Archive | octubre 30, 2013

O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO SACA A CONCURSO A VENDA DE SOLO EMPRESARIAL DA SÚA PROPIEDADE CON REBAIXAS DE ATA O 25 POR CENTO DO PREZO

  • As rebaixas no solo do IGVS súmanse ás aprobadas polas empresas públicas Xestur para as parcelas propiedade destas sociedades
  • O IGVS reduce o prezo de preto de 374.000 metros cadrados de solo.
  • Conxuntamente o IGVS e as empresas públicas Xestur ofrecen máis de 2,8 millóns de metros cadrados de solo con redución de prezos. Leer Más…

O ciclo vertixeVIGO’13 achégase mañá ao vestíbulo da ETSE de Minas co seu proxecto Caixa Acústica

descarga  A axenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria inclúe para mañá, xoves, 31 ás 13.45h., unha actuación no vestíbulo da ETSE de Minas dentro do programa de colaboración entre a Universidade de Vigo e o ciclo

vertixeVIGO´13. Enmarcado no proxecto Caixa Acústica, compartirán este escenario improvisado o músico mexicano Víctor Ibarra coa súa obra Contrapunto urbano (saxofón, tenor e violonchelo) e o arxentino Santiago Díez Ferrer,

Un jardín primitivo (trío amplificado para saxofón barítono, violonchelo e percusión).

 

IMPORTANTE SENTENZA SOBRE SILICOSE DE PRIMEIRO GRAO

O xulgado do Social nº 1 de Vigo vén de ditar unha sentenza na que se declara “en situación de incapacidade permanente para a súa profesión habitual derivada de enfermidade profesional” e, en consecuencia, recoñéceselle o dereito a cobrar a correspondente pensión vitalicia a un traballador de canteiras ao que se lle diagnosticara silicose de primeiro grao. A demanda que motivou este recoñecemento foi presentada polos servizos xurídicos da CIG do Porriño.

O traballador, despois de 27 anos de actividade nunha canteira, fora despedido a raíz deste diagnóstico por no existir na empresa un posto de traballo exento de risco para a súa saúde.

Segundo os criterios do Instituto Nacional da Seguridade Social, a silicose de primeiro grao non dÁ dereito a ningún tipo de prestación, en base ao establecido nunha Orde Ministerial do ano 1969. Pero o traballador que a padece non pode prestar servizos en actividades expostas a po de sílice, polo que centos de traballadores/AS do sector da pedra vense abocados/as ao despido, sen unha cobertura económica alternativa, por non poder exercer a súa profesión.

Segundo a sentenza, esta normativa viña sendo aplicada habitualmente pola xurisprudencia, pero que empezou a ser precisada por diversas sentenzas a partir do ano 2009.

Hai anos que a CIG ven solicitando que aos traballadores/as afectados/as de silicose de primeiro grao e para os que non exista un posto de traballo alternativo se lles recoñeza a incapacidade permanente, en consecuencia cunha sentenza do Tribunal Supremo na que se indica que cando a enfermidade profesional padecida presenta carácter irreversible (caso da silicose) inhabilitando para o desempeño de calquera posto de traballo para a categoría profesional que ostenta o traballador, resulta evidente que procede o recoñecemento da incapacidade permanente total e o aboamento da pensión correspondente”.

A pesares da claridade da exposición do Supremo, a Administración, nesta caso o INSS, segue a aplicar criterios restritivos, impedindo aos afectados o acceso a unha prestación económica, de xeito claramente discriminatorio con respecto a outras doenzas profesionais.

Unha vez máis, os tribunais de xustiza demostran maior sensibilidade social que os gobernantes, a pesares de seren os poderes públicos os garantes da asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, segundo establece a Constitución.

Esta sentenza ten unha gran importancia xa que reforza o cambio de tendencia na xurisprudencia e serve de argumento para seguir presionando ante o Ministerio de Emprego e Seguridade Social coa finalidade de cambiar a obsoleta orde do ano 1.969 utilizada como pretexto polo INSS para seguir negando o recoñecemento da incapacidade permanente.

O pasado 8 de outubro, a Federación da Construción e Madeira da CIG presentaba esta reivindicación ao Secretario de Estado da Seguridade Social, quen se comprometeu a estudar unha posible variación da norma.

Xunto a esta reivindicación, a CIG segue a esixir do Goberno central e da Xunta, en función das competencias de cada un deles, novas e máis decididas medidas para combater as doenzas profesionais no sector da pedra, das que a silicose é a máis grave pero non a única.

 

 

A Fundación Novacaixagalicia comeza con todas as prazas cubertas as actividades escénicas dirixidas a escolare

Máis de 75 000 escolares están apuntados ás actividades escénicas e musicais que programou a Fundación Novacaixagalicia para o curso escolar 2013-2014 cunha xeira de propostas para nenos que se levará a cabo ao longo das distintas cidades galegas e que comezará a próxima semana. Todas as prazas ofertadas se esgotaron, houbo case 94 000 solicitudes, e a fundación ampliou as representacións para poder atender a demanda na medida en que foi posible polo calendario.

A Fundación Novacaixagalicia deseñou unha programación para a comunidade educativa de produción fundamentalmente galega, un 80 % das obras foron creadas e producidas en Galicia, e inclúe espectáculos e actividades de diferentes disciplinas: arte, música, teatro e cine dirixidos a diferentes idades e niveis educativos.

 

LAS GRANDES EMPRESAS GALLEGAS SUSPENDEN EN LA GESTIÓN DE SU COMUNICACIÓN CORPORATIVA Y DIGITAL

  La nota media que las empresas analizadas otorgan a la importancia de la comunicación se sitúa en torno a un 8 pero, actualmente, sólo el 52% cuenta con un responsable de comunicación en su organigrama.

§  Aunque el 41% de las principales empresas de Galicia tiene departamento de comunicación propio, el 58% afirma trabajar con algún consultor externo de modo habitual u ocasional. Los servicios más demandados son gabinete de prensa y relaciones con los medios de comunicación.

§  La presencia online de la mayoría de las grandes compañías gallegas es meramente testimonial y no responde a unos objetivos claros, ni a una estrategia comunicativa acorde con la filosofía empresarial. El 82% tiene página web, el 41% está en Facebook, el 34% en LinkedIn y el 32% tanto en Twitter como en YouTube.

Programación de Finde Semana – ISLAND CLUB – VIGO

descarga (1) ISLAND CLUB  plaza de la Estrella, nº 8 (detrás del Edificio de la Xunta), este fin de semana

Jueves 31 y Viernes 1 de Noviembre en ISLAND CLUB tendremos el TUNEL DE TERROR a partir de las 23:30 h.
adjuntamos JPG y enlace al video del año pasado:

Feira dos Santos de Cerdal – a Grande Feira / Romaria do Noroeste Peninsular- Portugal

descarga

         A freguesia valenciana de Cerdal recebe a Feira Anual dos Santos, em 1, 2 e 3 de novembro; a grande feira/romaria do calendário anual galaico-minhoto e a maior do Noroeste Peninsular.

Os visitantes, aos milhares, desfrutam de um amplo espaço e de uma vasta oferta de produtos proporcionada por mais de 400 expositores distribuídos pelos diversos setores. A feira decorre no Terreiro de São Bento da Lagoa, num espaço devidamente infra-estruturado para o efeito, junto à estrada nacional São Pedro da Torre/Paredes de Coura, a 5 minutos do acesso à A3 e das pontes internacionais.

Feira de Gado e Corridas de Cavalos

Os cavalos garranos, típicos da região, são um dos principais atrativos desta feira com as castiças e singulares licitações e mostra dos animais, por parte dos muitos criadores da região norte de Portugal e do sul da Galiza, a animarem as manhas do dia 1 de novembro. Para além do gado cavalar este setor  contará, ainda, com gado bovino e caprino.

As emblemáticas corridas de cavalos decorrerão no dia 1, a partir das 14h00, na Pista das Corridas.

As Tasquinhas e as Desgarradas

Nas tasquinhas da feira fazem-se, por tradição, as provas dos vinhos novos da região e, também, se apreciam os mais diversos petiscos, com destaque para os rojões, o caldo verde e as castanhas assadas. Nas noites de 31 de outubro, 1 e 2 de novembro decorrem os cantares ao desafio e as desgarradas a cargo dos tocadores de concertina da região nas muitas tasquinhas típicas montadas na feira.

A Feira dos Perícos dos Santos

Os espaços mais próximos à Capela de São Bento acolhem as lavradeiras da região que nesta época vendem, sobretudo, os perícos dos santos (peras pequenas típicas desta região), as castanhas cruas ou cozidas, as nozes, os dióspiros e muitos outros produtos do campo. A Câmara Municipal de Valença está a preparar a classificação deste fruto e a criação de uma jornada de projeção do mesmo.

Feira das Trocas

A 2 de novembro este certame ganha o nome de Feira das Trocas. Uma tradição antiga de trocar os produtos adquiridos na véspera que por alguma razão não serviam.

Feira Secular

A Feira dos Santos é uma feira / romaria secular e um verdadeiro ponto de encontro galaico-minhoto que cativa, ano após ano, milhares de visitantes. A feira já aparece documentada em 1758 e é um ponto de confluência de povos e onde, por excelência, se sente a alma galaico-minhota.

O antigo Presidente da Região de Turismo do Alto Minho, Dr. Francisco Sampaio, escreveu o seguinte a propósito desta feira: “É Feira à moda antiga e sendo a última grande Feira do ano no Alto Minho, arrasta no seu imaginário aquele ar de Festa e Arraial onde se diz missa, se cumprem ex-votos e promessas, e se acotovela o povo-léu das redondezas. De Viana e de Ponte, de Monção e de Melgaço, de Coura e dos Arcos, dos Ayuntamientos da Raia Galega, tudo se achega numa alegria difusa e constante entre barracas e esparabéus, do plástico e dos factos à medida, das marcas e cassetes piratas, quinquilharias e ferragens, chitas e fazendas, loiças de Barcelos, móveis de Paredes, ourives de Gondomar, garranos dos montados do Corno do Bico e piscas das lavradas de Ganfei.”.

 

Valença, 30 de outubro de 2013

Esta fin de semana, concerto e taller Vertixe Vigo no MARCO

Festival VERTIXE VIGO’13

Esta fin de semana no MARCO

Concerto ULOBIT + KANUKANANINA (Miguel Pipa)

Obradoiro CIRCUIT BENDING (Miguel Pipa)

image001

VERTIXE VIGO’13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde ten lugar unha parte dos concertos e obradoiros. Agrupada en diferentes bloques, a programación desenvólvese en varios puntos da cidade e abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, intervencións en espazos públicos, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de divulgación e actividades de dinamización para os máis novos.

+ info www.vertixevigo.net

+ info www.vertixesonora.net

 

VENRES 1 de novembro, ás 21.00

CONCERTO

Ulobit + kanukananina

Ulobit [Ariel Ninas, zanfona – Horacio González, vídeo – Xoan Xil, electrónica]

kanukanakina (Miguel Pipa) [xoguetes e aparellos electrónicos modificados]

Salón de actos

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

 

image002

 

No derradeiro concerto do ciclo de Novos Medios, comisariado polo Instituto Galego de Sonoloxía, teremos unha cita co trío multimedia galego Ulobit, que virá cunha proposta moi especial na que un instrumento tradicional como a zanfona, actúa e influencia a xeración de imaxes e música en tempo real. O segundo set da noite estará a cargo do portugués kanukanakina, mestre do curtocicuíto aplicado e buscador de músicas ocultas en xoguetes e outros aparellos electrónicos.

+ info www.ulobit.net

+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com

 

 

SÁBADO 2 de novembro, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

DOMINGO 3 de novembro, de 11.00 a 14.30

OBRADOIRO

Miguel Pipa. ‘Circuit Bending’

Inscrición: 20 €

Número máximo de participantes: 12

Destinatarios: músicos, artistas, científicos e público en xeral

Información e inscricións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com

 

 

 

A música e a arte son en ocasións o resultado de casualidades ou accidentes que acontecen durante o proceso creativo, brindando oportunidades para explorar novas formas e novas ideas. A busca de tales casualidades é a esencia do circuit bending (a exploración e modificación de sons en circuítos electrónicos existentes cun fin artístico). O curtocircuíto aplicado consiste en descubrir o mundo sonoro agochado en xoguetes electrónicos, sintetizadores, pedais de efectos, samplers, walkie-talkies, reprodutores de casete, teléfonos e demais aparatos, recoñecendo a súa potencialidade como instrumentos musicais cunha sonoridade única. Unha serie de “extensións” (compoñentes, botóns, células fotoeléctricas…) poden preparalos para unha interacción humana baixo unha óptica musical, abrindo novas posibilidades para crear e controlar sons. A experimentación é unha ferramenta fundamental neste proceso, no que con espírito lúdico, descubrimento e creación resultan inseparables. O obxectivo principal do obradoiro é que cada participante faga polo menos un instrumento a partir de aparatos electrónicos.

 

Miguel Pipa naceu en 1980 en Vila do Conde (Portugal). O seu primeiro contacto coa música foi a través da guitarra e a batería. Interesado dende idade temperá por descubrir novas sonoridades, axiña se achegou á exploración da música electrónica por software, e pouco despois, dende perspectivas que abranguesen aspectos de (de)construción como hacking, circuit bending, DIY ou glitch. Participou en obradoiros como Repensar Música Electrónica con Rafael Toral, Construción de Instrumentos con Rolf Gehlhaar, Software Bending con Ángel Faraldo e o seminario Connected Making con Peter Kirn. Como formador, conduciu obradoiros de circuit bending na Casa da Música (O Porto), LCD (Guimarães) e o Festival Circular (Vila do Conde). En 2000 nace kanukanakina, o seu proxecto performativo.

+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com

 

Por tercer año consecutivo, La Fábrica celebra el Mes de la fotografía con regalos, presentaciones de libros, exposiciones y conversaciones con fotógrafos

 

 

Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/cabeceras/la_fabrica.jpg

Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/notas_prensa/prensa050908.jpg

Por tercer año consecutivo, La Fábrica celebra el Mes de la fotografía con regalos, presentaciones de libros, exposiciones y conversaciones con fotógrafos

Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/olas/foto_1444.jpg

Noviembre se convierte en el Mes de la fotografía con una programación llena de actividades: encuentros con fotógrafos, presentaciones de libros y exposiciones en tiendas FNAC y Casa del Libro de todo el país

Descripción: http://www.fotolibreria.com/boletines/notas_prensa/prensa050908.jpg

MIERCOLES, 30 DE OCTUBRE DE 2013

Durante el mes de noviembre La Fábrica organiza el Mes de la fotografía, una fiesta de la imagen en la que participarán un centenar de librerías de toda España.

Durante el mes de la fotografía se ofrecerá promociones especiales para los compradores y las librerías implicadas acogerán firmas de libros y  conversaciones con fotógrafos.

Promociones
Los compradores de libros de fotografía en las tiendas participantes en el Mes de la fotografía recibirán totalmente gratis un ejemplar de uno de los libros de la colección BlowUp de La Fábrica: Cuatro Reinas de Barry Gifford o Buenas Noches, Man Ray de Pierre Bourgeade.

Presentaciones y firmas de libros
El Mes de la fotografía pone en marcha acciones paralelas en algunas de las librerías participantes que conectarán a los lectores con los profesionales y creadores del mundo de la fotografía:

A Coruña

6 de noviembre. Fnac A Coruña. 19h.
Presentación de la exposición y del volumen de la colección PHotoBolsillo dedicados al fotógrafo gallego Xurxo Lobato. Con la participación del propio fotógrafo y del escritor Antón Reixa.

Alicante
21 de noviembre. Fnac Alicante. 19h.
El fotógrafo Ricardo Cases presentará la exposición y el PHotoBolsillo que recogen su trabajo.

Barcelona
4 de noviembre. Fnac Triangle. 19h.
Presentación de la exposición Vidas recicladas y otras historias. Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos 2013. Con la participación de Arianna Rinaldo, directora de la revista OjodePez. 

Madrid
6 de noviembre. 
Casa del Libro. Gran Vía, 29. 19h.
Presentación del libro Meneses. La vida de un reportero, a cargo del periodista Gumersindo Lafuente y proyección del documental del mismo título.

20 de noviembre. La Fábrica, c/ Alameda 9. 20h.
Presentación del nuevo volumen de la colección de PHotoBolsillo dedicado a Luis de las Alas. El autor conversará con el fotógrafo Miguel Trillo. 

21 de noviembre. Casa del Libro. Gran Vía, 29. 19h.
Presentación del PHotoBolsillo de Rafael Trobat. El autor conversará con el crítico y comisario Alejandro Castellote

28 de noviembre
Fnac Castellana. 19h.  

Presentación de la exposición y el PHotoBolsillo que recoge el trabajo del fotógrafo sevillano Atín Aya. Su hija, María Aya, estará en el acto.

La Fábrica, c/ Alameda 920h.
El fotógrafo Pierre Gonnord presenta su nuevo libro “El sueño va sobre el tiempo”.

 

ROMÁN RODRÍGUEZ ASEGURA QUE O MODELO EDUCATIVO DO PP BUSCA O FOMENTO DA CALIDADE, A MELLORA DOS RESULTADOS, A EQUIDADE E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O portavoz de Educación do Grupo Popular afirmou que “a auténtica equidade e xustiza social non consiste en tratar a todos por igual, senón corrixir as desigualdades apoiando a quen máis o precisa”

Santiago, 29 de outubro de 2013.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, afirmou hoxe no Parlamento que o modelo educativo que vén implantando o Goberno do PP desde o ano

2009 “ten a súa máxima preocupación no fomento da calidade, a mellora dos resultados, a equidade e a igualdade de oportunidades”.

Román Rodríguez explicou que “a auténtica equidade e xustiza social non consiste en tratar a todos igual, simplemente porque non existe unha igualdade de base e o ensino debe dirixirse a corrixir esta desigualdade apoiando a quen máis o precisa, tanto no eido económico como no de capacidades”.

“O Partido Popular entende que a sociedade é moi diversa, con grupos sociais moi distintos e con situacións económicas dispares, na que a educación debe garantir a equidade real e a igualdade de oportunidade dos seus membros”, apuntou.

MEDIDAS DE CALIDADE E EQUIDADE

Román Rodriguez fixo un repaso por diversas medidas adoptadas polo Goberno do Partido Popular dirixidas ao fomento da calidade educativa, a equidade e a igualdade de oportunidades. En concreto, referiuse ao ámbito universitario a través das taxas máis baixas do Estado, o incremento de usuarios e prazas nos comedores escolares, ás axudas para libros de texto concentrando os esforzos nas familias máis humildes ou a aprobación do decreto de diversidade, que fixa itinerarios e modelos complementarios para alumnos que teñen maiores dificultades de aprendizaxe.

Así mesmo, o portavoz popular citou medidas dirixidas á equidade social como o fomento da aprendizaxe de idiomas a través do impulso dos centros bilingües ou trilingües, o incremento das bolsas para universitarios ou o aumento do horario lectivo das 17 ás 21 horas semanais.

Respecto á futura aplicación da Lei Orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE), Rodríguez que “vai permitir, aparte de fomentar a calidade e o esforzo, coñecer as debilidades e os problemas dos alumnos para formular solucións e itinerarios axeitados para cada caso en concreto, o que derivará nunha educación máis equitativa, con máis igualdade e mellor calidade”.