Archive | octubre 28, 2013

EVO Banco aumenta un 30% o seu número de clientes nos primeiros nove meses do ano

A entidade crece en 58.824 novos clientes entre xaneiro e setembro

  • ·      EVO Banco constitúese como entidade financeira en España
  • ·      NCG Banco prevé concluír o proceso de separación de EVO en decembro

28.10.2013 EVO Banco creceu un 30% en número de clientes no que vai de ano, tras incorporar ao proxecto 58.824 novos clientes entre xaneiro e setembro e sumar 256.200 clientes en ano e media de existencia.

EVO consolídase no mercado financeiro español pola súa capacidade de atraer clientes con produtos simples, transparentes e innovadores, a través dunha plataforma multicanle que combina a flexibilidade e dispoñibilidade das canles a distancia co servizo personalizado na súa rede de oficinas. EVO Banco dispón dunha estrutura integrada por 590 profesionais e 80 oficinas nas principais cidades de España, con horario ininterrompido de atención ao público de 8.30 horas a 20.00 horas.