Os afectados por preferentes e subordinadas solicitan o voso apoio o 26 de outubro en Compostela‏

 Adicae informa:

Os afectados por preferentes e subordinadas de Galicia e de todo o estado esixen unha solución e denuncian as continuas manipulacións  as que son sometidas por parte do banco e da Xunta de Galicia.

O pasado 13 de setembro o vocal para Galicia do “Consejo General do Poder Judicial“, Manuel Almenar, tras unha reunión con representantes de Novagalicia Banco, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lanzaban as campás o aire, co visto bo dos representantes do banco, anunciando que se poría en marcha un sistema para chegar a acordos en favor dunha solución a fraude das preferentes e subordinadas que non esixise o pago de tasas nin a representación de avogado e procurador. Referíanse as conciliación de toda a vida.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/afectados-preferentes-aun-no-presentaron-demanda-podran-acudir-conciliacion-judicial/idEdicion-2013-09-13/idNoticia-826447/

Isto sucedía un día despois de que o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, declarase que «O 100 % dos enganados recuperarán o 100 % dos seus aforros» e de que explicase o motivo de que Novagalicia cambiase de opinión e decidise negociar en sede xudicial «Foi despois de unha serie de consideracións que lle plantexei ao ministro, […] e el dera unha serie de instruccións».

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/12/feijoo-anuncia-ncg-acepta-reabrir-arbitraje/0003_2013091378983295355059.htm

Pois case un mes despois de incerteza por parte dos afectados e de silencio por parte dos implicados sae o banco dicindo que eles nunca dixeron nada e “onde dixen digo digo diego“. O banco rexeita o sistema de conciliación e afirma que todos os afectados que pretendan recuperar os seus cartos deberán demandar con todos os custos que iso ocasiona.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/10/09/ncg-buscara-acuerdo-judicial-preferentistas/892576.html

¿Os afectados recibiron algunha explicación por parte da Xunta? A resposta e moi sinxela. Non recibiron ningunha explicación.

A estratexia do banco está clara, o que intentan é desincentivar que os afectados os demanden creando falsas ilusións e dilatando todo o proceso. Pero o que non acabamos de entender é o papel da Xunta en todo isto. ¿Porqué o goberno galego quere levarse os méritos do que pensa que vai saír ben e cando sae mal bota balóns fora contra o banco e Europa?

Adicae Galicia e as plataformas de afectados de Compostela, Baixo Miño, Condado Louriñán Paradanta, A Estrada, Carballo, Salnés, Morrazo, Terra Chá, Lugo e Apres Ferrol queremos invitarvos a botar unha man os compañeiros afectados por preferentes e subordinadas asistindo a unha manifestación o 26 de outubro en Santiago de Compostela.

Con esta manifestación queremos mostrar o nosa repulsa as mentiras e as manipulacións das que son obxecto os afectados de preferentes e subordinadas de Novagalicia.

E tamén apoiar os afectados doutras entidades con presenza en Galicia porque sabemos que son menos pero que están aí e queremos darlles forza para unirse as nosas reivindicacións.

Esta manifestación enmarcase dentro dunha reivindicación coordinada a nivel estatal a través de Adicae e que contará con protestas en Barcelona, Valencia, Madrid, Cáceres, Valladolid, Gijón e Santander.

Se queredes mostrar o voso apoio o colectivo de afectados por preferentes e subordinadas de Galicia contamos con vos na manifestación de Santiago de Compostela que sairá o sábado 26 de outubro de Praza de Galicia ás 11:30 horas e rematará en Monte Pío.

As plataformas de afectados tamén queren facer saber a opinión pública que recorrerán as sancións que recibiron 15 dos seus membros que ascenden a 13700 euros por consideralas inxustas e desproporcionadas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: