Comunicados CIG – Vigo

Volantina folga 24 de Outubro_doc_page2_image1 (2)

Folga ensino contra Lomce.

A CIG pon en marcha un Plan de Axuda Alimentaria Solidario para recoller alimentos e repartilos entre a afiliación con necesidades

As persoas interesadas poderán entregar tamén aportacións económicas que se destinarán a adquisición de produtos

 descarga

VIGO/22-10-2013

A CIG de Vigo, no marco dunha campaña nacional e como xa se fixo noutras comarcas do país, está a por en marcha un Plan de Axuda Alimentaria Solidario (PAAS). Esta iniciativa pretende axudar a paliar as situacións de necesidade que por mor do contexto de crise están a padecer algunhas compañeiras e compañeiros de entre a nosa afiliación. O PAAS distribuirá mensualmente lotes de alimentos provenientes fundamentalmente da achega voluntaria doutros e doutras compañeiras, en chave de solidariedade de clase.

A iniciativa foi presentada hoxe en rolda de prensa polos secretarios comarcal e de Organización da central nacionalista na cidade, Serafín Otero e Anxo Igrexas. Os responsábeis sindicais aproveitaron a comparecencia para explicar o funcionamento do Plan e lembraron que a súa posta en marcha responde á situación de “emerxencia social” que padece unha bisbarra con máis do 26% de desemprego e con milleiros de familias que “non teñen o mínimo para darlles de comer aos seus fillos/as”.

Diante disto, a central promoverá campañas de recollida de todo tipo de alimentos non perecedoiros (arroz, lentellas, garavanzos, fabas, pasta, azucre, aceite, leite, fariña e conservas) para logo proceder ao seu reparto entre a afiliación.

A entrega dos alimentos por parte das persoas interesadas en colaborar será no local da CIG en Vigo todos os martes de 17.00 a 20.30 horas, mentres que a almacenaxe e a distribución farase desde os locais de Forga na cidade. Por cuestión de operatividade, e cando menos nesta primeira fase, só se aceptarán alimentos non perecedoiros. Tamén se poderán entregar nas empresas con presenza da CIG onde se decida a recollida de alimentos, así como nas caixas colocadas para tal efecto nos locais de Vigo, A Guarda, O Porriño e Cangas.

Ao mesmo tempo, calquera persoa, afiliado/a ou non, poderá facer doazóns económicas para o Plan de Axuda Alimentaria. Estas doazóns recolleranse no local da CIG en Vigo e irán destinadas integramente para a compra e distribución de alimentos. En todos os locais do sindicato disporanse de caixas para a recollida deste tipo de doazóns. Os cartos recadados investiranse en alimentos e en ningún caso se repartirán axudas económicas.

Voluntariado e cotas extraordinarias

Todos aqueles compañeiros/as que queiran colaborar na organización desta iniciativa deberán apuntarse no local do sindicato, sinalando as horas e días nos que poden participar neste traballo organizativo. Estes períodos deberán ser o máis axustados posíbel para poder organizar as quendas con eficacia.

Resulta fundamental a colaboración da militancia, pois o persoal do sindicato non podería atender a estas funcións sen desatender a acción sindical.

Haberá dúas cotas extraordinarias de carácter voluntario de 10 euros para axudar economicamente ao PAAS. Todo o recadado con estas cotas irá integramente para mercar e a distribución de alimentos básicos.

A afiliación que desexe pagar estas cotas deberá comunicalo no seu local e o seu importe figurará a todos os efectos como unha cota máis de afiliación. Estas cotas extraordinarias e voluntarias terán unha periodicidade semestral.

Reparto das axudas e requisitos

O reparto farase segundo o regulamento do Plan de Axuda Alimentaria entre os/as compañeiros/as que, cumprindo as condicións previas, así o soliciten.

Para a súa entrega farase unha escrupulosa puntuación entre os solicitantes segundo os criterios contemplados no regulamento do Plan, puntuación que será sempre supervisada pola executiva comarcal da CIG-Vigo.

Para poder acceder a esta axuda deberanse cumprir os seguintes requisitos mínimos:

-Ser maior de 18 anos.

-Ser afiliado ou afiliada a CIG cunha antigüidade mínima de tres meses, ou que causou baixa ao acreditar circunstancias económicas adversas nos nove meses anteriores á solicitude.

-Que o cómputo total dos ingresos anuais da unidade familiar non superen o salario mínimo interprofesional vixente.

Os/as interesados/as deberán presentar unha solicitude no local da CIG en Vigo e procederase a unha puntuación entre os solicitantes de acordo cos criterios do regulamento que está a disposición da afiliación nos taboleiros de anuncios dos locais da CIG da comarca de Vigo. A executiva comarcal revisará e supervisará todas as puntuacións, así como os sistemas de reparto dos alimentos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: