit. Desde Rusia hasta Australia hay un mundo que ya ha escuchado la vieja guitarra de Jairo Zavala.

Pese a ello, Jairo vive y respira en España. Aquí tiene a sus hijos, aquí recorre cada rincón del país mostrando las fotos musicales de sus viajes. Pese a que juega a dar vueltas a la bola del mundo, Depedro tiene un cable a tierra aquí. Es un obrero del rock. Gracias a sus tiempos en Vacazul y a su época trabajando con Amparanoia, conoce todos los garitos del país. Ahora, gracias a su proyecto en solitario y a su condición de miembro de Calexico, también conoce los de medio planeta.

Sobre estos dos terrenos (el local y el global) se asienta  “La increíble historia de un hombre bueno”. El tercer disco de Depedro. El que difumina los subtítulos relacionados con los amigos que le han ayudado a desarrollar su proyecto personal: locales (vetusta morla) o internacionales (Calexico).

En esta ocasión, Jairo ha vuelto a los estudios de Craig Schumacher, donde graban artistas como Neko Case, Iron & Wine, M Ward… pero esta vez él quiere ser dueño de su propio destino con sus armas: quiere arriesgar, que el adjetivo “desértico” y “arenoso” deje de ser la palabra más abundante en su definición. Mezclar las grabaciones de ese parque de atracciones musical que es el estudio de Craig Schumacher, con algunas bases confeccionadas en las maquetas que registró en su casa. De nuevo lo local y lo global.  Tiene lógica en un músico que tiene sangre peruana por vía paterna y cuya madre se crió durante años en Guinea. Imaginen la cantidad de discos y ritmos con los que ha podido crecer.

Las canciones de Depedro también han crecido. Se van cargando de energía sanadora (“Sanity”) se contagian con los gritos de la calle (“¿Qué habéis hecho?”), se colman de atmósferas estremecedoras (“Ella sabía”), se alimentan de la nova trova (“De como empezamos”) o de la americana más espiritual (“You and I”) y hace que los vientos florezcan en “El pescador”, vieja e irresistible cumbia clásica que Depedro suma a su repertorio y que se hace contagiosa a la primera escucha. “El pescador” se suma a sus homenajes a América Latina junto a clásicos mexicanos como “La llorona” o brasileños como “Comanche”. Retazos de músicas de todo el mundo que en Jairo adquieren un todo, como si se uniera la pangea en una sola persona.

Tiene una lógica: en estos dos años, Depedro ha cruzado guitarras con Evan Dando (ex- Lemonheads), con The Dodos, Steve Berlin (Los Lobos) , o el cantante Israelí Geva Allon. Él ha inoculado su talento en los demás, y viceversa. Es lo que tiene reunirse con los mejores, como es el caso del estelar equipo que colabora en “La increíble historia de un hombre bueno”. Un dream-team global que incluye a  Tony Allen (Nombre básico para la historia de la batería que fue la mano derecha de uno de los totems de África: el nigeriano Fela Kuti), Bernard Fanning (que junto a sus Powderfinger es una de las referencias en el rock Australiano), Nick Urata (de esos gitanos de Denver llamados Devotchka), Martin Wenk ( Nada Surf) y, claro, Joey Burns y John Convertino, de la banda a la que también pertenece Jairo, Calexico.

Ese todo hace de “La increíble historia de un hombre bueno” el disco más ambicioso de Depedro. Una obra original, delicada, creativa, muy trabajada y , sobre todo, humana. Así es Jairo Zavala.

Jueves 30 de enero, Teatro Principal de Santiago

Apertura de puertas: 20.30 h. – Inicio concierto: 21.00 h.
Precio anticipada: 12 € + gastos de distribución – Precio taquilla: 15 €
Entradas ya a la venta en la taquilla de Teatro (de 18 a 21 h.) y en entradas.novagaliciabanco.es

Mañana comienza Minervigo 2013 con la exposición de 15.000 piezas de minerales, fósiles y gemas

descarga (1) descarga (2) descarga (3)

La decimosexta edición se celebra del 10 al 13 de octubre en la Estación Marítima de Vigo

 

Vigo, 9 de octubre de 2013. El decimosexto Salón de Minerales, Fósiles, Gemas y Conchas de Vigo, Minervigo 2013, abre mañana sus puertas en la Estación Marítima. Una veintena de expositores, principalmente españoles y portugueses, mostrarán unas quince mil piezas. Uno de los principales atractivos de esta edición es el fósil de un reptil del Pérmico hallado en Oklahoma (EEUU), con unos 260 millones de años de antigüedad cuyo nombre científico es Captorhinus aguti. También destaca entre las piezas que estarán expuestas, una colección de minerales clásicos españoles entre los que se encuentran piñas de jacintos sobre yeso rojo de Chella (Valencia) y jacintos de Compostela sobre yeso de Domeño, también de Valencia.