A RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN ACOLLE HOXE E MAÑÁ O V ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES COA PARTICIPACIÓN DE 35 PERSOAS

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, foi a encargada de inaugurar esta tarde as xornadas, organizadas pola Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo.
  • Bravo Bosch recoñeceu o traballo do colectivo a prol da igualdade  e na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos.

Vigo, 18 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inaugurou esta tarde o IV Encontro Nacional de Mulleres que organiza a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e que celebra este fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

Durante todo o día de hoxe e o de mañá, un total de 35 persoas asisten a estas xornadas, que teñen coma obxectivo manter e fortalecer o contacto entre as asociacións de mulleres, establecer relacións de axuda mutua e crear e fomentar redes comúns de traballo, así como favorecer a súa formación. Cunha serie de conferencias, debates, obradoiros e grupos de traballo, este V Encontro Nacional pretende establecer puntos de encontro entre os colectivos participantes.

Na súa intervención, Bravo Bosch recoñeceu o traballo do colectivo de mulleres a prol da igualdade e, sobre todo, da Rede de Mulleres contra os Malos Tratos por realizar este tipo de xornadas coa finalidade de traballar na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero, sensibilizando e difundindo os valores da igualdade entre as persoas e dando asistencia e acompañamento a mulleres que sofren violencia de xénero

Por último, a delegada da Xunta en Vigo animou aos participantes a que aproveiten estas xornadas e esperou que as conclusións ás que cheguen sirvan para seguir traballando na mesma liña de axuda ás mulleres.

O programa

A xornada comeza no día de hoxe coa presentación dos colectivos participantes para, no día de mañá, levar a cabo a xornada de traballo. Entre as ponencias, que se realizan durante a mañá, destacan a de Eva Bolaños Gallardo, licenciada en Psicoloxía, diplomada en Especialización, Promoción e Educación para a Saúde e Especialista en Intervención Social con Mulleres que fará un relato baixo o título “Socialización, amor e violencia contra as mulleres”; e Lola Ferreiro Días, doutora en Medicina e Cirurxía pola USC, forma parte de diferentes equipos de investigación na USC e coordinadora do grupo Lúa Crecente, que falará sobre “A imaxe da saúde sexual e os factores culturais que a condicionan”. Xa pola tarde, levaranse a cabo distintos obradoiros e posta en común impartidos por Tareixa Ledo, Mar F. Cendón e María Rosendo Priego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: