BRAVO BOSCH TRASLADA Á PRESIDENTA DA FAVEC O COMPROMISO DA XUNTA CO LABOR QUE REALIZAN NO EIDO DO ASOCIACIONISMO VECIÑAL

  • descarga (1)  A Xunta colabora coa Federación “Eduardo Chao” na organización de actividades para fomentar o emprego xuvenil e na posta en marcha dos seus proxectos culturais V-GO e Moxenas.
  • A delegada agradeceu o traballo que desenvolve a Favec –que engloba a 36 asociacións veciñais da cidade- porque son os “máximos representantes dos veciños e veciñas de Vigo”.

Vigo, 22 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro coa presidenta da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo, María Pérez, no que lle trasladou o compromiso e colaboración da Administración autonómica co traballo que realizan diariamente no eido do asociacionismo e do movemento veciñal.

Bravo Bosch agradeceu a María Pérez o labor que a Federación está a desenvolver nestes momentos na cidade en temas de especial relevancia coma son o fomento do emprego xuvenil, o asociacionismo veciñal ou a posta en marcha de proxectos culturais coma V-GO ou Moxenas, nos que a Xunta de Galicia colabora a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Así, no eido do emprego xuvenil, a Xunta de Galicia leva dous anos colaborando co Curso de Monitores de Actividades de Tempo Libre, que conta cunha titulación expedida e homologada pola Administración autonómica e que ten por obxecto formar monitores que poidan desenvolver o seu traballo en campamentos, ludotecas e actividades de dinamización sociocultural co fin de fomentar e axudar así ao emprego xuvenil. Conta con 25 prazas para maiores de 18 anos que realizan prácticas en todas as asociacións veciñais, incluso nalgún caso con compromiso de contratación. Ademais, este ano tamén incorporaron o Curso de Directores de Tempo Libre.

Dende a Xunta de Galicia tamén se colabora dende hai dous anos coa organización do curso de Directivos de Asociacións Veciñais para dar resposta a unha demanda reiterada do movemento veciñal en relacións coa formación en funcións directivas das asociacións e que, sen dúbida, revirte de xeito positivo no asociacionismo e no día a día dos veciños e veciñas.

A Favec engloba a 36 asociacións veciñais da cidade e, coma lle trasladou Bravo Bosch á súa presidenta, “sodes os máximos representantes dos veciños e veciñas en Vigo”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: