Archive | noviembre 7, 2013

O GRUPO POPULAR SALIENTA A SENSIBILIDADE DA XUNTA COA PROBLEMÁTICA QUE CAUSAN OS XABARÍS NO RURAL GALEGO

  • O portavoz de Conservación da Natureza sinala que está prevista a posta en marcha de novas medidas que permitan a convivencia desta especie co entorno, respectando os intereses dos agricultores
  • Os deputados populares apoiaron a aprobación dunha proposición para que a Xunta prohiba o uso da coñecida como ‘herba da pampa’

Santiago, 6 de novembro de 2013.- O portavoz en materia de Conservación da Natureza do Grupo Popular, Santiago Freire, subliñou hoxe no Parlamento “a sensibilidade da Xunta coa problemática que están a causar as poboacións de xabaril no rural galego” e indicou que está prevista a posta en marcha de novas medidas que permitan a convivencia desta especie co entorno, respectando os intereses dos agricultores galegos.

Santiago Freire sinalou que “os danos nos cultivos e as interferencias no tráfico viario que provoca o xabaril en Galicia é motivo de continua preocupación para o Goberno galego”, pero clarexou que “este problema non se produce de xeito illado na Comunidade galega, senón que tamén acontece do mesmo xeito noutros puntos da xeografía española e europea”.

INCREMENTO DA PRESIÓN CINEXÉTICA

Na súa intervención, o deputado popular puxo de manifesto que “a presión cinexética que se exerce sobre as poboacións de xabaril incrementouse de maneira intensa nos últimos anos”. En concreto, dixo que nos últimos cinco anos duplicouse o número de capturas en toda Galicia, ao pasar de 7.452 exemplares na tempada 2007-2008 a 15.215 na última tempada.

“No caso concreto do xabaril, o tamaño poboacional, a ampla distribución territorial e a gran capacidade de mobilidade dificultan dun xeito importante a elaboración dunha estima en  Galicia”, manifestou o portavoz popular. Neste sentido, apuntou que “a base dunha boa xestión debe ser a información, polo que desde a Xunta de Galicia tense previsto poñer en marcha medidas para a revisión das estimas poboacionais que irán acompañadas de medidas complementarias nas que se recollerán todas as accións precisas para xestionar e manter estas poboacións nuns niveis economicamente soportables”.

Freire indicou que estas medidas “garantirán o equilibrio necesario para asegurar, con criterios de sostibilidade a protección da diversidade biolóxica”.

PROHIBICIÓN DA HERBA DA PAMPA

Por outra banda, o Grupo Popular apoiou a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que prohiba o uso da coñecida como herba da pampa, a pesar de que, como recordou Santiago Freire a normativa vixente xa prohibe o uso como planta ornamental desta especie vexetal.

“As actuacións de control e erradicación da herba da pampa  planificadas pola Xunta de Galicia continuarán a ser desenvolvidas  en función dos recursos dispoñibles, de xeito prioritario en áreas de interese desde a perspectiva de conservación de especies e  hábitats ameazados, fundamentalmente nos espazos costeiros da Rede Galega de Espazos Protexidos”, engadiu.

 

Unión Europea reconoce derechos de Perú sobre el pisco tras larga pugna con Chile 6 de Noviembre de 2013

banner1  Según la cancillería del vecino país, la decisión del bloque europeo se basó en informes de «especialistas internacionales y expertos en derecho de propiedad intelectual»

LIMA.- La Unión Europea reconoció los derechos de Perú sobre la denominación de origen del pisco, la emblemática bebida espirituosa que también se produce en Chile, y aseguró para el país vecino la protección y comercialización en el mercado europeo, según informó hoy el Ministerio peruano de Relaciones Exteriores.

La decisión de la UE marca una victoria peruana en su enfrentamiento con Chile, en donde también se produce pisco.

Según comentó la Cancillería peruana, «con este importante reconocimiento, el pisco gozará de inmediata protección al interior del mercado de la Unión Europea, salvaguardándose así los sólidos derechos que asisten al Perú sobre su denominación de origen a nivel internacional».

La decisión del bloque europeo se basó en informes de «especialistas internacionales y expertos en derecho de propiedad intelectual de la Unión Europea».

La decisión de la UE se añade a otra adoptada en octubre pasado por la Corte Suprema de El Salvador que puso fin a una larga batalla jurídica en ese país centroamericano entre peruanos y chilenos por los derechos comerciales internacionales del pisco.

El tribunal salvadoreño confirmó a Perú los derechos sobre el pisco y revocó una decisión que inicialmente concedió el registro de la denominación a favor de Chile, declarando su nulidad.

Perú, que declaró en 2007 al pisco como patrimonio cultural, señala que le corresponde la denominación de origen por existir en su territorio un puerto con el mismo nombre, 300 km al sur de Lima, que es cuna de la bebida desde la colonia española instalada en el siglo XVI.

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO ACOLLE ATA O 29 DE NOVEMBRO A EXPOSICIÓN DO PINTOR VIGUÉS JOSE LUIS SANS BOGA

  • Baixo o título “A beira do camiño”, a mostra está composta por un total de 14 cadros, na súa maioría feitos en óleo pero tamén en acrílico.
  • José Luis Sans Boga, natural de Vigo, conta cunha importante traxectoria pictórica expoñendo as súas creacións en Galicia e Portugal.
  • O edificio administrativo da Xunta en Vigo ábrese á participación de artistas e colectivos culturais ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

Vigo, 07 de novembro de 2013.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle dende esta semana e ata o vindeiro 29 de novembro, a exposición do pintor José Luis Sans Boga. Baixo o título “A beira do camiño”, a mostra é unha recompilación dos seus últimos traballos pictóricos, un total de 14 cadros que amosan unha temática variada e están realizados na súa maior parte en óleo aínda que tamén conta con dúas obras de pequeno formato en acrílico.

A exposición está situada na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego e poderá visitarse dende o luns 4 de novembro e ata o 29 de novembro no horario de apertura do Rexistro, de luns a venres de 9,00 a 19,00 horas e os sábados, de 9,00 a 14,00 horas.

Esta mostra súmase ás múltiples exposicións de artistas e colectivos culturais que xa se realizaron na planta baixa do edificio –unha das últimas foi a do artista plástico Justo Ilhuicamina e a pintora Tere Fidalgo- así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou á organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras, sempre co obxectivo de abrir a Delegación da Xunta á participación cidadá. O edificio administrativo da Xunta en Vigo ábrese así á participación de artistas e colectivos culturais ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

O pintor José Luis Sans Boga

Natural de Vigo, José Luis Sans Boga é graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Amosa unha importante traxectoria pictórica dende o ano 1987, cando comezou a amosar as súas creacións nas salas de exposicións da cidade viguesa. Tamén levou as súas mostras a concellos do resto de Galicia e incluso Portugal.

A súa colección, “A beira do camiño”, e coma explica o propio autor, está dedicada “a un gran admirador cuxo alento sempre próximo sempre deixa unha importante pegada na miña obra”.