O TERCEIRO TRAMO DA VAC TUI-A GUARDA, PRIMEIRA VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS QUE A XUNTA PORÁ EN SERVIZO EN 2014

  • Destaca o crecemento constante dos quilómetros de vías de altas prestacións en Galicia, que pasou dos 125 km en 1989 aos 1.289 en 2013
  • Recorda que a xestión da Xunta na pasada lexislatura permitiu poñer en servizo 135 km deste tipo de viais

Santiago, 24 de outubro de 2013.- A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, manifestou que a Xunta de Galicia porá en servizo no primeiro semestre de 2014 os primeiros 10 quilómetros da Vía de Altas Prestacións Tui- A Guarda. Trátase do treito III, que une os enlaces de Goián e A Guarda, cuxo importe de adxudicación supera os 35 millóns de euros.

Ethel Vázquez, que interveu esta mañá en Comisión Parlamentaria, recordou que este tramo serve de alternativa á estrada Vigo- Tui (PO-552), que rexistrou en 2012 unha Intensidade Media Diaria (IMD) de 8.366 vehículos/día. Coa súa posta en servizo evitaranse 6,21 Km de travesías, o que suporá unha importante mellora da seguridade viaria na PO-552.

Trasladou que o treito III da VAC Tui A Guarda suma os primeiros quilómetros dunha vía de altas prestacións que se porán en servizo ao longo de 2014, e engadiranse aos case 1.300 (1.289) que existen na actualidade na Comunidade Autónoma.

Lembrou que nos últimos anos a rede de vías de altas prestacións en Galicia experimentou un constante crecemento na súa lonxitude pasando dos 125 en 1989 aos 1.288 en 2013, o que se traduce nun incremento de máis do 1.000%.

 

 

1989

1999

2005

2010

2013

Xunta

0

103

223

374

432

Fomento

125

599

727

821

856

Total KM

125

702

950

1.195

1.288

 

Engadiu que a correcta xestión da Xunta de Galicia permitiu rematar de 135 km de vías de altas prestacións dende a lexislatura pasada, grazas a posta en servizo da variante de Vilagarcía de Arousa, a variante de Outes, a VAC Brión-Noia, os treitos 1e 2 da Vía Ártabra, o nó de Curro, a Variante de Marín, a Variante de Ortigueira ou o treito 1 de Sarria- Monforte.

 

Treito I: Tui- Tomiño

Na súa intervención, Ethel Vázquez tamén destacou que, paralelamente, se segue a traballar no treito I deste vial (Tui- Tomiño. Enlace PO-350-), de 4 quilómetros de lonxitude e un importe de 28,5 millóns de euros. Este treito conecta a A-55, xusto antes da Ponte Internacional con Portugal en Tui, e coa estrada autonómica PO-350, en Areas, nun punto intermedio desta estrada (aproximadamente a 3,5 km de Tui e a 6 de Tomiño), pero sen chegar a conectar coa estrada PO-552, que é a estrada principal no eixe Tui- A Guarda.

 

Recordou que a conexión coa estrada PO-552 está prevista no treito II, polo que a funcionalidade do o tramo I está vinculada á posta en servizo do segundo dos treitos, enlace PO-530- enlace Goián. A directora manifestou que o grado de execución das obras é de case un 35%..

 

Responsabilidade na xestión do fondos públicos

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas sinalou que non se dará un paso atrás na estratexia que segue o departamento que dirixe, polo que seguirá apostando pola optimización dos recursos públicos e garantir e blindar a conservación e mantemento das estradas. A situación actual de crise económica obriga ás administracións a adoptar medidas, co obxecto de garantir os servizos básicos aos cidadáns.

 

Nese senso, o criterio a seguir será o de priorizar aquelas infraestruturas que ofrezan unha maior rendabilidade económica e social, e adecuar os prazos das obras en execución á conxuntura económica.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: