Esta fin de semana, concerto e taller Vertixe Vigo no MARCO

Festival VERTIXE VIGO’13

Esta fin de semana no MARCO

Concerto ULOBIT + KANUKANANINA (Miguel Pipa)

Obradoiro CIRCUIT BENDING (Miguel Pipa)

image001

VERTIXE VIGO’13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde ten lugar unha parte dos concertos e obradoiros. Agrupada en diferentes bloques, a programación desenvólvese en varios puntos da cidade e abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, intervencións en espazos públicos, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de divulgación e actividades de dinamización para os máis novos.

+ info www.vertixevigo.net

+ info www.vertixesonora.net

 

VENRES 1 de novembro, ás 21.00

CONCERTO

Ulobit + kanukananina

Ulobit [Ariel Ninas, zanfona – Horacio González, vídeo – Xoan Xil, electrónica]

kanukanakina (Miguel Pipa) [xoguetes e aparellos electrónicos modificados]

Salón de actos

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

 

image002

 

No derradeiro concerto do ciclo de Novos Medios, comisariado polo Instituto Galego de Sonoloxía, teremos unha cita co trío multimedia galego Ulobit, que virá cunha proposta moi especial na que un instrumento tradicional como a zanfona, actúa e influencia a xeración de imaxes e música en tempo real. O segundo set da noite estará a cargo do portugués kanukanakina, mestre do curtocicuíto aplicado e buscador de músicas ocultas en xoguetes e outros aparellos electrónicos.

+ info www.ulobit.net

+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com

 

 

SÁBADO 2 de novembro, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

DOMINGO 3 de novembro, de 11.00 a 14.30

OBRADOIRO

Miguel Pipa. ‘Circuit Bending’

Inscrición: 20 €

Número máximo de participantes: 12

Destinatarios: músicos, artistas, científicos e público en xeral

Información e inscricións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com

 

 

 

A música e a arte son en ocasións o resultado de casualidades ou accidentes que acontecen durante o proceso creativo, brindando oportunidades para explorar novas formas e novas ideas. A busca de tales casualidades é a esencia do circuit bending (a exploración e modificación de sons en circuítos electrónicos existentes cun fin artístico). O curtocircuíto aplicado consiste en descubrir o mundo sonoro agochado en xoguetes electrónicos, sintetizadores, pedais de efectos, samplers, walkie-talkies, reprodutores de casete, teléfonos e demais aparatos, recoñecendo a súa potencialidade como instrumentos musicais cunha sonoridade única. Unha serie de “extensións” (compoñentes, botóns, células fotoeléctricas…) poden preparalos para unha interacción humana baixo unha óptica musical, abrindo novas posibilidades para crear e controlar sons. A experimentación é unha ferramenta fundamental neste proceso, no que con espírito lúdico, descubrimento e creación resultan inseparables. O obxectivo principal do obradoiro é que cada participante faga polo menos un instrumento a partir de aparatos electrónicos.

 

Miguel Pipa naceu en 1980 en Vila do Conde (Portugal). O seu primeiro contacto coa música foi a través da guitarra e a batería. Interesado dende idade temperá por descubrir novas sonoridades, axiña se achegou á exploración da música electrónica por software, e pouco despois, dende perspectivas que abranguesen aspectos de (de)construción como hacking, circuit bending, DIY ou glitch. Participou en obradoiros como Repensar Música Electrónica con Rafael Toral, Construción de Instrumentos con Rolf Gehlhaar, Software Bending con Ángel Faraldo e o seminario Connected Making con Peter Kirn. Como formador, conduciu obradoiros de circuit bending na Casa da Música (O Porto), LCD (Guimarães) e o Festival Circular (Vila do Conde). En 2000 nace kanukanakina, o seu proxecto performativo.

+ info www.miguelpipafilipe.wordpress.com

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: