El ministro Soria señala que la competitividad en Europa pasará por unificar el mercado y reducir cargas y burocracia
El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, apuesta ante su homólogo francés y el comisario Tajani por afrontar, sin ningún tipo de dogma, debates que lleven a que Europa no se quede atrás frente a sus competidores.
- Propone disminuir la burocracia y las cargas para las empresas, lo que permitirá reducir los costes energéticos. Sugiere debatir sobre el futuro de la energía nuclear y aumentar el nivel de interconexión entre los países europeos.
23.10.13. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, ha defendido hoy la necesidad de que Europa avance en políticas y debates que logren mejorar la competitividad de la industria, especialmente en el ámbito energético, para atraer la inversión industrial y no perder competencia frente al resto de actores internacionales.
Durante su intervención en la mesa redonda “Palancas para la política industrial europea”, dentro de la I Conferencia de Amigos de la Industria, organizada hoy en París por el ministro francés de Renovación Industrial, Arnaud Montebourg; el ministro abogó por facilitar la actividad industrial y empresarial en Europa reduciendo la burocracia tanto a nivel europeo como nacional. También ha defendido la importancia de evitar imponer cargas a las empresas.
En materia de medioambiente, el ministro propone que seamos un referente, al mismo tiempo que modulamos nuestro calendario de consecución de objetivos con el calendario de los competidores para que las empresas europeas no incurran en costes adicionales en los que no incurre la competencia.
Ha incidido en lo fundamental que es un mercado único digital y un mercado único de la energía, integrado y con interconexiones.
Para ello, los debates deben afrontar cual es el futuro de la energía nuclear, del shale gas y los cambios de la geopolítica mundial. El objetivo debe ser una industria que vaya donde haya una energía más competitiva.
En cuanto a la política de financiación bancaria europea, ha defendido que es imprescindible la homogeneidad en el coste de la financiación y que debemos ser capaces de articular una política de ayudas de Estado en línea con nuestros competidores.
En materia laboral ha señalado que son necesarios modelos laborales en toda Europa que permitan una mejor evolución de los costes laborales unitarios.
PP de Vigo
El Grupo Popular plantea que el servicio de “Sereos” se ubique en los locales que posee el Concello en la subida a San Francisco
- La concejala del PP, Teresa Cendón, afirma que “es un lugar que está en el Casco Vello, donde se ubica la mayoría de los usuarios, y cuenta con el aval de los técnicos municipales, que ya lo propusieron hace dos meses”.
- “Se trata de locales que tienen como fin la cobertura de necesidades sociales y que cumplen perfectamente los requisitos para una ubicación ‘a cubierto’ del servicio. Además, los colectivos que atienden a los usuarios están también de acuerdo”, argumenta la edil del Partido Popular.
- “El gobierno municipal ha incumplido, una vez más, el plazo de un mes para encontrar una alternativa, que se había acordado por unanimidad en el pleno de primeros de agosto”, denuncia Cendón.
- “El servicio de ‘Sereos’ fue creado por el ayuntamiento hace más de una década y siempre ha estado cubierto por el presupuesto municipal”, evidencia la concejala del PP.
- MARISOL PIÑEIRO PIDE Á OPOSICIÓN QUE “DEIXEN DE XOGAR COA CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL DA XENTE E NON SIGAN UTILIZANDO POLITICAMENTE O MONTE PINDO PARA POÑERSE MEDALLAS”
- A deputada popular afirmou que o obxectivo principal para esta zona é a consolidación da Rede Natura e a aprobación do Plan Director
- Asegurou no Parlamento que o plan para a recuperación medioambiental do monte Pindo “xa está en marcha” coa participación de distintos organismos da Xunta
- Piñeiro subliñou que a gran maioría dos veciños “non están a favor da declaración do monte Pindo como parque natural, porque serían eles os únicos que cargarían cos inconvenientes”
Unha mostra recolle a esencia da Colección Fundación Novacaixagalicia e repasa a arte galega dos últimos 200 anos



MÁIS DE 500 PERSOAS PARTICIPARÁN NO CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE QUE SE CELEBRARÁ EN RIBEIRA
- O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia
- Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes
- En total, contarase con 38 poñentes, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís
Ribeira (A Coruña), 23 de outubro de 2013.- Máis de 500 persoas inscribíronse xa para participar no Congreso Internacional de Xuventude, que terá lugar este venres e sábado na localidade coruñesa de Ribeira. O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia. Leer más…
crónica do acto desta mañá da ODS-Coia, Parroquia Cristo da Victoria e GAS
Onte 23 de outubro ducias de persoas convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) quixeron celebrar publicamente o Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida
Con motivo deste Día contra a riqueza, concentrámonos ás 11:30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Todas as persoas que alí estabamos fumos envoltas cun rolo de papel por dúas persoaxes caracterizadas como o Alcade de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, quedando de manifesto que a súa resposta ás demandas xustas da cidadanía máis empobrecida non son máis que rollos, nunca solucións.
Posteriormente procedemos a ler un manifesto no que, por unha banda, presentamos a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; e por outra, esiximos unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.
Ao rematar dous compañeiros subiron a falar unha vez máis co Xefe do Servizo de Asuntos Sociais sobre o tema do procedemento, e mantiveron unha conversa na que quedou claro que finalmente o compromiso expresado polo Xefe de Servizo nunha xuntanza anterior non se ía levar a cabo e que nas UTS non recibirán, nin sequera en administración, solicitudes por escrito.
Menos rollos, máis solucións
O pasado xoves, 17 de outubro, celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), queremos celebrar publicamente esa data que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.
Nesta xornada que nós renomeamos como o Día contra a riqueza, queremos facer chegar á cidadanía dúas mensaxes: a primeira, a nivel local, denunciar a situación de falla de garantías coa que se atopan as persoas que se achegan aos servizos sociais do noso concello buscando solucións á ausencia de recursos para satisfacer as súas necesidades básicas; a segunda, a presentación pública dunha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Renda Básica Estatal, que entendemos como un instrumento eficaz de loita contra a pobreza e de xustiza social.
En relación ao primeiro punto, a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando, máis aló da evidente insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da veciñanza, a opacidade que existe na tramitación das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social do Concello de Vigo e, sobre todo, a inobservancia do procedemento legalmente esixible na tramitación destas axudas.
Tras dúas reunións cos responsables dos Servizos Sociais do Concello e unha carta pública ao Alcalde de Vigo, temos que denunciar que a situación non variou substancialmente. Aínda que semella que si conseguimos que comecen a dar por escrito a resolución denegatoria das solicitudes das Axudas de Emerxencia Social, o compromiso verbal de posibilitar a presentación por escrito das solicitudes en administración nas UTS quedou en nada e a xente está a ser remitida ao Rexistro do Concello de Vigo para exercer ese dereito.
Por isto reiteramos hoxe as nosas esixencias: que se respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social do Concello de Vigo e que, en consecuencia, se garanta aos solicitantes a posibilidade de presentar por escrito as solicitudes, mediante formulario normalizado, e conservando os interesados unha copia selada. Porque é un dereito básico da cidadanía na súa relación coas administracións, e porque ha de selo especialmente para as persoas que se ven na obriga de achegarse aos Servizos Sociais na procura dunha solución ao crecente empobrecemento do que son vítimas.
Menos rollos, máis solucións.
Este é o lema en torno ao que nos xuntamos hoxe nesta praza. E, coma sempre, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.
Tras meses de traballo colectivo e reflexións asemblearias no eido estatal, en Galiza unimos as nosas voces a moitas outras que, baixo o paraugas do “Movemento contra o Paro e a Precariedade. Por unha Renda Básica Xa!”, en todo o Estado Español chaman á mobilización de colectivos sociais e de persoas para gritar basta! fronte á realidade de emerxencia social e de degradación das condicións de vida que sufrimos unha maioría.
Cremos que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza. E nesta lóxica baséase a INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL na que estamos a traballar e da que queremos facer partícipe a toda a cidadanía.
Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.
A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.
A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.
Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.
Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA ,XA!
Vigo, 23 de outubro de 2013
ODS-Coia – Parroquia Cristo da Victoria – Grupo Axitación Social
Concello do Porriño
BIBLIOTECA DE PORRIÑO LIBERA OUTROS 50 EXEMPLARES PARA CONMEMORAR O DÍA DA BIBLIOTECA
Ao longo do día da biblioteca liberaranse no municipio outro medio centenar de obras, na súa maioría novelas e contos, dirixidas a todos os públicos (infantil, xuvenil e adulto).
O Porriño, 23 de outubro de 2013.- Novos libros «viaxan» por Porriño co motivo do Día da Biblioteca cunha nova campaña de animación á lectura: Libros á rúa. «Trátase de continuar co bookcrossing iniciado fai dous anos, unha actividade lúdica e formativa baseada na liberación de libros en espazos públicos para que todos podámolos ler e compartir», sinalou a concelleira de Cultura, Teresa Veloso.
PRESENTACIÓN TROFEO CONCELLO DE PORRIÑO
DE BAILE DEPORTIVO
NACIONAL E INTERNACIONAL
Asisten: Nelson Santos, alcalde del Concello de Porriño; M. Alejandro Lorenzo, concejal de Deportes y Miguel Abreu, director técnico del Club Pasos Baile de Galicia.
El Certamen “TROFEO CONCELLO DE PORRIÑO” de baile deportivo se celebra este fin de semana en el Pabellón de Deportes llevando a la localidad a destacadas parejas del baile deportivo tanto nacionales como internacionales. Es la edición número 15. En la presentación se darán detalles de este importante evento.
MUÑOZ FONTERIZ DESTACA QUE OS ORZAMENTOS DE 2014 SENTAN AS BASES PARA INICIAR UN CRECEMENTO SOLIDARIO, SOSTIBLE E ESTABLE
A conselleira de Facenda sostén que as contas de 2014 permitirán iniciar a recuperación económica e consolidala en exercicios vindeiros
Lembra que Galicia conta cunha mellor situación macroeconómica e financeira, que ten que servir “para apuntalar as novas políticas de crecemento e emprego partindo da blindaxe dos servizos sociais”
O custe financeiro que afronta Galicia é dos máis baixos dos soportados polas comunidades autónomas
En 2014, a Xunta reforzará o gasto social dedicando case o 80% do orzamento e incrementando as partidas máis sensibles e necesarias
No ámbito fiscal, mellorará a progresividade rebaixando o tramo máis baixo do IRPF e afondando na loita contra a fraude fiscal cun novo plan de inspección
Galicia terá o vindeiro ano os orzamentos menos restritivos dos últimos anos e servirán para potenciar o desenvolvemento dos sectores produtivos
EL PLAN EMPLEO DE MOS SE CONSOLIDA COMO LA MEJOR HERRAMIENTA AL SERVICIO DE EMPRESAS Y TRABAJADORES/AS EN SITUACIÓN DE DESEMPLEO.
AEMOS, un año más, pondrá en marcha el Plan Integrado de Empleo INSERE UP, con la cofinanciación de la Cª de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia), y la colaboración del Concello de Mos y COGAMI
La propia directora Xeral de Emprego e Formación de la Xunta de Galicia aseguró que tras la evaluación de los técnicos, el programa Insere 3.0 fue uno de los que mejor puntuación recibió de Galicia, “de ahí que volvamos a apostar dándole una continuidad con el objetivo de mejorar las oportunidades de inserción laboral y la empleabilidad de los vecinos de Mos”.
MARCO: este venres e sábado, Ensayo final para utopía, de Andrés Duque
Continúa o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO
Este venres e sábado, proxección do filme
Ensayo final para utopía, de Andrés Duque
Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, proxectarase a película Ensayo final para utopía, do cineasta hispano-venezolano Andrés Duque, que no pase do venres será presentada por José Manuel López, profesor do curso de cine que actualmente ten lugar no MARCO.
Andrés Duque
Ensayo final para utopía
Cor / 73 min. / 2012
Dobre pase: venres 25 e sábado 26 de outubro, ás 19.30
Patio 1 (planta baixa)
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas
|
Mentres acompaña o seu pai enfermo nun hospital de Venezuela, os pensamentos de Andrés Duque viaxan a Mozambique. Alí, algunhas imaxes de danza e da revolución —algunhas recuperadas e outras gravadas por el— evocan unha realidade alternativa onde o mundo espectral participa nunha fervenza de movementos excitantes.
Andrés Duque é un cineasta hispano-venezolano. O seu traballo máis coñecido é Iván Z, un retrato do autor de culto Iván Zulueta que lle valeu unha nominación aos premios Goya da Academia. En 2011 realiza a súa primeira longametraxe Color perro que huye, estreada no Festival International de Cine de Róterdan e obtivo o premio do público no Festival Internacional de Cine Punto de Vista. En 2012 é un dos autores convidados ao prestixioso seminario Flaherty que se celebra en Nova York. En 2013 recibe o Premi Ciutat de Barcelona polo seu filme Ensayo final para utopía. A súa filmografía inclúe: Paralelo 10 (2005, corto doc), Landscapes in a Truck (2006, corto doc), La constelación Bartleby (2007, corto), Life Between Worlds Not in Fixed Reality (2008, corto doc), All You Zombies (2008, corto doc), No es la imagen es el objeto (2009, corto), Color perro que huye(2011, doc) e Ensayo final para utopía (2012, doc).