Emigrantes retornados/as mobilízanse en 16 concellos do país para denunciar os abusivos impostos e multas que se lles reclaman

Concentráronse diante das delegacións da Axencia Tributaria para reclamar a paralización dos expedientes e a devolución do pagado
Emigrantes retornados/as concentráronse diante das delegacións da Axencia Tributaria de 16 concellos de Galiza para denunciar as abusivas cantidades que se lles reclaman en concepto de impostos, xuros de demora e sancións polas pensións que perciben dos países nos que traballaron. Nas diferentes mobilizacións reclamaron a revogación dos expedientes xa iniciados e a devolución do pagado; a anulación dos expedientes sancionadores e a modificación da lei para garantir a igualdade de trato.
13-10-29 emigrantes retornados Compostela 001

Galería de imaxes

Con estas mobilizacións botan a andar unha campaña de visibilización para dar a coñecer o problema ao que se enfrontan e chamar a aquelas persoas que estean na mesma situación, mais tamén á sociedade en xeral, a  mobilizarse para denunciar que “o Goberno Español do PP está a meter a man en todas as caixas posíbeis, con nocturnidade e alevosía”.

Manuel Domínguez, emigrante retornado que falou en nome da Plataforma de Compostela, explica que logo de anos e algúns mesmo de décadas de vir percibindo pensións dos países nos que as e os emigrantes retornados estiveron a traballar, sen que esas rendas figurasen como ingresos a tributar, agora atópanse con que Facenda lles exixe o pagamento atrasado –desde o ano 2008- do imposto sobre a renda correspondente, incrementado con xuros de demora e máis con sancións.

Fronte a isto, a Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados, na que se integran todas as Plataformas das distintas localidades propón a regularización da situación do período 2008-2012 sen fixar para as persoas ás que se lles están reclamando cantidades adebedadas nin recargo, nin intereses de demora.

Demandan que se inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas para que se informe das súas obrigas futuras, anulando os requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008-2012.

Xunto a isto, reclaman a revisión dos convenios marco con outros países, para evitar que situacións deste tipo poidan volver a se producir e, ao tempo, exixen unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: