OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2014 PERMITIRÁN CONSOLIDAR O CAMBIO DE TENDENCIA ECONÓMICA E DEDICARÁN CASE 8 DE CADA 10 EUROS A GASTO SOCIAL

O Goberno galego incrementará un 7% o Fondo de Crecemento, que contará con 412 millóns para dinamizar e reactivar a economía

Por primeira vez dende que se iniciou a crise, Galicia recuperará taxas positivas de crecemento e reducirá a taxa de desemprego

O gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais subirá ata preto do 80%, case 10 puntos máis que en 2009, polo que son as contas máis sociais da historia

O orzamento para 2014 situarase en 8.391 millóns de euros, cunha capacidade de gasto semellante á deste exercicio

Froito da xestión prudente, responsable e solvente dos últimos anos, as contas aprobadas hoxe polo Consello da Xunta garanten de novo a redución progresiva do déficit e o control do endebedamento

En materia fiscal, Galicia aproba unha rebaixa do tramo máis baixo do IRPF, incentiva o sector das renovables, facilita o relevo xeracional e reforza o gasto social coa equiparación do imposto de hidrocarburos

Tamén levará a cabo un novo plan de loita contra a fraude fiscal para recadar 50 millóns de euros adicionais

Galicia compatibilizará o maior esforzo posible en investimentos con atender ás persoas máis necesitadas, reforzando as partidas en dependencia, na Risga, emerxencia social e en comedores escolares

O Goberno galego manterá o esforzo de financiamento da Administración local e das universidades, que terán 36,5 millóns máis que en 2009

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: