A CIG de Vigo convoca marchas polo emprego e unha xornada de loita para visibilizar o drama do paro na bisbarra

descarga As camiñadas Vigo-Porriño, Moaña-Cangas e Bueu-Cangas son o martes día 15 e dous días despois terá lugar a xornada de loita en distintos puntos da cidade

A Unión Comarcal da CIG de Vigo decidiu convocar varias marchas a pé e unha xornada de loita en defensa do emprego no marco da campaña iniciada a nivel nacional polo sindicato para reclamar unha mudanza radical nas políticas que están a executar os Gobernos do PP en Madrid e na Xunta. As marchas terán lugar o 15 de outubro e a xornada de loita o 17, semanas despois de que a central presentase un paquete con 100 propostas para a creación de emprego e o estímulo da economía que serán trasladadas ao Parlamento galego en forma de Iniciativa Lexislativa Popular. A campaña inclúe tamén unha manifestación nacional en Santiago o sábado 19 de outubro.

Os secretarios comarcal e de Organización da CIG de Vigo, Serafín Otero Anxo Igrexas, foron os encargados de debullar hoxe en rolda de prensa os distintos actos reivindicativos que a central desenvolverá na bisbarra dentro da campaña para o crecemento económico e pola creación de emprego. Xunto a eles compareceron os secretarios comarcais da federación de Químicas, Xulio Fernández, e de Banca, Luciano Sobral.

Otero explicou que dada a gravísima situación laboral e económica que está a padecer Galiza e singularmente a bisbarra de Vigo, “unha das máis afectadas e onde o desemprego real atinxiría a preto de 80.000 persoas”, as marchas polo emprego pretenden ademais visibilizar o drama social que está a provocar este problema, agravado polas nefastas políticas dos executivos galego e español.

Neste senso, dende a CIG reclaman accións urxentes para poñer freo o esmorecemento produtivo que xa destruíu nos últimos cinco anos máis do 60% do tecido industrial da comarca, esixindo compromisos efectivos para volver poñer en marcha sectores chave como a construción naval e impedir a queda da automoción.

“Botámonos á rúa máis unha vez para forzar que o PP deixe de ollar para outro lado, para mostrarlles a dimensión real do problema”, indican dende a unión comarcal, acrecentando que a camiñada pretende tamén “evidenciar que os e as desempregadas/os non son unha mera estatística, son persoas de carne e óso que están a padecer en moitos casos situacións límite, de moita pobreza e mesmo fame”.

Tres marchas a

A CIG de Vigo ten previsto realizar tres marchas a pé desde diferentes puntos da comarca o vindeiro martes día 15, cos seguintes percorridos e horarios de saída:

  • PorriñoVigo: sairá ás 9.30 horas dende o edificio sindical na Rúa Arquitecto Palacios. Concluirá ás 14.30 horas (aprox.) diante do edificio da Xunta en Vigo.
  • MoañaCangas: sairá ás 18.30h dende a Praza de Abastos.
  • BueuCangas: sairá ás 18.30 horas dende o Concello

Xornada de loita con nove actos

Ao mesmo tempo, a central nacionalista convocou unha xornada de loita para o xoves 17 que incluirá un total de nove actos reivindicativos organizados polas federacións que se desenvolverán de xeito simultáneo en distintos puntos da cidade entre as 11.30 e as 12.30 horas:

-Químicas: instalacións de Fenosa (Travesía de Vigo, 204, Teis). Manifestación ás 12:00 horas co seguinte itinerario: saída Travesía de Vigo 204 cara a rúa Buenos Aires, na rotonda regreso por Travesía de Vigo até a rotonda de Carrefour e regreso por Travesía até o punto de saída da manifestación.

-Servizos: instalacións de PSA-Citroën (Avda. de Citroën, 3-5).

-Metal: instalacións do CEAGA (Avenida de Citroën, 3-5,).

-Banca: sede de NG Banco (Avda. García Barbón, 1) e instalacións de Bosch (Avda. de Madrid, 3).

-Administración: edificio administrativo da Xunta de Galiza (rúa Concepción Arenal, xunto á Praza da Estrela).

-Construción: obras da nova estación de tren (rotonda da rúa Alfonso XII con rúa Lepanto).

-Ensino: instituto Santa Irene (Praza de América).

-Saúde: hospital Xeral (rúa Pizarro).

 

Asemblea de persoas desempregadas

Por outra banda, o pasado día 7 realizouse unha primeira xuntanza da Asemblea de Persoas Desempregadas que a nivel comarcal está a impulsar a CIG de Vigo, contando coa participación dun número importante de paradas e parados. Esta nova estrutura quere servir de instrumento para organizar sindicalmente a un colectivo moi importante dentro da clase traballadora da bisbarra.

Para alén de participaren das marchas polo emprego, a Asemblea de Persoas Desempregadas participará de maneira activa na posta en marcha nas próximas semanas do Plan Solidario de Axuda Alimentar a través do que a CIG distribuirá alimentos de primeira necesidade a todas as persoas afiliadas que o precisen.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: