MÁIS DE 500 PERSOAS PARTICIPARÁN NO CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE QUE SE CELEBRARÁ EN RIBEIRA

  • O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia
  • Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes
  • En total, contarase con 38 poñentes, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís

Ribeira (A Coruña), 23 de outubro de 2013.- Máis de 500 persoas inscribíronse xa para participar no Congreso Internacional de Xuventude, que terá lugar este venres e sábado na localidade coruñesa de Ribeira. O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia.

Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas.

En total, contarase con 38 poñentes, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís. Ademais acudirán medio cento de mozos e mozas de Turquía, Polonia, Italia, Romanía, Chipre, Austria, Reino Unido, Noruega, Polonia e República Checa que se atopan en Galicia participando en proxectos do programa ‘Xuventude en Acción’.

O programa está dividido en catro grandes zonas: no auditorio municipal, nunha carpa instalada na avenida do Malecón, no salón de actos da Casa do Mar e en diversos locais e rúas da vila. No auditorio é onde terán lugar as conferencias, mesas redondas e obradoiros, que constitúen o groso deste evento.

Ademais desta parte máis teórica, o congreso tamén contará  cunha serie de actividades de carácter máis práctico, como o Brain-Spa, onde se mostrarán a través de 20 diapositivas ilustrativas 7 exemplos de boas prácticas en materia de Xuventude, para ser con posterioridade debatidas polos participantes

Mentres, haberá tamén obradoiros de comunicación, coaching e redes sociais; ou relatorios de experiencias xuvenís na Casa do Mar co obxectivo de mostrar as iniciativas e proxectos de mocidade máis destacados postos en marcha polos mozos e mozas galegos, tanto a través de asociacións xuvenís como de grupos informais. No mesmo participarán 28 asociacións, entidades e institucións.

De xeito paralelo, na avenida do Malecón estará instalada unha gran carpa que acollerá a exposición do traballo que desenvolven máis de 40 entidades xuvenís de toda Galicia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: