Traballo e Benestar da Xunta de Galicia

TRABALLO PARTICIPA NUN PROGRAMA PARA A INTEGRACIÓN LABORAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL E ENFERMIDADE MENTAL EN GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, formalizou hoxe un protocolo de colaboración nesta materia, enmarcado no programa ‘Xuntos somos capaces’, coa Fundación Mapfre, a CEG, FADMGA-FEAPS Galicia, FEAFES Galicia e Down Galicia
  • O obxectivo pasa por establecer un marco que permita poñer en marcha programas de formación, emprego con apoio e inserción laboral destes colectivos
  • As accións céntranse na prospección de empresas para sensibilizalas sobre inserción, a xestión de ofertas e demandas de emprego coas entidades sociais, e a posta en marcha de 15 proxectos de emprego con apoio, tanto para o sector público como o privado
  • Este acordo, que terá vixencia anual, complétase coa celebración de dous almorzos empresariais cunhas 10 empresas dos sectores preseleccionados como prioritarios para a inserción de persoas con ditas discapacidades.
  • XUVENTUDE FORMA A MÁIS DE 200 MOZOS E MOZAS COMO MEDIADORES XUVENÍS  EN DIFERENTES MATERIAS DE INTERESE PARA A MOCIDADE           
    • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes dun curso de formación de mediadores xuvenís en materia de sanidade
    • Esta actividade consta do curso de formación presencial en grupo que se está a desenvolver, seguido dun período práctico
    • A iniciativa está destinada a mozos e mozas de entre 18 a 35 anos

    Santiago, 17 de outubro de 2013.- Máis de 200 mozos e mozas de toda Galicia están a formarse como mediadores xuvenís en diferentes materias nas que están especializados os centros Quérote +, dentro do Plan de Formación 2013 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

    Con esta iniciativa trátase de formar a mozos e mozas nos principios básicos da mediación xuvenil, escolar e familiar, traballando aspectos relacionados coa convivencia entre iguais, a diversidade funcional, a afectividade e a sexualidade e os hábitos de vida saudables.

    Dentro de esta iniciativa, un total de 25 mozos e mozas procedentes de toda Galicia participan en Santiago nun curso de formación para capacitalos como mediadores xuvenís que dinamicen a promoción de estilos de vida saudables no ámbito da mocidade.

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes desta acción, destinada a que as asociacións e entidades xuvenís conten con persoal capacitado para mediar entre os mozos e mozas en materia de saúde.

     

    Esta actividade consta do curso de formación presencial en grupo que se está a desenvolver, seguido dun período práctico no que cada mediador terá que deseñar e elaborar un traballo práctico sobre a promoción de hábitos e estilos de vida saudables. En total, esta acción consta de 60 horas: 40 presenciais e 20 prácticas.

     

    No período de formación en grupo apórtanse contidos de carácter teórico e práctico sobre a promoción de hábitos e estilos de vida saudables e sobre o deseño e implementación de intervencións socioeducativas para a mocidade. Aplícase unha metodoloxía activo participativa que facilita a interacción entre o grupo, o adestramento de habilidades, e a expresión de opinións e inquedanzas para identificar e resolver  estereotipos e mitos.

     

    Ademais, cada mediador formado na fase presencial do curso deberá realizar unha parte práctica a distancia que consistirá na realización dun traballo, análise de situación e proposta de actuación sobre un caso real dunha entidade ou asociación xuvenil, contando co apoio e seguimento personalizado dos formadores.

     

    O curso está destinado a mozos e mozas de entre 18 a 35 anos e os criterios de selección tiveron en conta a orde de inscrición, priorizando a aquelas persoas que formen parte ou colaboren con asociacións ou entidades xuvenís.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: