ROMÁN RODRÍGUEZ ASEGURA QUE O MODELO EDUCATIVO DO PP BUSCA O FOMENTO DA CALIDADE, A MELLORA DOS RESULTADOS, A EQUIDADE E A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O portavoz de Educación do Grupo Popular afirmou que “a auténtica equidade e xustiza social non consiste en tratar a todos por igual, senón corrixir as desigualdades apoiando a quen máis o precisa”

Santiago, 29 de outubro de 2013.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, afirmou hoxe no Parlamento que o modelo educativo que vén implantando o Goberno do PP desde o ano

2009 “ten a súa máxima preocupación no fomento da calidade, a mellora dos resultados, a equidade e a igualdade de oportunidades”.

Román Rodríguez explicou que “a auténtica equidade e xustiza social non consiste en tratar a todos igual, simplemente porque non existe unha igualdade de base e o ensino debe dirixirse a corrixir esta desigualdade apoiando a quen máis o precisa, tanto no eido económico como no de capacidades”.

“O Partido Popular entende que a sociedade é moi diversa, con grupos sociais moi distintos e con situacións económicas dispares, na que a educación debe garantir a equidade real e a igualdade de oportunidade dos seus membros”, apuntou.

MEDIDAS DE CALIDADE E EQUIDADE

Román Rodriguez fixo un repaso por diversas medidas adoptadas polo Goberno do Partido Popular dirixidas ao fomento da calidade educativa, a equidade e a igualdade de oportunidades. En concreto, referiuse ao ámbito universitario a través das taxas máis baixas do Estado, o incremento de usuarios e prazas nos comedores escolares, ás axudas para libros de texto concentrando os esforzos nas familias máis humildes ou a aprobación do decreto de diversidade, que fixa itinerarios e modelos complementarios para alumnos que teñen maiores dificultades de aprendizaxe.

Así mesmo, o portavoz popular citou medidas dirixidas á equidade social como o fomento da aprendizaxe de idiomas a través do impulso dos centros bilingües ou trilingües, o incremento das bolsas para universitarios ou o aumento do horario lectivo das 17 ás 21 horas semanais.

Respecto á futura aplicación da Lei Orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE), Rodríguez que “vai permitir, aparte de fomentar a calidade e o esforzo, coñecer as debilidades e os problemas dos alumnos para formular solucións e itinerarios axeitados para cada caso en concreto, o que derivará nunha educación máis equitativa, con máis igualdade e mellor calidade”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: