O ciclo vertixeVIGO’13 achégase mañá ao vestíbulo da ETSE de Minas co seu proxecto Caixa Acústica
A axenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria inclúe para mañá, xoves, 31 ás 13.45h., unha actuación no vestíbulo da ETSE de Minas dentro do programa de colaboración entre a Universidade de Vigo e o ciclo
vertixeVIGO´13. Enmarcado no proxecto Caixa Acústica, compartirán este escenario improvisado o músico mexicano Víctor Ibarra coa súa obra Contrapunto urbano (saxofón, tenor e violonchelo) e o arxentino Santiago Díez Ferrer,
Un jardín primitivo (trío amplificado para saxofón barítono, violonchelo e percusión).