BENESTAR PROMOVE QUE PRETO DE 1.700 MAIORES PARTICIPEN EN ACTIVIDADES FORMATIVAS FOMENTANDO O ENVELLECEMENTO ACTIVO

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe en Santiago na inauguración do curso 2013-2014 das aulas da terceira idade que organiza a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal)
  •  A Consellería de Traballo e Benestar colabora con este colectivo con 60.000 euros para o financiamento das súas actividades, apostando, deste xeito, pola participación e a inclusión social das persoas maiores
  • Piñeiro lembrou que o Plan Galego das Persoas Maiores da Xunta ten beneficiado a 120.000 persoas ao ano
  • Destacou que o Goberno galego puxo en marcha desde 2009 máis de 2.800 novas prazas públicas para maiores

Santiago, 12 de novembro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar está a colaborar coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para promover actividades nas que poidan participar os maiores galegos co fin de promover o envellecemento activo. Deste xeito, o departamento autonómico destinou este ano 60.000 euros a este colectivo, que no curso 2012-2013 puxo en marcha diversas actuacións, nas que tomaron parte preto de 1.700 persoas maiores de 50 anos nas nove sedes coas que conta esta entidade en toda Galicia.

Así o destacou hoxe a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, na inauguración en Santiago do curso 2013-2014 das aulas da terceira idade. Piñeiro destacou que actuacións deste tipo promoven a participación e a inclusión social das persoas maiores, un dos eixos do Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, horizonte 2015. Das actividades que se fomentan a través deste documento téñense beneficiado 120.000 persoas ao ano. “O noso obxectivo é garantir a protección dos dereitos dos maiores, impulsar a súa participación na sociedade e sentar as bases dun envellecemento activo, san, saudable e feliz”, apuntou Piñeiro.

No marco deste plan, o Goberno galego puxo en marcha máis de 2.800 novas prazas públicas para persoas maiores, entre centros de día, residenciais e de alzhéimer; impulsou programas de formación para os maiores nas tres universidades galegas; promoveu o desenvolvemento de actividades nos 43 centros sociocomunitarios que hai en Galicia; levou a cabo programas de voluntariado senior e puxo en marcha proxectos pioneiros de teleasistencia avanzada como MiAvizor ou Sam-TV. No eido da teleasistencia, Piñeiro resaltou que a Xunta puxo en marcha 2.500 novos dispositivos ata acadar un total de 6.000 en toda Galicia.

Por último, a secretaria xeral de Política Social referiuse á Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia, horizonte 2020, unha ferramenta que marcará a folla de ruta das políticas de prevención e promoción da autonomía persoal en Galicia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: