Traballo Benestar da Xunta de Galicia

GALICIA REXISTROU EN OUTUBRO UN TOTAL DE 268.225 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, cualificou o dato de “negativo”
  • Con todo, é a subida máis moderada en termos relativos nun mes de outubro desde 1998
  • Por cuarto mes consecutivo, o incremento interanual do paro sitúase por debaixo do 1 por cento, sendo a mellor taxa desde 2007
  • O sector servizos acumula case o 80 por cento do aumento deste mes

Santiago, 5 de novembro de 2013.- Outubro rematou en Galicia con 268.225 persoas desempregadas, o que supón un incremento de 7.492 persoas en termos absolutos con respecto ao mes anterior, que se traduce nunha subida do 2,87 %  en termos relativos.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, cualificou estas cifras de “negativas” e lembrou que os meses de outubro son “tradicionalmente complicados” en Galicia, “mesmo en épocas de bonanza”.

Con todo, destacou que o incremento rexistrado neste mes de outubro é o máis moderado en termos relativos desde 1998, e se se computa en termos absolutos, o menor desde 2007.

Xa no que se refire á evolución interanual, a responsable autonómica fixo fincapé en que este é o cuarto mes consecutivo no que se sitúa por debaixo do 1 por cento. Así, a interanual rexistrada en Galicia foi do 0,15 por cento (+413 persoas). “Isto é, o aumento porcentual de outubro do ano pasado a este outubro foi practicamente de cero”, resaltou Díaz. Este é, ademais, a mellor interanual dun mes de outubro desde 2007.

A directora xeral salientou, ademais, que no que vai de ano o desemprego en Galicia acumula un descenso de 10.562 persoas. Polo que respecta ao Estado, o paro aumenta nun 1,84 por cento, o que se traduce en 87.028 persoas ata situarse nos 4.811.383 parados.

Se se analiza o desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que o sector servizos acumula practicamente o 80 por cento do aumento rexistrado este mes, con 6.022 parados máis. A continuación sitúase a agricultura e a pesca (+1.121); a industria (+601); e o colectivo sen emprego anterior (+37). Pola súa banda, o número de parados baixa na construción (-289)

Por provincias, o paro incrementouse en todas, rexistrando Pontevedra o maior número (+4.262), seguida por Coruña (+1.769), Lugo (+746) e, por último, Ourense (+715).

No mes de outubro rexistráronse en Galicia un total de 73.423 contratos, 4.322 contratos máis que no mes anterior; deste total, 5.563 foron indefinidos e 67.860 temporais.

A COMISIÓN PARA A INTEGRACIÓN DA IGUALDADE DO ISSGA REUNIUSE HOXE PARA AVALIAR A SINISTRALIDADE NOS SECTORES FEMINIZADO

  • Trátase dunha comisión permanente da que forman parte técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), da Consellería de Traballo e Benestar, así como dos tres sindicatos máis representativos e da CEG
  • Na xuntanza tamén estudaron o informe sobre o programa de protección das traballadoras embarazadas que se levou a cabo entre 2011 e 2012

Santiago, 6 de novembro de 2013.- A Comisión para a integración da igualdade do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) reuniuse esta mañá en Santiago para tratar diversos aspectos relacionados coa perspectiva de xénero en materia de prevención de riscos laborais. En concreto, hoxe abordaron principalmente os riscos dos sectores feminizados e o balance do programa de protección das traballadoras embarazadas que se levou a cabo entre 2011 e 2012.

misión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa igualdade de xénero na saúde e seguridade no traballo. Está formado por técnicos do ISSGA, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, así como por persoal dos tres sindicatos máis representativos e da CEG.

Na reunión abordáronse, entre outros, o seguintes asuntos: as publicacións elaboradas recentemente polo Instituto sobre sectores feminizados e dous novos documentos, un sobre a análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas; e o outro sobre o programa de protección de traballadores embarazadas.

En canto á análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas, o estudo aborda os danos da saúde nesta profesións, agrupando as variables máis significativas, de xeito que sirva como instrumento para integrar a igualdade entre homes e mulleres na prevención de riscos laborais. Así, pódense ter en conta as diferenzas á hora de planificar as actividades preventivas para conseguir acadar un nivel de protección similar con independencia do xénero.

Sobre o programa de protección das traballadoras embarazadas, o informe reflicte as actuacións do persoal técnico do ISSGA sobre a situación das empresas no que respecta á obriga de ter en consideración o risco para a saúde da traballadora embarazada, que dera a luz recentemente ou en período de lactación. Nas súas conclusións, tratáronse cuestións como os ricos que se detectaron, as medidas planificadas levadas a cabo, así como a  formación e información para as traballadoras.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: