IMPORTANTE SENTENZA SOBRE SILICOSE DE PRIMEIRO GRAO

O xulgado do Social nº 1 de Vigo vén de ditar unha sentenza na que se declara “en situación de incapacidade permanente para a súa profesión habitual derivada de enfermidade profesional” e, en consecuencia, recoñéceselle o dereito a cobrar a correspondente pensión vitalicia a un traballador de canteiras ao que se lle diagnosticara silicose de primeiro grao. A demanda que motivou este recoñecemento foi presentada polos servizos xurídicos da CIG do Porriño.

O traballador, despois de 27 anos de actividade nunha canteira, fora despedido a raíz deste diagnóstico por no existir na empresa un posto de traballo exento de risco para a súa saúde.

Segundo os criterios do Instituto Nacional da Seguridade Social, a silicose de primeiro grao non dÁ dereito a ningún tipo de prestación, en base ao establecido nunha Orde Ministerial do ano 1969. Pero o traballador que a padece non pode prestar servizos en actividades expostas a po de sílice, polo que centos de traballadores/AS do sector da pedra vense abocados/as ao despido, sen unha cobertura económica alternativa, por non poder exercer a súa profesión.

Segundo a sentenza, esta normativa viña sendo aplicada habitualmente pola xurisprudencia, pero que empezou a ser precisada por diversas sentenzas a partir do ano 2009.

Hai anos que a CIG ven solicitando que aos traballadores/as afectados/as de silicose de primeiro grao e para os que non exista un posto de traballo alternativo se lles recoñeza a incapacidade permanente, en consecuencia cunha sentenza do Tribunal Supremo na que se indica que cando a enfermidade profesional padecida presenta carácter irreversible (caso da silicose) inhabilitando para o desempeño de calquera posto de traballo para a categoría profesional que ostenta o traballador, resulta evidente que procede o recoñecemento da incapacidade permanente total e o aboamento da pensión correspondente”.

A pesares da claridade da exposición do Supremo, a Administración, nesta caso o INSS, segue a aplicar criterios restritivos, impedindo aos afectados o acceso a unha prestación económica, de xeito claramente discriminatorio con respecto a outras doenzas profesionais.

Unha vez máis, os tribunais de xustiza demostran maior sensibilidade social que os gobernantes, a pesares de seren os poderes públicos os garantes da asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, segundo establece a Constitución.

Esta sentenza ten unha gran importancia xa que reforza o cambio de tendencia na xurisprudencia e serve de argumento para seguir presionando ante o Ministerio de Emprego e Seguridade Social coa finalidade de cambiar a obsoleta orde do ano 1.969 utilizada como pretexto polo INSS para seguir negando o recoñecemento da incapacidade permanente.

O pasado 8 de outubro, a Federación da Construción e Madeira da CIG presentaba esta reivindicación ao Secretario de Estado da Seguridade Social, quen se comprometeu a estudar unha posible variación da norma.

Xunto a esta reivindicación, a CIG segue a esixir do Goberno central e da Xunta, en función das competencias de cada un deles, novas e máis decididas medidas para combater as doenzas profesionais no sector da pedra, das que a silicose é a máis grave pero non a única.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: