EDITORIAL GALAXIA PUBLICA A NOVA NOVELA DE FRANCISCO CASTRO

Boletín O corazón da branca de neve

INTRIGA A RITMO TREPIDANTE
E EDITORIAL GALAXIA
NOVIDADES
FRANCISCO CASTRO
O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE
Colección LITERARIA
EDITORIAL GALAXIA 2013, 136 páxinas
P. V. P. 1 3 € IVE incluído
Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida
para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos.
Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades.

Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícilda súa carreira de investigador.

O corazón da Branca de Neve recibiu o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de
Galicia.
FA PRIMEIRA HISTORIA DO INSPECTOR HERMIDA
UN CASO DE ROUBOS DE BEBÉ
E MAFIAS DE TRÁFICO DE SERES HUMANOS
rancisco Castro (Vigo, 1966) é escritor e editor. En 2010 foi elixido presidente da Asociación
Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Responsable dunha abondosa produción, entre
os seus títulos destacan obras como Xeración perdida ou Spam, coa que gañou o premio
Blanco Amor en 2005, ou In vino veritas.
Entre outros galardóns, literarios e como articulista, recibíu en 2007 o Premio de Novela Manuel
García Barros, coa novela As palabras da néboa.
No eido da narrativa infantil e xuvenil gañou tres veces o Premio Frei Martín Sarmiento que con-
ceden os escolares aos mellores libros do ano. Para este chanzo de idade publicou varios libros,
entre outros, Chamádeme Simbad (2009), que entrou na lista de Honra do IBBY, e, con Fina
Casalderrey, O neno can, obra incluída dentro da Lista de IBBY de Oslo para os mellores libros
sobre o tratamento da discapacidade.
Varias das súas obras están traducidas a linguas como o portugués de Brasil, italiano, catalán,
castelán…
Dende o seu blogue A Canción do Náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org) mantén aberto un espazo arredor da creación literaria e asuntos de interese político e social. Tamén no facebook e na súa conta de twitter

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: