O SON DO RELATO E EDITORIAL GALAXIA NOVIDADES ANTÓN RIVEIRO COELLO Acordes náufragos

li  O SON DO RELATO E EDITORIAL GALAXIA NOVIDADES  ANTÓN RIVEIRO COELLO
Acordes náufragos
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2013, 144 páxinas
P. V. P. 1 3 , 5 0 € IVE incluído
ste novo libro de Antón Riveiro Coello recolle nove relatos escritos en diferentes épocas. O autor de
Laura no deserto recupera dese xeito textos de díficl acceso, algúns deles premiados en certames
tan prestixiosos e senlleiros coma o Manuel Murguía ou o Modesto R. Figueiredo do Pedrón de
Ouro. En Acordes náufragos, o escritor confíalle aos lectores aqueles relatos que “lle deron azos á miña
vontade para seguir escribindo e por iso gardo para eles unha querenza especial”.
Relatos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa
Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha
nena con Valle-Inclán.

En todo caso, a escolla dos relatos de Acordes náufragos xorde co propósito de recuperar unhas
historias que, se cadra de xeito casual ou debido a certas obesións narrativas do autor, amosan unha
característica común no seu tema fantástico e, polo menos, noutras dúas coincidencias temáticas.
A primeira e máis salientable sería a de que en case todos está explícito o asunto do naufraxio. A segunda
coincidencia que lle outorga certa unidade ao conxunto é a do tema amoroso, na vertente de parella ou familiar. O que si é certoé
que, malia estaren afastados no tempo da súa escritura, todos estes relatos están estreitamente vencellados aosterritorios que
frecuenta o autor e insinúan algúns dos escenarios que acabaron acollendo boa parte da obra narrativa de Riveiro Coello.
A © Simón Balvís
NTÓN RIVEIRO COELLO (Xinzo de Limia, 1964) cursou estudos de Dereito na
Universidade de Santiago e actualmente é funcionario da Administración Autonómica. Con
A quinta de Saler (3ª edidión, 2006) foi finalista no Premio de narrativa Torrente Ballester
en 1998; ao ano seguinte, con Animalia obtivo o Premio Café Dublín de Narrativa mentres que As
rulas de Bakunin sería Premio García Barros de novela no 2000, amais de conseguir unha gran
repercusión entre os lectores, chegando xa á súa sexta edición. Homónima (2ª edición, 2010) foi
galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa e publicaríase tamén nese mesmo ano 2000.
Posteriormente saíron do prelo a novela A esfinxe de amaranto (2003), o libro de relatos Casas
baratas (2005, 2ª ed.) e A voz do lago (2007, 3ª ed.), dirixida ao público xuvenil, publicando o
mesmo ano a novela Os ollos de K. Con Laura no deserto (2011, 3ª ed.) obtivo o Premio da Crítica
Española, Premio de Narrativa da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento e foi finalista no Premio
de Novela Europea Casino de Santiago. Outras achegas achegas literarias recentes do autor son As
pantasmas de auga (2010) e O paso do esquecemento (2011).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: