O GRUPO POPULAR APOIA A APROBACIÓN NO PARLAMENTO DA SOLICITUDE AO GOBERNO CENTRAL DUN PLAN INDUSTRIAL QUE GARANTA CARGA DE TRABALLO PARA O NAVAL DE FERROL

  • Lamentou que AGE non aceptara unha emenda do PP que esixía á dirección de Navantia a concreción inmediata de novos contratos que garantan a ocupación dos estaleiros de Ferrol, ao tempo que se lle esixe a intensificación da actividade comercial
  • Ademais, a emenda popular demandaba ao  Goberno central que intensificara as xestións ante a Unión Europea para conseguir a autorización para a construción do dique flotante

Santiago, 8 de novembro de 2013.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno central para que este elabore e poña en marcha o plan industrial que pule polo desenvolvemento da empresa pública Navantia. O deputado do Grupo Popular Miguel Tellado xustificou que “sexamos moi críticos” coa xestión dos directivos de Navantia e avanzou que “non imos aceptar ningún plan de axuste para os estaleiros que supoña perda de emprego”, manifestou.

Miguel Tellado lamentou que a representante de AGE na Comisión 6ª do Parlamento rexeitara a emenda do Grupo Popular a través da que se esixía á dirección de Navantia a concreción inmediata de novos contratos que garantan a ocupación dos estaleiros da ría de Ferrol, ao tempo que se lle esixe a intensificación da actividade comercial.

LEXITIMIDADE NA DENUNCIA

“O problema do sector naval non é novo, senón que se arrastra desde hai 30 anos, pero a isto súmase que Navantia leva sete anos sen conseguir carga de traballo para os estaleiros ferroláns: cinco anos con Goberno socialista e dous con Goberno do Partido Popular”, concretou o deputado popular, quen reiterou que “somos moi críticos coa dirección de Navantia en Ferrol, e podemos afirmalo desde a lexitimidade que nos da que o feito de que esta situación xa a denunciamos cando gobernaban os socialistas”.

A emenda do Grupo Popular rexeitada por AGE tamén incorporaba a demanda ao Goberno central para que intensifique as xestións ante a Unión Europea para conseguir a autorización para a construción do dique flotante. Neste punto, Miguel Tellado salientou que, “pese á negativa do anterior Goberno socialista á construción desta infraestrutura, entre todos temos conseguido que este proxecto siga vivo e agora está pendente da autorización da Comisión Europea para poder levalo adiante”.

Por último, o Grupo Popular tamén incluía instar á dirección de Navantia e á SEPI a darlle prioridade ás potencialidades de diversificación industrial das instalacións de Navantia Fene e o levantamento de calquera  tipo de limitación produtiva no Plan Estratéxico que se atopa en proceso de elaboración. “En concreto, pretendemos que con este plan se arranxen as limitacións que se estableceron nos estaleiros da ría de Ferrol”, indicou Tellado.

COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO

O deputado popular salientou o compromiso “desde o primeiro momento do Goberno do Partido Popular na Xunta co sector naval galego, aínda que explicou que “cando falamos deste tema hai que ter presente as competencias de cada administración e Navantia non depende do Goberno da Xunta”.

“A pesar desta situación, a Xunta tense implicado intensamente na busca de carga de traballo e froito dese compromiso foron os convenios asinados con PEMEX, que agardamos se cumpran no  menor prazo de tempo posible”, sinalou.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: