PEDRO PUY VALORA “POSITIVAMENTE” O DISCURSO DO PRESIDENTE DA XUNTA NO DEBATE DA AUTONOMÍA, NO QUE “DEIXOU CLARO QUE ESTAMOS NUNHA SITUACIÓN DE TRANSICIÓN CARA O CRECEMENTO”

O portavoz do Grupo Popular salientou o anuncio da rebaixa do IRPF para as persoas con rendas baixas ou os descontos en garderías para as familias a partir do segundo fillo

     “Estamos na mellor das disposicións do conxunto das autonomías para saír da crise, unha vez que o vindeiro ano consigamos abandonar a recesión cun moderado crecemento da economía e cunha moderada diminución do desemprego”, sinalou Puy

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou “positivamente” a intervención do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía, “no que deixou claro que estamos nunha situación de transición cara o crecemento, un crecemento que quere seguir sendo solidario”.

Pedro Puy salientou os anuncios feitos por Feijóo durante a súa intervención, como a redución do IRPF no tramo autonómico para as persoas que teñan rendas máis baixas ou os descontos en garderías infantís para familias a partir do segundo fillo. Así mesmo, subliñou as medidas de xestión e redución do seu custo no ámbito da administración, así como a futura reforma da Lei de Réxime Orzamentario de Galicia para mellorar a eficiencia no gasto.

AXEITADO AO MOMENTO

O portavoz popular tamén fixo referencia ao apoio decidido manifestado polo Presidente da Xunta aos sectores estratéxicos de Galicia, apoiando a súa internacionalización, a súa apertura ao exterior e a innovación empresarial.

“Foi un discurso axeitado ao momento, no que se puxo de manifesto que o Presidente sabe que estamos en crise e que a crise non se superará ata que entre todos non consigamos reducir as cifras do paro”, anotou.

Máis en concreto, afirmou que “estamos na mellor das disposicións do conxunto das comunidades autónomas para saír desta situación de crise, unha vez que o vindeiro ano consigamos abandonar a recesión cun moderado crecemento da economía e esperemos que tamén, como está previsto, cunha moderada diminución do desemprego”.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: