Yllana regresa á Universidade de Vigo transformada nun Action man

descarga Yllana regresa á Universidade de Vigo transformada nun Action man

A compañía de teatro leva máis de 20 anos dedicada á comedia

Vigo, 6 de novembro de 2013.- Yllana volve a subirse ao escenario do teatro da Cidade Universitaria de Vigo transformada nun Action man. A compañía de teatro madrileña homenaxea neste espectáculo á figura do súper axente a base de humor xestual, o xerme co que naceu Yllana hai máis de vinte anos.

 

O actor Raúl Cano (coñecido por series de televisión como La que se avecina, La tira ou La hora de José Mota) preséntase só neste espectáculo no que dá vida a diversos personaxes e situacións, empregando un gran dominio mímico e do seu corpo, cunha magnífica e precisa sonorización. O personaxe principal desta obra, un súper axente especial na súa última misión, vese inmerso nunha serie de situacións cómicas influenciadas polo mellor humor cinematográfico, televisivo e do cómic.

Esta non é a primeira vez que a compañía madrileña visita o escenario universitario. A Vicerreitoría de Extensión Universidade da Universidade de Vigo volve apostar na súa programación deste cuatrimestre por Yllana tendo en conta que se trata dunha das compañías de teatro cómico máis premiadas e máis recoñecidas polos seus espectáculos.

 

 

YLLANA

   Action man

 

Data:     7 de novembro

Hora:    18.30 h  //  Entrada libre

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: