AXENDA FESTIVAL SINSAL // SAM AMIDON E YOUTH LAGOON CHEGAN A SINSAL OUTONO

FESTIVAL SINSAL 11

 

FIN DE SEMANA DE MÚSICA SINSAL EN VIGO E SANTIAGO

 

SAM AMIDON E YOUTH LAGOON CHEGAN CON DISCOS NOVOS BAIXO O BRAZO

sam amidon

 

Vigo

 

Sam Amidon

 

Auditorio do Concello de Vigo

9 de novembro, 20.30h apertura portas

Anticipada: 10€+gastos de xestión/13€ billeteira, Servinova

Sam Amidon volve ao Festival Sinsal, esta vez sen ser parte do exquisito set de Bedroom Community, para presentar o seu traballo máis recente, Bright Sunny South, unha nova demostración da súa capacidade para moverse entre o folk profundo e a autoría, á altura xa de nomes como Will Oldham, Bill Callahan ou Sufjan Stevens. O camiño de Sam Amidon é unha espiral que circula entre a tradición da canción americana e a introspección, abrindo unha fenda aos poucos pola que ofrece cancións que, envoltas nunha cadencia e instrumentación clásica, deixan emerxer unha estraneza que é, finalmente, a modernidade. Sam Amidon sabe xogar a todas as caras que o folk ofrece á contemporaneidade.

Santiago de Compostela
 
Youth Lagoon+Absolutely Free

 

Sala Capitol

10 de novembro, 20.00h apertura portas

Anticipada 15€+gastos de xestión. A Reixa Tenda, www.salacapitol.comwww.entradas.novagaliciabanco.es

Billeteira: 18€

Wondrous Bughouse é o título do segundo álbum de Youth Lagoon e o próximo 10 de novembro poderemos asistir á súa presentación en Santiago de Compostela. Aí sonarán as cancións do proxecto que comanda Trevor Powers, un dos enfants terribles con máis personalidade do indie pop actual. De dependente nunha tenda da cadea Urban Outfitters a candidato a nova esperanza branca en só dous anos, unha fantasía post-adolescente feita realidade a golpe dun son que rescata ecos de Cocteau Twins e os reboza de épica desbordante, que enche o aire de densidade e enigma ao Beach House e logo vaino expandindo. The Flaming Lips en versión peto. Bases de teclados e cancións de dormitorio zarpando do lo-fi quebradizo para crecer e acabar metendo a Pink Floyd no cuarto. Fresca música espectral. O arriba citado Wondrous Bughouse dobra esa aposta. É o que se esperaba del: Powers ofrecéndonos máis himnos xeracionais para a Xeración Smartphone.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: