AXENDA // CHEGA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO

MONUMENTA

CHEGA MONUMENTA, DIFUSIÓN DO PATRIMONIO RESTAURADO 

UN MES DE CONCERTOS E ACTIVIDADES EN ESPAZOS RECENTEMENTE RESTAURADOS 

MONUMENTA COMEZA NESTA FIN DE SEMANA EN TUI E BETANZOS

MONUMENTA: difusión do patrimonio restaurado é un programa de actividades culturais por igrexas, mosteiros e outros edificios históricos galegos nos que se estiveron realizando diferentes restauracións de interese arquitectónico e artístico. 

Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende divulgar algunhas intervencións executadas recentemente, para que sexan coñecidas e aproveitadas polo conxunto da cidadanía, a do propio lugar e a que teña interese por coñecer o patrimonio e a súa conservación lograda co esforzo de todos. E faino a través dunha proposta de dinamización artística destes espazos coa participación da cidadanía, para descubrir e promover colectivamente os nosos monumentos, as nosas tradicións e paisaxes como grandes referentes do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Imágenes integradas 5

Un mes intenso de actividades por toda Galicia

Do 9 de novembro ao 8 de decembro de 2013 desenvolveranse diferentes actividades que conectan a creatividade artística, a diversión compartida e a aprendizaxe vinculada á restauración e conservación do patrimonio.

A programación de Monumenta ao longo de diversos espazos do patrimonio galego une, en cada xornada lúdica programada, a música, os obradoiros didácticos infantís e para familias, visitas guiadas para todos os públicos e faladoiros nos que os técnicos especialistas darán a coñecer as diferentes intervencións de restauración e conservación realizadas nestes edificios.

Catedral de Tui (Pontevedra)

Sábado 9 de novembro

Imágenes integradas 4

17:00 Obradoiros para familias Conservamos e restauramos: pintura, retablos e cubertas

18:00 Concerto acústico de Rosa Cedrón

A actividade lúdica e de aprendizaxe para coñecer como son os procesos de restauración dos bens patrimoniais complétase en Tui coa intervención artística de Rosa Cedrón, a voz que gravou innumerables cancións no corazón dos galegos, tanto en solitario como na anterior etapa con Luar na Lubre. A súa versatilidade, a frescura e a súa expresividade foron as mellores armas para converterse nunha das cantantes galegas de maior proxección. Compatibilizando a gravación do seu segundo álbum en solitario, desenvolve numerosas colaboracións con Mike Oldfield e participa en proxectos paralelos como o “Cantando a Galicia” ou o iniciado con Cristina Pato, “Soas”. Colaboradora habitual do programa “Luar” da TVG, desenvolve na súa última etapa un espazo onde repasa os grandes temas da nosa historia musical.

 

Santuario da Angustia, Betanzos (A Coruña)

Domingo 10 de novembro

Imágenes integradas 1

12:00 Obradoiros infantís sobre arquitectura e restauración no Liceo de Betanzos

16:30 Paseo sonoro coa participación dos gaiteiros “Pepe Temprano e os seus Mariachis” e Alfredo Erias, historiador e narrador do paseo. (Saída desde a Estación Betanzos-Infesta ata o Santuario)

Para completar a xornada iniciada de mañá cun obradoiro dirixido á xente miúda sobre arquitectura e restauración, pola tarde Monumenta convida a un paseo sonoro local e singular. O gaiteiro Pepe Temprano é a segunda xeración dos Tempranos de Eirís (o primeiro cuarteto de gaitas que houbo nas Mariñas e historia viva da gaita en Galicia). Desenvolveu toda a súa vida laboral na Fábrica de Tabacos da Coruña desde onde as súas Cigarreiras ían en romaría ata a Igrexa das Angustias. A palabra fíaa nesta andaina Alfredo Erias, historiador, pintor, debuxante e gravador, e director do Museo das Mariñas, en Betanzos.

 

18:00 Concerto na igrexa: Pedro Lamas e Xosé Lois Romero

Para pechar a xornada, as portas da igrexa ábrense a dous dos músicos de referencia nas propostas máis actuais da música galega. Pedro Lamas é saxofonista, gaiteiro, arranxista e compositor. É un músico formado na tradición, con numerosos galardóns neste campo. É fundador de prestixiosos grupos como Lelia Doura ou Luvas Verdes, e colaborador doutros como Uxía Senlle, Guadi Galego, Susana Seivane, Nova Galega de Danza etc. Xosé Lois Romero foi formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais e, desde 1995, é membro do Grupo Tradicional da AGADIC, dependente da Xunta de Galicia, onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego. Forma parte, con Guadi Galego e Xabier Díaz, do grupo Acadacanto.

 

MONUMENTA CONTINÚA…

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: