AS ACTUACIÓNS DE SANEAMENTO REALIZADAS NAS RÍAS GALEGAS PERMITIRON A MELLORA DE 31 ZONAS DE PRODUCIÓN MARISQUEIRA DENDE 2009

  • Francisco Menéndez sinala que a Xunta actúa propiciando cambios a nivel técnico, cos plans de saneamento local, e de xestión, determinando un regulamento de esixencias mínimas na prestación dos servizos
  • O director de Augas considera una falacia dicir que hai un abandono das rías, nun momento de execución  histórica de obras como a EDAR de Vigo, os colectores de Ferrol ou o saneamento de Noia

 

Santiago, 18 de outubro de 2013.- O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, destacou esta mañá que as actuacións de saneamento das rías galegas permitiron a mellora de 31 zonas de produción marisqueira dende 2009, o que amosa unha tendencia moi clara de melloría e de efectividade nas actuacións de mellora da calidade das augas. O director de Augas compareceu hoxe en Comisión 8ª do Parlamento.

 

Destacou o traballo que está a facer a Xunta, así como o fondo cambio que está a propiciar no eido técnico, a través de dúas novas ferramentas: os Plans de Saneamento Local das rías, co Plan para a ría do Burgo redactado e completándose o da ría de Arousa; e unha segunda ferramenta prioneira, como son as instrucións técnicas para obras hidráulicas en Galicia (ITOHG), que definiron modelos técnicos de deseño para o saneamento, e ás que se engadirán en 2014 as instrucións técnicas para o deseño de estacións depuradoras.

 

No eido da xestión, a Xunta está a traballar para que haxa unhas esixencias mínimas na prestación dos servizos de saneamento e depuración. Diso trata o Regulamento marco dos servizos de saneamento e depuración e o Pacto Local da Auga, no que se traballará ao longo do próximo ano coa Federación Galega de Municipios e Provincias, declarou Menéndez.

 

Grazas ás actuacións levadas a cabo, engadiu, no caso concreto da actividade marisqueira compre destacar que dende abril de 2009 ata xaneiro de 2013 houbo numerosos cambios de clasificación e de límites de zonas de produción. Na actualidade das 123 zonas, 106 delas están catalogadas como A ou B, de modo que a actividade marisqueira está permitida e o molusco ou ben se comercializa directamente ou se destina previamente á depuración antes da súa venda en fresco. Tan só  17 están catalogadas como C, e aínda que as zonas de reinstalación están a paliar os problemas que produce esta clasificación, as Consellerías do Medio Rural e do Mar e a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas traballan coordinadamente para priorizar actuacións que actúen sobre elas.

 

Por último, Menéndez aclarou que en Galicia hai menos de 25 anos, en 1989, só existía en explotación unha estación depuradora de augas residuais urbanas con capacidade de tratamento maior de 2.000 habitantes equivalentes (h-e), que se puidese considerar como tal polas súas características, cun capacidade de tratamento de 10.000 h-e. Na actualidade, Galicia conta cun total de 151 estacións depuradoras de augas residuais urbanas cunha capacidade de tratamento maior de 2.000 h-e. A capacidade de tratamento, que era de 10.000 h-e, pasou a 3.427.982 h-e, grazas ao conxunto das depuradoras en explotación que suma hoxe a Comunidade galega. E das 45 depuradoras con vertido ás rías, 44 contan a día de hoxe con sistemas de desinfección, restando só a EDAR de Vigo, na que se implantará xa no primeiro trimestre de 2014.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: