MARCO: este venres e sábado proxéctse ‘Papirosen’ de Gastón Solnicki

Continúa o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

Este venres e sábado, proxección do filme

Papirosen, de Gastón Solnicki

 

Esta fin de semana continúa no Patio 1 da planta baixa do MARCO ‘Material Memoria’, o programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES. Nesta ocasión, proxectarase a película Papirosen, do cineasta Gastón Solnicki.

 

Gastón Solnicki

Papirosen

Argentina / 2011 / 74 min / Color

Dobre pase: venres 8 e sábado 9 de novembro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas

 image001

 

“Moldeando preto de 200 horas de material gravado durante máis dunha década nun retrato de familia á vez épico e íntimo, o novo Solnicki eleva a home movie ao nivel dunha arte. Catro xeracións do seu clan son capturadas en vacacións e reunións familiares, así como en pequenos momentos cotiáns. Escavando nos arquivos familiares e incorporando as vivencias da súa avoa Pola, supervivente do holocausto, Solnicki elabora unha afectiva e profunda meditación sobre o significado da familia e o peso da historia”. (Denis Lim, Museum of the Moving Image, Londres).

Gastón Solnicki naceu en Bos Aires en 1978. Estudou no Centro Internacional de Fotografía e na Tisch School of the Arts da New York University, onde recibiu o seu BFA en Cine. Süden (2008), a súa primeira longametraxe, estreouse internacionalmente no Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI), onde recibiu unha Mención Especial do Xurado e foi galardoada como Mellor Película da Comisión de Prensa de Cine Arxentino. Foi galardoada tamén co Cóndor de Prata á innovación artística. Papirosen (2011), a súa segunda longametraxe, estreouse no concurso “cineastas do presente” do Festival de Cine de Locarno, e despois tivo unha exitosa carreira internacional en festivais como a Viennale, Róterdan, Vancouver, Jeonju e continúa exhibindose ao redor do mundo en institucións como o Centro Pompidou (París) e o Centro Cultural Skirball dos Ánxeles. Foi galardoada como Mellor Película na Competencia Arxentina no BAFICI 2012, e gañou o Premio Lia no Festival de Cine de Xerusalén 2012. Tamén recibiu unha mención especial no Edinburgh Int’l FF 2012. Actualmente traballa na súa longametraxe de ficción, El principio del Tritono.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: