Concello de Vigo

 


O Concello reordena o tráfico no entorno da Comisaría, que gaña 60 novos estacionamentos

Abel Caballero visitou hoxe o entorno da Comisaría Nacional de Policía en Vigo, onde o Concello reordenou a circulación e posibilitou pasar de 15 aparcamentos de coches aos 40 actuais, máis os 30 novos para motos e 6 para bicicletas. O alcalde cifrou en preto de 2.000 os espazos autorizados para estacionar as motos.

 


O alcalde anima a presenciar a final da Copa de España de Freestyle Slalom Vigo

O pavillón municipal de O Carme acollerá os próximos 1 e 2 de novembro o final da Copa de España de Freestyle Slalom, o circuíto oficial máis importante que se organiza no noso país. O evento incluirá o sábado un roteiro urbán en patíns con saída e chegada á Praza de América e a participación será gratuita.

 


O goberno local asina un convenio para promocionar e difundir a cultura mariñeira

O alcalde rubricou o acordo este martes coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, entidade que percibe do goberno de Vigo 16.000 euros para colaborar na difusión da cultural mariñeira. O Concello tamén empréstalles embarcacións tradicionais de propiedade municipal -traíña, galeón, gamela…- para as súas actividades promocionais.

 


“Herba Moura”, nos Cafés Literarios do CDRF de Vigo

A obra de Teresa Moure, Herba Moura” será o libro que se abordará no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo o mércores 30, ás 18 horas, a cargo da xuiza Paz Filgueira.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: