A XUNTA DESTINA MÁIS DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS DE VIGO E A SÚA ÁREA PARA DINAMIZAR O COMERCIO DE PROXIMIDADE

  • descarga (1)  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou hoxe as tres ordes de axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria.
  • Un total de 30 entidades pertencentes á área territorial de Vigo, entre as que destacan asociacións, federacións de comerciantes e concellos, beneficiáronse destas subvencións para mellorar a competitividade do pequeno comercio.
  • As axudas son para a dinamización das prazas de abastos e CCAs, para que os concellos revitalicen e melloren os seus mercados ou zonas comerciais e para incentivar a demanda comercial a través das federacións de comerciantes.
  • Estas iniciativas enmárcanse dentro da aposta da Xunta de Galicia pola mellora competitiva do comercio de proximidade.

Vigo, 24 de outubro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá as tres liñas de axudas e subvencións que a Consellería de Economía e Industria ven de resolver e conceder a un total de 30 entidades de Vigo e a súa área co obxectivo de mellorar a competitividade do comercio de proximidade.

Coma explicou Bravo Bosch, no que vai de ano a Dirección Xeral de Comercio leva activado apoios a través destas tres ordes de convocatorias que ven de resolver e están dirixidas a:

 

– asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAs) e prazas de abastos de Galicia.

– concellos galegos para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos excelentes.

– asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a incentivación da demanda comercial.

 

Neste senso, os concellos de Vigo e a súa área recibiron unha cantidade superior aos 1,2 millóns de euros para beneficiar a 15 asociacións de comerciantes, 9 concellos ou agrupacións da área territorial e 6 asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións de comerciantes.

 

No caso de Vigo cidade, a través destas liñas de axudas, o municipio recibiu preto de 325.000 euros que se destinaron a 8 asociacións de comerciantes (173.000 euros) e 4 federacións con sede na primeira cidade de Galicia. Concretamente, foron para Zona Príncipe; Aetravi; Zona Centro; Calvario; as asociacións de comerciantes dos mercados de Teis, Travesas, Progreso e o Calvario así coma para a Federación de Comercio de Vigo (Fecovi) ou a Federación de mercados centrais da comarca de Vigo (Mercacevi), entre outros.

 

No que respecta á primeira liña de axudas, destinada ás asociacións de comerciantes para a dinamización das prazas de abastos e centros comerciais abertos (CCAs), a área territorial de Vigo percibiu case 358.000 euros repartidos entre 15 colectivos. A través deste programa poténcianse dúas figuras clave para o pequeno comercio galego, apoiando a posta en marcha de actuacións coas que poderán atraer nova clientela e mellorar os servizos que ofrecen. Así, as asociacións de comerciantes obteñen apoios para campañas de dinamización, sistemas de fidelización de clientes ou proxectos de sinalización comercial externa, ademais de axudas para o funcionamento das unidades xerenciais e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos.

 

Entidade Localidade Subvención 2013
Asoc. comerciantes empresarios Baiona Baiona 22.240
Asoc. empresarios Redondela Redondela 38.854,82
CangasCentro-Asoc. Comerciantes de Cangas Cangas 40.005
Asoc. Praza de Abastos de Cangas Cangas 9.758,39
Asoc. Praza de Abastos de Moaña Moaña 9.800
MoañaCentro-Agrupación Pequeno Comercio Moaña Moaña 32.655,32
Asoc. Comerciantes e industriais de Porriño (Acipor) O Porriño 31.782,08
Aetravi Vigo 40.005
Asoc. Comerciantes e profesionais Zona Príncipe Vigo 33.000
Asoc. De comerciantes Zona Centro Vigo CCA Vigo 33.000
Asoc. Comerciantes e empresarios do Calvario Vigo 31.080,18
Asoc. Comerciantes Mercado do Calvario Vigo 9.800
Asoc. Empres. Autónomos Mercado do Progreso Vigo 9.800
Asoc. Comerciantes Mercado de Teis Vigo 6.064,69
Asoc. Empresarios Mercado As Travesas Vigo 9.800
TOTAL ÁREA DE VIGO 357.645,48

 

No caso da segunda liña de axudas, dirixida aos concellos para a mellora competitiva do comercio de proximidade, a área da delegación territorial de Vigo percibiu case 650.000 euros para un total de 9 concellos ou agrupacións entre os que se atopan Soutomaior, Porriño, Baiona, Redondela, Salceda de Caselas, Cangas, Gondomar, Moaña ou a agrupación Pazos de Borbén-Mondariz. A través deste programa, que tamén incrementou a súa aportación nun 10% con respecto á anterior convocatoria, se impulsa a renovación, adecuación, modernización e mellora das rúas e zonas comerciais e se potencian os mercados e prazas de abastos, co obxectivo de promover a súa excelencia e posicionalos como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro.

 

Concello Subvención 2013
Agrupación Mondariz e Pazos de Borbén 30.000
Moaña 30.507,16
Gondomar 34.163,75
Cangas 75.437,61
Salceda de Caselas 113.435,52
Redondela 119.907,07
Baiona 120.000
O Porriño 77.623,98
Soutomaior 43.091,03
TOTAL 644.616,12

Por último, coa terceira liña de axudas, dirixidas ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións para a incentivación da demanda comercial, a área territorial de Vigo recibiu preto de 200.000 euros para 6 asociacións ou federacións de comerciantes. Estas axudas están orientadas ao comercio tradicional, sometido a un profundo proceso de cambio que esixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, para devolverlle a importancia histórica que tradicionalmente veu desempeñando no desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades. Porén, pretende incentivar a demanda comercial e mellorar a loxística do comercio, así como acadar unha imaxe máis competitiva e dinámica do comercio galego detallista.

 

Entidade Localidade Subvención 2013
Federación de comerciantes e industriais do Morrazo (Fecimo) Cangas 42.000
Asociación empresarios e comerciantes do Val Miñor Nigrán 4.702,55
Federación de comercio de Vigo Vigo 13.375,82
Asociación de joyería, relojería y platería de la provincia de Pontevedra Vigo 6.161,33
Federación provincial de comercio de Pontevedra Vigo 112.000
Federación de mercados centrales de la comarca de Vigo (Mercacevi) Vigo 19.592,38
TOTAL ÁREA DE VIGO 197.832,08

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: