O GRUPO POPULAR APOIA A APROBACIÓN NO PARLAMENTO DA SOLICITUDE AO GOBERNO CENTRAL DUN PLAN INDUSTRIAL QUE GARANTA CARGA DE TRABALLO PARA O NAVAL DE FERROL
- Lamentou que AGE non aceptara unha emenda do PP que esixía á dirección de Navantia a concreción inmediata de novos contratos que garantan a ocupación dos estaleiros de Ferrol, ao tempo que se lle esixe a intensificación da actividade comercial
- Ademais, a emenda popular demandaba ao Goberno central que intensificara as xestións ante a Unión Europea para conseguir a autorización para a construción do dique flotante
Santiago, 8 de novembro de 2013.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno central para que este elabore e poña en marcha o plan industrial que pule polo desenvolvemento da empresa pública Navantia. O deputado do Grupo Popular Miguel Tellado xustificou que “sexamos moi críticos” coa xestión dos directivos de Navantia e avanzou que “non imos aceptar ningún plan de axuste para os estaleiros que supoña perda de emprego”, manifestou.
Miguel Tellado lamentou que a representante de AGE na Comisión 6ª do Parlamento rexeitara a emenda do Grupo Popular a través da que se esixía á dirección de Navantia a concreción inmediata de novos contratos que garantan a ocupación dos estaleiros da ría de Ferrol, ao tempo que se lle esixe a intensificación da actividade comercial.
LEXITIMIDADE NA DENUNCIA Leer más…
AXENDA // CHEGA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO
MONUMENTA
CHEGA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO
UN MES DE CONCERTOS E ACTIVIDADES EN ESPAZOS RECENTEMENTE RESTAURADOS
MONUMENTA COMEZA NESTA FIN DE SEMANA EN TUI E BETANZOS
MONUMENTA: difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico.
Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende divulgar algunhas intervencións executadas recentemente, para que sexan coñecidas e aproveitadas polo conxunto da cidadanía, a do propio lugar e a que teña interese por coñecer o patrimonio e a súa conservación lograda co esforzo de todos. E faino a través dunha proposta de dinamización artística destes espazos coa participación da cidadanía, para descubrir e promover colectivamente os nosos monumentos, as nosas tradicións e paisaxes como grandes referentes do patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Un mes intenso de actividades por toda Galicia
Do 9 de novembro ao 8 de decembro de 2013 desenvolveranse diferentes actividades que conectan a creatividade artística, a diversión compartida e a aprendizaxe vinculada á restauración e conservación do patrimonio.
A programación de Monumenta ao longo de diversos espazos do patrimonio galego une, en cada xornada lúdica programada, a música, os obradoiros didácticos infantís e para familias, visitas guiadas para todos os públicos e faladoiros nos que os técnicos especialistas darán a coñecer as diferentes intervencións de restauración e conservación realizadas nestes edificios.
Catedral de Tui (Pontevedra)
Sábado 9 de novembro
17:00 Obradoiros para familias Conservamos e restauramos: pintura, retablos e cubertas
18:00 Concerto acústico de Rosa Cedrón
A actividade lúdica e de aprendizaxe para coñecer como son os procesos de restauración dos bens patrimoniais complétase en Tui coa intervención artística de Rosa Cedrón, a voz que gravou innumerables cancións no corazón dos galegos, tanto en solitario como na anterior etapa con Luar na Lubre. A súa versatilidade, a frescura e a súa expresividade foron as mellores armas para converterse nunha das cantantes galegas de maior proxección. Compatibilizando a gravación do seu segundo álbum en solitario, desenvolve numerosas colaboracións con Mike Oldfield e participa en proxectos paralelos como o “Cantando a Galicia” ou o iniciado con Cristina Pato, “Soas”. Colaboradora habitual do programa “Luar” da TVG, desenvolve na súa última etapa un espazo onde repasa os grandes temas da nosa historia musical.
Santuario da Angustia, Betanzos (A Coruña)
Domingo 10 de novembro
12:00 Obradoiros infantís sobre arquitectura e restauración no Liceo de Betanzos
16:30 Paseo sonoro coa participación dos gaiteiros “Pepe Temprano e os seus Mariachis” e Alfredo Erias, historiador e narrador do paseo. (Saída desde a Estación Betanzos-Infesta ata o Santuario)
Para completar a xornada iniciada de mañá cun obradoiro dirixido á xente miúda sobre arquitectura e restauración, pola tarde Monumenta convida a un paseo sonoro local e singular. O gaiteiro Pepe Temprano é a segunda xeración dos Tempranos de Eirís (o primeiro cuarteto de gaitas que houbo nas Mariñas e historia viva da gaita en Galicia). Desenvolveu toda a súa vida laboral na Fábrica de Tabacos da Coruña desde onde as súas Cigarreiras ían en romaría ata a Igrexa das Angustias. A palabra fíaa nesta andaina Alfredo Erias, historiador, pintor, debuxante e gravador, e director do Museo das Mariñas, en Betanzos.
18:00 Concerto na igrexa: Pedro Lamas e Xosé Lois Romero
Para pechar a xornada, as portas da igrexa ábrense a dous dos músicos de referencia nas propostas máis actuais da música galega. Pedro Lamas é saxofonista, gaiteiro, arranxista e compositor. É un músico formado na tradición, con numerosos galardóns neste campo. É fundador de prestixiosos grupos como Lelia Doura ou Luvas Verdes, e colaborador doutros como Uxía Senlle, Guadi Galego, Susana Seivane, Nova Galega de Danza etc. Xosé Lois Romero foi formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais e, desde 1995, é membro do Grupo Tradicional da AGADIC, dependente da Xunta de Galicia, onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego. Forma parte, con Guadi Galego e Xabier Díaz, do grupo Acadacanto.
MONUMENTA CONTINÚA…
Pesdelán este sábado 9 en Narón: música e baile tradicional para todos os públicos

Chelo Rodríguez e Tino Canicoba mostran as súas «Reflexións» nunha exposición conxunta en Vigo
Os artistas Chelo Rodriguez e Tino Canicoba inaugurarán mañá xoves ás 20.00 h no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia a exposición «Reflexións» que permanecerá aberta na Sala I deste espacio ata o vindeiro 7 de decembro. A mostra, que está formada por 46 esculturas e óleos, poderá visitarse de luns a sábado en horario de 17.30 h a 20.30 h.
Concello do Porriño
EL CONCELLO De PORRIÑO apuesta por la formación de futuros emprendedores
Porremprego organiza un nuevo curso previo al cual se celebrará una charla informativa en la que se expondrán las medidas puestas en marcha por las administraciones públicas para el fomento del autoempleo, destacando las bonificaciones del Concello de 3.000 euros
Todas las personas interesadas en participar deben dirigirse a las oficinas de la Concejalía de Empleo y Formación, en el Multicentro de Torneiros, o llamar al teléfono 986 338 905
68 porriñeses crearon en lo que va de año su propio negocio mediante el asesoramiento del servicio Porremprego, que abarca las diferentes etapas de desarrollo del proyecto .
La iniciativa se aprobó hoy en pleno extraordinario sin ningún voto en contra y se prevé que entre en vigor el próximo año 2014
El alcalde Nelson Santos aseguró que “las tasas y los impuestos que empresarios y vecinos pagan en Porriño son en general mucho más bajos que en otros concellos, no sólo la basura, sino también el suministro del agua, el IBI o el impuesto de vehículos” .
Acto conmemorativo del 20 aniversario de la Asociación de Mayores ‘Quiñones de León’ de Vigo
La presidenta de la asociación viguesa de la tercera edad ‘Quiñones de León’, María del Carmen Romero Agra, tiene el placer de invitarle al acto convocado para mañana, sábado 9 de noviembre, con motivo del 20 aniversario del colectivo, en el transcurso del cual se entregarán 8 placas conmemorativas a otros tantos socios con mayor antigüedad.
La celebración tendrá lugar a partir de las 14:30 horas, en los locales de la asociación (Avenida de Balaídos, 50), con una comida de confraternidad amenizada por una banda de gaitas y con la presencia de autoridades locales y de la Xunta de Galicia.
A las 16:30 horas tendrá lugar la entrega de las placas conmemorativas a los asociados, en un entrañable acto que servirá para reconocer la participación activa de los mayores en las actividades de la asociación.
El colectivo ‘Quiñoes de León’ organiza durante el año excursiones, diferentes opciones lúdicas y cursos de formación para mayores. Más de mil personas de Vigo y de O Morrazo participan asiduamente de estas actividades que cuentan con la colaboración de las administraciones públicas.
Agradecemos de antemano la atención informativa que presten a este evento, que pretende reunir a varios centenares de mayores en el 20 aniversario de la asociación, una de las mas veteranas de la ciudad en la ocupación del tiempo libre para los mayores.
Con este motivo, les hacemos llegar esta CONVOCATORIA PARA GRÁFICOS:
LUGAR: Avenida de Balaídos, 50.
DÍA: Sábado, 9 de Noviembre
MOTIVO: 20 Aniversario de la asociación de mayores ‘Quiñones de León’
HORARIOS: 14:30. Inicio de la comida de confraternidad
16:30 Entrega de placas conmemorativas a socios veteranos.
ASISTEN: Autoridades locales y de la Xunta
AXENDA FESTIVAL SINSAL // SAM AMIDON E YOUTH LAGOON CHEGAN A SINSAL OUTONO
FESTIVAL SINSAL 11
FIN DE SEMANA DE MÚSICA SINSAL EN VIGO E SANTIAGO
SAM AMIDON E YOUTH LAGOON CHEGAN CON DISCOS NOVOS BAIXO O BRAZO
Vigo
Sam Amidon
Auditorio do Concello de Vigo
9 de novembro, 20.30h apertura portas
Anticipada: 10€+gastos de xestión/13€ billeteira, Servinova
Sam Amidon volve ao Festival Sinsal, esta vez sen ser parte do exquisito set de Bedroom Community, para presentar o seu traballo máis recente, Bright Sunny South, unha nova demostración da súa capacidade para moverse entre o folk profundo e a autoría, á altura xa de nomes como Will Oldham, Bill Callahan ou Sufjan Stevens. O camiño de Sam Amidon é unha espiral que circula entre a tradición da canción americana e a introspección, abrindo unha fenda aos poucos pola que ofrece cancións que, envoltas nunha cadencia e instrumentación clásica, deixan emerxer unha estraneza que é, finalmente, a modernidade. Sam Amidon sabe xogar a todas as caras que o folk ofrece á contemporaneidade.
Sala Capitol
10 de novembro, 20.00h apertura portas
Anticipada 15€+gastos de xestión. A Reixa Tenda, www.salacapitol.com, www.entradas.novagaliciabanco.es
Billeteira: 18€
Wondrous Bughouse é o título do segundo álbum de Youth Lagoon e o próximo 10 de novembro poderemos asistir á súa presentación en Santiago de Compostela. Aí sonarán as cancións do proxecto que comanda Trevor Powers, un dos enfants terribles con máis personalidade do indie pop actual. De dependente nunha tenda da cadea Urban Outfitters a candidato a nova esperanza branca en só dous anos, unha fantasía post-adolescente feita realidade a golpe dun son que rescata ecos de Cocteau Twins e os reboza de épica desbordante, que enche o aire de densidade e enigma ao Beach House e logo vaino expandindo. The Flaming Lips en versión peto. Bases de teclados e cancións de dormitorio zarpando do lo-fi quebradizo para crecer e acabar metendo a Pink Floyd no cuarto. Fresca música espectral. O arriba citado Wondrous Bughouse dobra esa aposta. É o que se esperaba del: Powers ofrecéndonos máis himnos xeracionais para a Xeración Smartphone.