A XUNTA PROMOVE O COOPERATIV​ISMO GALEGO EN LUXEMBURGO PARA FACILITAR O SEU ACCESO A NOVOS MERCADOS INTERNACIO​NAIS

  • A Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE promoverán mañá as excelencias dos produtos cooperativos galegos entre importadores e distintas personalidades do mudo empresarial europeo
  • Propiciarase tamén a posibilidade de realizar encontros bilaterais con importadores ao longo da xornada
  • Esta acción de internacionalización enmárcase na Rede Eusumo que promove o departamento autonómico para fomentar a creación de cooperativas   

Santiago, 9 de outubro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co IGAPE, promoverá nos próximos días en Luxemburgo o sector do cooperativismo galego co obxectivo de mellorar a promoción e comercialización no exterior dos produtos e servizos das cooperativas galegas. Así, desde mañá e ata o sábado, realizaranse diversas accións de internacionalización para facilitar o acceso deste modelo empresarial a novos mercados internacionais.

Deste xeito, o Hotel Sofitel Luxembourg le Grand Ducal acollerá unha cena gala coa que se pretenden promover as excelencias dos produtos cooperativos entre os importadores e as distintas personalidades do mundo empresarial europeo. O evento terá lugar a partires das 19,00 horas e o menú estará elaborado por cociñeiros galegos pertencentes ao grupo Nove e galardonados coa Estrela Michelín. Previa á cena, ofrecerase unha degustación de viños dirixida por un enólogo que presentará as singularidades de cada produto.

Co obxectivo de apoiar ás cooperativas, a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, promotores desta acción de internacionalización, propiciarán a posibilidade de realizar encontros bilaterais ao longo da xornada.

Pola súa banda, os días 11 e 12 de outubro, o Hotel Sofitel Luxembourg le Grand Ducal organizará unhas xornadas gastronómicas dedicadas aos produtos cooperativos galegos.

Esta actuación enmárcase nas actividades que a Xunta leva a cabo a través da Rede Eusumo que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar para promover o modelo empresarial cooperativa en Galicia. En concreto, a través desta ferramenta impúlsase o desenvolvemento das cooperativas no ámbito local a través de accións de formación, divulgación e asesoramento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: